Re: [Hunspell] Correccións da lista de Trasno

2012-11-10 Conversa Adrián Chaves Fernández
Eu decidín traballar contra o hunspell-gl precisamente porque vin que no 
hunspell-gl-volga estaban eses outros ficheiros, que pouco ou nada teñen que 
ver con Hunspell. Ademais, dado que a miña idea é poder construír un corrector 
que non sexa estritamente o do Volga, o nome non tiña sentido.

O que subín a hunspell-gl é estritamente para a xeración dos ficheiros .aff e 
.dic de Hunspell, máis nada.

Persoalmente, prefiro separar a creación dos paquetes ou complementos 
(downstream) da xeración do software ou contidos (upstream), cada unha nun 
repositorio. E agora mesmo, o hunspell-gl-volga ten varios tipos de contido 
orixinal e cousas para empaquetación que eu separaría en repositorios de seu:

- hunspell-gl. Para xerar o .aff e o .dic de Hunspell.
- hyph-gl. Para xerar o .dic coas regras de separación.
- thesaurus-gl. Para xerar o .dat e o .idx do thesaurus.
- openoofice-gl-spellchecker. Guións, SCons ou o que sexa que en tempo de 
construción descarga o contido de hunspell-gl, hyph-gl e thesaurus-gl, e o 
xunta todo debidamente na extensión para o OpenOffice.

O sentido de usar repositorios separados é o de facilitarlle a vida aos 
empaquetadores das distintas distribucións. Cando eu queira empaquetar o 
hunspell-gl para Chakra a partires da última versión do repositorio, non me 
interesa ter que descargarme más ficheiros dos relacionados co hunspell.

Eu non teño nin a máis remota idea — e hei de dicir que pouco interese, dado 
que non uso OOo nin LibO — dos pasos que hai que seguir para construír o 
complemento de LibO, nin sei nada dos proxectos de hyph e thesaurus, ou de 
como se poden explotar fóra do seu uso para o complemento de LibO (algún outro 
programa que os use?).

Porén, non me importaría preparar o SConstruct ou facer algún guión para 
automatizar os seus procesos de construción ou axudar a separar o seu código 
fonte en módulos coma no Hunspell, se é que se poden beneficiar de algo así.

En calquera caso, a iniciativa para os proxectos aparte do Hunspell non vai 
saír de min. Se alguén coñece con detalle os pasos que se seguen durante a 
construción deses “proxectos” e de verdade lle interesa automatizalo pero non 
sabe como ou non ten tempo de poñerse a iso, que mo diga, ou simplemente o 
diga na lista, que aquí a metade sabe programar seguro.

O Sábado, 10 de Novembro de 2012 20:47:28 Leandro Regueiro escribiu:
> O que quería dicir é
> que agora mesmo hai dous repositorios diferentes:
> 
> https://github.com/meixome/hunspell-gl
> https://github.com/meixome/hunspell-gl-volga
> 
> e que tal como fas ti abondaría con ter un único repositorio, coas
> cousas ben separadas para non mesturar o volga co non-volga, e cando
> se vaian sacar novas versións xeraríanse con SCons e no momento os
> ficheiros .dic e .aff para cada unha das dúas versións e despois
> empaquetalas para distribuílas. A fío de isto, o proceso de empaquetar
> os OXT ou .deb é moi tedioso, e igual se pode usar SCons para
> automatizalo.
> 
> Deicaasno.net/listinfo/proxecto
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: [Hunspell] Correccións da lista de Trasno

2012-11-10 Conversa Leandro Regueiro
2012/11/10 Adrián Chaves Fernández :
> O Sábado, 10 de Novembro de 2012 15:38:36 Leandro Regueiro escribiu:
>> Non o dicía por iso, senón que estaba pensando que quizais sería máis
>> sinxelo manexar nun único repositorio todos os ficheiros,
>> independentemente de se son para a versión volga ou para a xeral, xa
>> que se poderían xerar ficheiros finais diferentes para empaquetar as
>> dúas versións de hunspell. Non sei se me explico.
>
> Unha de dúas:
> - Ou non me expresei/entendiches ben a primeira vez. O que dis é a 
> idea.
> - Ou non entendo o que queres dicir, sigue lendo e dime que pensas que
> sería mellor facer doutro xeito.

Creo que ha ser culpa de que eu me expresei mal. O que quería dicir é
que agora mesmo hai dous repositorios diferentes:

https://github.com/meixome/hunspell-gl
https://github.com/meixome/hunspell-gl-volga

e que tal como fas ti abondaría con ter un único repositorio, coas
cousas ben separadas para non mesturar o volga co non-volga, e cando
se vaian sacar novas versións xeraríanse con SCons e no momento os
ficheiros .dic e .aff para cada unha das dúas versións e despois
empaquetalas para distribuílas. A fío de isto, o proceso de empaquetar
os OXT ou .deb é moi tedioso, e igual se pode usar SCons para
automatizalo.

