O Sábado, 10 de Novembro de 2012 15:02:09 Leandro Regueiro escribiu:
> Entendo que por eliminar queres dicir que as vas mover á sección
> http://wiki.trasno.net/Corrector_Hunspell#Erros_corrixidos

Pois non reparara, pero si, farei iso.

> Por certo, estiven mirando o contido do repositorio Git, e estades
> usando SCons para xerar dinamicamente os ficheiros finais?

Si. Con iso deberíamos poder manter o código separado en módulos, con 
comentarios e demais, e logo poder xuntalo nun ficheiro final facilmente.

Escollino pensando en que entre CMake e SCons, o segundo ía ser máis doado. 
Certamente é moito máis flexible para algo tan especial como isto. Pero se 
tedes unha alternativa mellor, son todo oídos (dáme igual que cambiemos de 
sistema).
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a