Re: [G11n] Desmantelamento de Mancomún: proxectos de localización
>>> - dar constancia de que administrativa e xurídicamente Mancomún xa non >>> existe >> >> @Miguel Branco: Penso que deberíamos convocar a assembleia constituínte do >> PT asap. > > certo, e ipso facto > > 1º, rogaría encarecidamente que as discusións relativas á localización se > movan á lista de trasno (www.trasno.net) e igual se propoña para o relativo ós > LUGs xa que entendo que esta lista desaparecida mancomun... RIP Primeiro, non é pregar? Segundo, totalmente de acordo. De feito se conseguimos botar a andar o sistema colaborativo de xestión de terminoloxía probablemente a rolda de Trasno vexa diminuír bastante o seu tráfico, co que tamén sería discutible sobre se eliminar outras roldas específicas de proxectos e mover todo cara a rolda de Trasno, IMHO. > 2º que quen poida faga copia de respaldo das listas de mancomún xa que teñen > interese (véxase debates terminolóxicos) Moi importante. Disto estivemos a falar eu e Antón. Se imos discutir en serio esas conversas serán moi útiles. > é dicir, deberiámonos "centralizar"/"coordinar" en foros comúns autónomos, tal > como xa prevera suso e outros > > Esta noite propoño un calendario para botar a andar a asociación de trasno ( e > nisto desculpade a miña ausencia no asunto pero ando a outros "menesteres" > ineludibles que me manteñen ocupado) Agardamos con impaciencia. Aproveitemos para facer isto agora que o curso está comezando que despois xa teremos traballo ata as orellas. Ata logo, Leandro Regueiro
Re: [G11n] Desmantelamento de Mancomún: proxectos de localización
O Luns 05 Outubro 2009 09:23:31 marce escribiu: > O Luns, 5 de Outubro de 2009 02:21:26 Suso Baleato escribiu: > > - dar constancia de que administrativa e xurídicamente Mancomún xa non > > existe > > @Miguel Branco: Penso que deberíamos convocar a assembleia constituínte do > PT asap. certo, e ipso facto 1º, rogaría encarecidamente que as discusións relativas á localización se movan á lista de trasno (www.trasno.net) e igual se propoña para o relativo ós LUGs xa que entendo que esta lista desaparecida mancomun... RIP 2º que quen poida faga copia de respaldo das listas de mancomún xa que teñen interese (véxase debates terminolóxicos) é dicir, deberiámonos "centralizar"/"coordinar" en foros comúns autónomos, tal como xa prevera suso e outros Esta noite propoño un calendario para botar a andar a asociación de trasno ( e nisto desculpade a miña ausencia no asunto pero ando a outros "menesteres" ineludibles que me manteñen ocupado)
Desmantelamento de Mancomún: proxectos de localización
Boas, Escrebo para esclarecer certas novas que foron publicadas nestes días: a igual que outros proxectos tecnolóxicos e de I+D iniciados polo bipartito, Mancomún está efectivamente a ser desmantelado. En concreto, a planificación foi abortada, os orzamentos foron cancelados, a oficina de coordenación foi fechada, a unidade administrativa foi clausurada e a consecuencia do anterior o meu contrato foi rescindido. Non vou entrar a valorar eiquí ises feitos. Se me referín foi para: - dar constancia de que administrativa e xurídicamente Mancomún xa non existe - informar de que, dos recursos asignados, únicamente funciona os servidores virtuais sobre os que operan os distintos servizos (forxa, web, roldas e demais) cuxo contrato de mantenemento finaliza o 31/12/2009, data na que finalizan tamén os contratos da xente que aínda sigue traballando. - compartir a información da que dispoño para axudar a clarificar a situación e poder así definir conxuntamente as alternativas máis adecuadas para reducir ao mínimo o impacto sobre os proxectos de localización. A respeito deste último ponto confirmar, como xa indiquei no seu momento [1], que vou continuar coas responsabilidades que personalmente asumín nos proxectos de localización e pedir á xente que estades a colaborar nos que eu coordeno (Mozilla, OO.org e mais GNOME) que continuedes con normalidade co previsto ao tempo que imos retomando o proceso de desinstitucionalización que iniciaramos eiquí hai uns meses, xustamente en previsión de chegarmos a esta situación. Finalmente, agradecer as mostras de apoio que moitos de vós me fixestes chegar; só dizer que estou ben, que estou realmente satisfeito do realizado e que para min todo isto non é máis que unha excelente oportunidade para consolidar o que xa temos en boa medida avanzado; pola miña parte estou a traballar na copia de respaldo. Seguiremos informando. Avante a toda máquina! (-: [1] http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/2009-July/002319.html -- http://susinho.pagina.de/