Re: [Wesnoth] Novos nomes de unidades

2010-10-09 Conversa Adrián Chaves Fernández
Se ninguén se opón entón:
Drake Arbiter → Draconián mediador
battle clawns → poutas de batalla
war talon → garra de guerra
ram → turrada
war blade → folla e guerra
Drake Trasher → Draconián mallador

Dwarvish Scout → Anano explorador
Dwarvish Pathfinder → Anano rastreador
Dwarvish Explorer → Anano batedor
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


[Wesnoth] Novos nomes de unidades

2010-10-06 Conversa Adrián Chaves Fernández
AVISO: é un correo longo, abrir cando se teña tempo libre, ou correrase o 
risco de borralo nun acto de “autodefensa”.

Bueno, retomando o costume de Leandro, comezo a interrogarvos sobre algúns 
novos nomes de unidade de Wesnoth, para decidirmos entre todos cal será a 
tradución fixada de cada un deles. Cando os teñamos decididos procurarei 
ademais de aplicalos poñer o resultado no Glósima.

Draconiáns:


Drake Arbiter
  Os NOME tómanse moi en serio o seu deber de asegurar que se cumpra a orde. 
Para cumprir mellor cos seus deberes, renunciaron ás poutas de man 
tradicionais dos draconiáns e cambiaron as súas lanzas pola pica e maila folla 
da alabarda. Para eles, a perda de capacidade para manobrar vese recompensada 
polo brutal peso da cabeza de puro metal. A súa grosa armadura protéxeos das 
armas capaces de coarse entre as súas escamas.

  Algunhas opcións:
  → Draconián árbitro
  → Draconián mediador
  → Draconián regulador

battle claws
  Algunhas opcións:
  → poutas de batalla («poutas» está fixado para “claws”)
  → gadoupas de batalla
  → garras de batalla

war talon
  Algunhas opcións:
  → pouta de guerra
  → gadoupa de guerra
  → garra de guerra

ram
  Algunhas opcións:
  → turrar
  → turrada (subst.)
  → trucar 
  → trucada (subst.)

war blade
  Algunhas opcións:
  → espada de guerra
  → espada guerreira

Drake Thrasher
  En vez de utilizar a súa armadura como mera protección, os NOME aprenderon a 
aproveitar o seu peso xunto co do seu propio corpo para conseguir un maior 
impulso e así aumentando a forza dos golpes que asestan coas súas poutas. O 
corpo e a protección están sincronizados. Mesmo utilizan o seu groso helmo ─e 
o seu groso cranio─ como armas de combate. Os NOME non teñen problema para 
cumprir cos deberes da súa caste, sempre que estes estean ligados ao campo de 
batalla.

  Nota: avanza dende o “Draconián batallador” e cara o  “Draconián executor”.
  Nota 2: “trash” é neste contexto mallar, pegar, bater, etc.

  Non se me ocorren opcións que me gusten. Tirade da imaxinación.


Ananos:


Os tres seguintes son unha póla dos ananos completamente nova, e todos están 
en torno ao concepto de explorar. Con respecto a este termo xa existen outras 
unidades das que se pode aproveitar a terminoloxía. Por exemplo, a póla dos 
elfos “Elfo explorador” → “Elfo xinete” → “Elfo batedor”. Se substituímos 
“xinete” por “rastreador” ou “rastrexador”, xa temos tres posibilidades que 
combinar no anano. Agradecería que a orde no anano non contradixese á da póla 
dos elfos, e se o fai, propoño que os cambios na orde se apliquen aos elfos 
tamén (mesmo cambiar “xinete” pola forma utilizada cos ananos). Póñoos na orde 
en que avanzan (de menor a maior nivel):

Dwarvish Scout
  Os NOME son uns superviventes por natureza. Poden pasar meses percorréndose 
bosques e montañas en busca de depósitos de minerais sen máis axuda que a do 
equipamento que levan. Se ben o combate corpo a corpo non se lles dá tan ben 
coma a outros ananos, non teñen rival no que ao lanzamento de machados se 
refire, unha habilidade que perfeccionaron durante as súas xornadas de caza 
polo monte. A súa gran capacidade para manobrar, especialmente naqueles 
terreos cos que están familiarizados, fan deles como pouco uns inimigos a ter 
en conta.

  Algunhas opcións:
  → Anano explorador
  → Anano rastreador
  → Anano rastrexador
  → Anano batedor

Dwarvish Pathfinder
  

  Algunhas opcións:
  → Anano explorador
  → Anano rastreador
  → Anano rastrexador
  → Anano batedor

Dwarvish Explorer
  Algunhas opcións:
  → Anano explorador
  → Anano rastreador
  → Anano rastrexador
  → Anano batedor


Outras cousas:


E hai un termo que me gustaría comentar, relacionado tamén coas unidades do 
Wesnoth: “ceramic”. O Wordreference lévame a “cerámica”, e o meu Castelán-
Galego de papel lévame a «cerámica», pero a min non deixa de soarme a 
«porcelana», e «porcelana» sóame a material para os adornos. Credes que podo 
poñerlle “barro” para referirme a “ceramic” (no contexto dun dos materiais cos 
que se fan as armaduras dos draconiáns)?.


E bueno, de momento só isto. A maior parte das traducións están xa fixadas de 
antes, polo que aínda que de momento só revisei o 20% do ficheiro «wesnoth-
units» non creo que vaia haber moitos correos máis sobre outras unidades (un, 
dous como moito).

Un saúdo, e grazas a todos de antemán.
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: [Wesnoth] Novos nomes de unidades

2010-10-06 Conversa mvillarino
 


 E hai un termo que me gustaría comentar, relacionado tamén coas unidades do
 Wesnoth: “ceramic”. O Wordreference lévame a “cerámica”, e o meu Castelán-
 Galego de papel lévame a «cerámica», pero a min non deixa de soarme a
 «porcelana», e «porcelana» sóame a material para os adornos. Credes que podo
 poñerlle “barro” para referirme a “ceramic” (no contexto dun dos materiais
 cos
 que se fan as armaduras dos draconiáns)?.

Non. O barro é brando, e os materiais cerámicos, sexan louza,
porcelana dura, porcelana de osos, cerámica de alúmina ou outras
cousas desas son duros. Amais, sentiríame ofendido persoalmente
Dá contexto dese ceramic.
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: [Wesnoth] Novos nomes de unidades

2010-10-06 Conversa Adrián Chaves Fernández
  E hai un termo que me gustaría comentar, relacionado tamén coas unidades
  do Wesnoth: “ceramic”. O Wordreference lévame a “cerámica”, e o meu
  Castelán- Galego de papel lévame a «cerámica», pero a min non deixa de
  soarme a «porcelana», e «porcelana» sóame a material para os adornos.
  Credes que podo poñerlle “barro” para referirme a “ceramic” (no contexto
  dun dos materiais cos
  que se fan as armaduras dos draconiáns)?.
 
 Non. O barro é brando, e os materiais cerámicos, sexan louza,
 porcelana dura, porcelana de osos, cerámica de alúmina ou outras
 cousas desas son duros. Amais, sentiríame ofendido persoalmente
 Dá contexto dese ceramic.

É o material do que están feitas algunhas (se non todas) das armaduras dos 
draconiáns (placas). É dicir, ten que ser duro. Baseándome na túa resposta e 
maila de Miguel, creo que vou deixar “cerámica”.
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto