Nova (?) ferramenta

2012-10-07 Conversa Miguel Bouzada
This project aims to build a multilingual aligned corpus. In other words,
to collect sentences translated in several languages.
http://tatoeba.org/eng/


-- 
Membro de «The Document Foundation Projects» http://gl.libreoffice.org
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Reenviando: [[Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] Nova ferramenta: Pootling]

2007-01-03 Conversa Leandro Regueiro

Haberá que probalo pootling un mes destes.

Ata logo,
Leandro Regueiro

On 1/3/07, mvillarino mvillar...@gmail.com wrote:

O Mércores, 3 de Xaneiro de 2007 12:35, O Trox escribiu:
 Entón quere decirse que existe unha ferramenta independente de pootle
 chamada pootling? É q non atopo nengunha referencia na web, agás unha
 mención ao script: pootling.py que non sei se ten relación co editor
 offline do que falan en wordforge:

Si, é independente como código fonte no sentido de non comparten código
directamente, pero forma parte do mesmo proxecto de desenvolvimento:
wordforge, que desenvolve tres cousas principais:
1-as translate-tools, que veñen sendo un conxunto de ferramentas para a liña
de comandos que son un complementos das ferramentas de gettext, extendendo a
súa funcionalidade tamén a outros formatos (xliff);
2-pootle, que é unha interface web para a tradución, que tira das
translate-tools como infraestrutura,
3-finalmente, pootling, unha aplicación de escritorio para a tradución, que
tira das translate-tools como infraestrutura.

Dentro do paquete pootling.tar.gz, que se pode obter desde a páxina de
wordforge en sourceforge, está contido o ficheiro pootling.py, que é o main
de tal programa. Consúltese o ficheiro README do paquete mencionado.

Recordemos que Pootle vai ser o futuro sistema oficial de tradución de debian,
estando na actualidade en probas, baixo a dirección de Ch.Perrier.

--
Best regards
MV
º ¸.·´¯`·... º ¸.·´¯`·...¸ º ¸.·´¯`·...¸ º
Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE





Nova ferramenta: Pootling

2007-01-02 Conversa mvillarino
Xusto acaba de publicarse a nova ferramenta de escritorio para auxilio no 
proceso de tradución de software Pootling.
Esta forma parte do proxecto Wordforge, o mesmo de Pootle, unha interface 
web de tradución, e das translation tools ferramentas para a liña de 
comandos. Todas estas están escritas en python, polo que o proceso de 
instalación non requere do doloroso ciclo de configure  make  sudo make 
install.
Con este movimento, wordforge posiciónase como o proxecto mais completo no que 
se refere á carteira de ferramentas de apoio á tradución existente no campo 
do OSS.

Recordemos que as ferramentas de wordforge soportan os formatos xliff e tmx, 
ademais dos pot/po e .ts das qt.

Agora mesmo ando a obter as fontes para proba-lo, xa vos contarei mais.
-- 
Best regards
MV
º ¸.·´¯`·... º ¸.·´¯`·...¸ º ¸.·´¯`·...¸ º
Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE


pgpO9Jd8SKf7q.pgp
Description: PGP signature