Deica

> A cousa está dividida en módulos, e ti compilas os módulos que queiras.
>
> De momento non hai moita división, teño pensado facelo sobre a marcha e de
> forma progresiva, pero agora mesmo xa podes xerar, partindo do mesmo
> repositorio, o corrector con ou sen símbolos de unidades de medida.
>
> Sen:
>
> scons aff=norma dic=volga
>
> Con:
>
> scons aff=norma,unidades dic=volga,unidades
>
> O último caso é nestes momentos o predeterminado, é dicir, o resultante
> executando:
>
> scons
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: [Hunspell] Correccións da lista de Trasno

2012-11-10 Conversa Leandro Regueiro
2012/11/10 Adrián Chaves Fernández :
> O Sábado, 10 de Novembro de 2012 15:38:36 Leandro Regueiro escribiu:
>> Non o dicía por iso, senón que estaba pensando que quizais sería máis
>> sinxelo manexar nun único repositorio todos os ficheiros,
>> independentemente de se son para a versión volga ou para a xeral, xa
>> que se poderían xerar ficheiros finais diferentes para empaquetar as
>> dúas versións de hunspell. Non sei se me explico.
>
> Unha de dúas:
> - Ou non me expresei/entendiches ben a primeira vez. O que dis é a 
> idea.
> - Ou non entendo o que queres dicir, sigue lendo e dime que pensas que
> sería mellor facer doutro xeito.

O

> A cousa está dividida en módulos, e ti compilas os módulos que queiras.
>
> De momento non hai moita división, teño pensado facelo sobre a marcha e de
> forma progresiva, pero agora mesmo xa podes xerar, partindo do mesmo
> repositorio, o corrector con ou sen símbolos de unidades de medida.
>
> Sen:
>
> scons aff=norma dic=volga
>
> Con:
>
> scons aff=norma,unidades dic=volga,unidades
>
> O último caso é nestes momentos o predeterminado, é dicir, o resultante
> executando:
>
> scons
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: [Hunspell] Correccións da lista de Trasno

2012-11-10 Conversa Adrián Chaves Fernández
O Sábado, 10 de Novembro de 2012 15:38:36 Leandro Regueiro escribiu:
> Non o dicía por iso, senón que estaba pensando que quizais sería máis
> sinxelo manexar nun único repositorio todos os ficheiros,
> independentemente de se son para a versión volga ou para a xeral, xa
> que se poderían xerar ficheiros finais diferentes para empaquetar as
> dúas versións de hunspell. Non sei se me explico.

Unha de dúas:
- Ou non me expresei/entendiches ben a primeira vez. O que dis é a idea.
- Ou non entendo o que queres dicir, sigue lendo e dime que pensas que 
sería mellor facer doutro xeito.

A cousa está dividida en módulos, e ti compilas os módulos que queiras.

De momento non hai moita división, teño pensado facelo sobre a marcha e de 
forma progresiva, pero agora mesmo xa podes xerar, partindo do mesmo 
repositorio, o corrector con ou sen símbolos de unidades de medida.

Sen:

scons aff=norma dic=volga

Con:

scons aff=norma,unidades dic=volga,unidades

O último caso é nestes momentos o predeterminado, é dicir, o resultante 
executando:

scons
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: [Hunspell] Correccións da lista de Trasno

2012-11-10 Conversa Leandro Regueiro
2012/11/10 Adrián Chaves Fernández :
> O Sábado, 10 de Novembro de 2012 15:02:09 Leandro Regueiro escribiu:
>> Entendo que por eliminar queres dicir que as vas mover á sección
>> http://wiki.trasno.net/Corrector_Hunspell#Erros_corrixidos
>
> Pois non reparara, pero si, farei iso.
>
>> Por certo, estiven mirando o contido do repositorio Git, e estades
>> usando SCons para xerar dinamicamente os ficheiros finais?
>
> Si. Con iso deberíamos poder manter o código separado en módulos, con
> comentarios e demais, e logo poder xuntalo nun ficheiro final facilmente.
>
> Escollino pensando en que entre CMake e SCons, o segundo ía ser máis doado.
> Certamente é moito máis flexible para algo tan especial como isto. Pero se
> tedes unha alternativa mellor, son todo oídos (dáme igual que cambiemos de
> sistema).

Non o dicía por iso, senón que estaba pensando que quizais sería máis
sinxelo manexar nun único repositorio todos os ficheiros,
independentemente de se son para a versión volga ou para a xeral, xa
que se poderían xerar ficheiros finais diferentes para empaquetar as
dúas versións de hunspell. Non sei se me explico.

Deica
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: [Hunspell] Correccións da lista de Trasno

2012-11-10 Conversa Adrián Chaves Fernández
O Sábado, 10 de Novembro de 2012 15:02:09 Leandro Regueiro escribiu:
> Entendo que por eliminar queres dicir que as vas mover á sección
> http://wiki.trasno.net/Corrector_Hunspell#Erros_corrixidos

Pois non reparara, pero si, farei iso.

> Por certo, estiven mirando o contido do repositorio Git, e estades
> usando SCons para xerar dinamicamente os ficheiros finais?

Si. Con iso deberíamos poder manter o código separado en módulos, con 
comentarios e demais, e logo poder xuntalo nun ficheiro final facilmente.

Escollino pensando en que entre CMake e SCons, o segundo ía ser máis doado. 
Certamente é moito máis flexible para algo tan especial como isto. Pero se 
tedes unha alternativa mellor, son todo oídos (dáme igual que cambiemos de 
sistema).
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto