Desmantelamento de Mancomún: proxectos de localización

2009-10-05 Conversa Suso Baleato
Boas,

Escrebo para esclarecer certas novas que foron publicadas nestes días: a
igual que outros proxectos tecnolóxicos e de I+D iniciados polo bipartito,
Mancomún está efectivamente a ser desmantelado. En concreto, a planificación
foi abortada, os orzamentos foron cancelados, a oficina de coordenación foi
fechada, a unidade administrativa foi clausurada e a consecuencia do anterior
o meu contrato foi rescindido.

Non vou entrar a valorar eiquí ises feitos. Se me referín foi para:

- dar constancia de que administrativa e xurídicamente Mancomún xa non existe

- informar de que, dos recursos asignados, únicamente funciona os servidores 
  virtuais sobre os que operan os distintos servizos (forxa, web, roldas e
  demais) cuxo contrato de mantenemento finaliza o 31/12/2009, data na que 
  finalizan tamén os contratos da xente que aínda sigue traballando.

- compartir a información da que dispoño para axudar a clarificar a situación
  e poder así definir conxuntamente as alternativas máis adecuadas para reducir
  ao mínimo o impacto sobre os proxectos de localización.

A respeito deste último ponto confirmar, como xa indiquei no seu momento [1], 
que vou continuar coas responsabilidades que personalmente asumín nos proxectos
de localización e pedir á xente que estades a colaborar nos que eu coordeno 
(Mozilla, OO.org e mais GNOME) que continuedes con normalidade co previsto ao
tempo que imos retomando o proceso de desinstitucionalización que iniciaramos
eiquí hai uns meses, xustamente en previsión de chegarmos a esta situación.

Finalmente, agradecer as mostras de apoio que moitos de vós me fixestes chegar;
só dizer que estou ben, que estou realmente satisfeito do realizado e que
para min todo isto non é máis que unha excelente oportunidade para consolidar o
que xa temos en boa medida avanzado; pola miña parte estou a traballar na
copia de respaldo.

Seguiremos informando. Avante a toda máquina! (-:

[1] http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/2009-July/002319.html

--
http://susinho.pagina.de/


Re: [G11n] Desmantelamento de Mancomún: proxectos de localización

2009-10-05 Conversa Miguel Branco
O Luns 05 Outubro 2009 09:23:31 marce escribiu:
 O Luns, 5 de Outubro de 2009 02:21:26 Suso Baleato escribiu:
  - dar constancia de que administrativa e xurídicamente Mancomún xa non
   existe
 
 @Miguel Branco: Penso que deberíamos convocar a assembleia constituínte do
  PT asap.

certo, e ipso facto

1º, rogaría encarecidamente que as discusións relativas á localización se 
movan á lista de trasno (www.trasno.net) e igual se propoña para o relativo ós 
LUGs xa que entendo que esta lista desaparecida mancomun... RIP

2º que quen poida faga copia de respaldo das listas de mancomún xa que teñen 
interese (véxase debates terminolóxicos)

é dicir, deberiámonos centralizar/coordinar en foros comúns autónomos, tal 
como xa prevera suso e outros

Esta noite propoño un calendario para botar a andar a asociación de trasno ( e 
nisto desculpade a miña ausencia no asunto pero ando a outros menesteres 
ineludibles que me manteñen ocupado)


Re: [G11n] Desmantelamento de Mancomún: proxectos de localización

2009-10-05 Conversa Leandro Regueiro
 - dar constancia de que administrativa e xurídicamente Mancomún xa non
  existe

 @Miguel Branco: Penso que deberíamos convocar a assembleia constituínte do
  PT asap.

 certo, e ipso facto

 1º, rogaría encarecidamente que as discusións relativas á localización se
 movan á lista de trasno (www.trasno.net) e igual se propoña para o relativo ós
 LUGs xa que entendo que esta lista desaparecida mancomun... RIP

Primeiro, non é pregar?
Segundo, totalmente de acordo. De feito se conseguimos botar a andar o
sistema colaborativo de xestión de terminoloxía probablemente a rolda
de Trasno vexa diminuír bastante o seu tráfico, co que tamén sería
discutible sobre se eliminar outras roldas específicas de proxectos e
mover todo cara a rolda de Trasno, IMHO.

 2º que quen poida faga copia de respaldo das listas de mancomún xa que teñen
 interese (véxase debates terminolóxicos)

Moi importante. Disto estivemos a falar eu e Antón. Se imos discutir
en serio esas conversas serán moi útiles.

 é dicir, deberiámonos centralizar/coordinar en foros comúns autónomos, tal
 como xa prevera suso e outros

 Esta noite propoño un calendario para botar a andar a asociación de trasno ( e
 nisto desculpade a miña ausencia no asunto pero ando a outros menesteres
 ineludibles que me manteñen ocupado)

Agardamos con impaciencia. Aproveitemos para facer isto agora que o
curso está comezando que despois xa teremos traballo ata as orellas.

Ata logo,
 Leandro Regueiro