2012/11/10 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>:
> O Sábado, 10 de Novembro de 2012 15:02:09 Leandro Regueiro escribiu:
>> Entendo que por eliminar queres dicir que as vas mover á sección
>> http://wiki.trasno.net/Corrector_Hunspell#Erros_corrixidos
>
> Pois non reparara, pero si, farei iso.
>
>> Por certo, estiven mirando o contido do repositorio Git, e estades
>> usando SCons para xerar dinamicamente os ficheiros finais?
>
> Si. Con iso deberíamos poder manter o código separado en módulos, con
> comentarios e demais, e logo poder xuntalo nun ficheiro final facilmente.
>
> Escollino pensando en que entre CMake e SCons, o segundo ía ser máis doado.
> Certamente é moito máis flexible para algo tan especial como isto. Pero se
> tedes unha alternativa mellor, son todo oídos (dáme igual que cambiemos de
> sistema).

Non o dicía por iso, senón que estaba pensando que quizais sería máis
sinxelo manexar nun único repositorio todos os ficheiros,
independentemente de se son para a versión volga ou para a xeral, xa
que se poderían xerar ficheiros finais diferentes para empaquetar as
dúas versións de hunspell. Non sei se me explico.

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a