Re: Saudos

2004-03-31 Conversa Xabi García
  do servidor, e teño que tentar pór iso ao día. Non obstante, levo moito
  tempo
  sen saber nada de Javier Garaloces, coido que non está a traducilo, pois
  non
 
  debería de levar tanto tempo. Se queres podes preguntarlle:
 
 Acabo de mandarlle un email.
 
  do 3.2.1 para Debian, e como emprego Woody, imaxino que xa saberás de
 qué
  vai o tema. 
 
 Pois si eu hai tempo que escollín inestable, e durante as últimas semanas 
 andiven como un tolo poñendo apt-get update para ver cando entraban os 
 paquetes en inestable (unha semana máis e acabo en experimental). Xa sabes
 que podes facer un pequeno remix cos paquetes de kde.org para woody (aínda
 non coñezo ninguen que os use e gustaríame saber como vai o tema, se
 explota 
 woody non me botes a culpa). 

Non é a primeira vez que o fago, pero é como meterlle accesorios BMW
a un Seat Panda ... e sempre acaba mal a cousa. Terei que agardar ou
pasarme a Sid dunha vez por todas ...

 
 Outra cousa deume moita ilusión ver como en kde 3.2 estaban os paquetes de
 galego. Así que a ver se conseguemos que o proxecto tire para adiante e 
 empezo a axudarvos co voso gran traballo aínda que o meu maior medo é
 meter 
 a pata (son dos que ten algo olvidadas ou peor mixturadas as normativas
 así 
 que espero que teñades a ben correxirme cando menta a pata).

Andamos todos igual ... (mesturadas) ;))

 
  soamente, pero por seren algo rigurosos coa traducción, deixarei Tarefas
  Pendentes.
 
 A min gostame máis tarefas pendentes, creo que aporta un matiz importante
 para 
 o usuario.
 
  Aínda así, ese tipo de cousas sóenas correxir os propios programadores
  mediante
  o emprego dunha función especial de Qt (no Qt designer teño
 experimentado
  iso),


Si era o spacer, non lembraba o nome...

 Eu creo que é moi fácil esquecerse no designer dalgún spacer e o resultado
 ás 
 veces pasa desapercibido. 
 ___
 Trasno mailing list
 tra...@ceu.fi.udc.es
 http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
 

-- 
+++ NEU bei GMX und erstmalig in Deutschland: TÜV-geprüfter Virenschutz +++
100% Virenerkennung nach Wildlist. Infos: http://www.gmx.net/virenschutz

___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: Saudos

2004-03-29 Conversa Xabi García
 O Domingo 28 de Marzo de 2004 ás 22:08, Juan dicía:
 
 Boas tiña gañas de empezar a traducir cousas de KDE, o meu escritorio 
 favorito. Despois de ver a páxina escollín o programa juk que espero
 acabar 
 pronto (espero non duplicar esforzos).
 
   Para o tema de que paquetes están a ser traducidos por alguén ou
 non, tes que falar directamente con Xabi, o coordinador.

Si, son eu. Con respecto a Juk, está asignado a Javier Garaloces. Sei que na
páxina de Trasno no aparece por mor dunha catástrofe que tivera o disco duro

do servidor, e teño que tentar pór iso ao día. Non obstante, levo moito
tempo
sen saber nada de Javier Garaloces, coido que non está a traducilo, pois non

debería de levar tanto tempo. Se queres podes preguntarlle:

garalo...@uvigo.es

e dille que vas da miña parte, ou se o prefires (agardar) pregúntolle eu.



 
 A miña dúbida era saber como fácedes para comprobar as traduccións, quero
 dicir unha vez que teña o ficheiro pot rematado como podo facer para
 executar 
 o juk e ver como queda (é igual en KDE que no resto de aplicacións?).
 Máis 
 que nada porque ás veces coido que habería que ter en conta como se
 contraen 
 ou expanden os widgets segundo a lonxitude do texto.
 
   Para probar unha tradución, necesitarás o paquete gettext.  Executa
 isto:
 
 msgfmt juk.po -o juk.mo
 
   E move o juk.mo ao directorio /usr/share/locale/gl/LC_MESSAGES/
 Executa outra vez o programa e xa debería aparecer traducido (Esta é unha
 das instrucións que deberían ir na páxina web, a ver se para cando se
 actualice...)
 
 Xa que estamos, eu uso kontact e en galego quédame algo incomodo porque á
 barra de tarefas da esquerda (os iconos das diferentes aplicación de
 kontact) 
 queda demasiado ancha pola cadea Lista de Tarefas Pendientes que eu
 coido 
 que podería quedar en Tarefas Pendientes que aporta máis ou menos a
 mesma 
 información e deixa algúns centímetros máis para o widget do contido (que
 é o 
 que verdadeiramente importa).

Tes toda a razón do mundo, pero o de pendientes non é verídico ;)).
Ese tipo de cousas gustariame corrixilas, pero estou a agardar por unha
versión
do 3.2.1 para Debian, e como emprego Woody, imaxino que xa saberás de qué
vai 
o tema. De calquera xeito, xa o correxín, e mesmo coido que podería valer
Tarefas
soamente, pero por seren algo rigurosos coa traducción, deixarei Tarefas
Pendentes.
Aínda así, ese tipo de cousas sóenas correxir os propios programadores
mediante
o emprego dunha función especial de Qt (no Qt designer teño experimentado
iso),
de xeito que se o texto non cabe nun ancho prefixado, pois divídese en dúas
ou máis filas.
Quizabes sexa un esquecemento do programador, ou pode que o widget de
Kontact (ese
con fondo gris, pouco usual en KDE) non sexa estándar ou non implemente esa
característica.
Se hai alguén experimentado que enmende os meus erros por favor.

 
   Todas esas cousiñas son importantes, se podes dillo ao tradutor do
 paquete (ou ao coordinador de KDE, para que o xestione el).  E xa que
 estamos, dille que é pendente, non pendiente ;)

Deicalogo.

 
 -- 
 Unha aperta,
 Jesús Bravo Álvarez
 http://www.pobox.com/~suso
 ___
 Trasno mailing list
 tra...@ceu.fi.udc.es
 http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
 

-- 
+++ NEU bei GMX und erstmalig in Deutschland: TÜV-geprüfter Virenschutz +++
100% Virenerkennung nach Wildlist. Infos: http://www.gmx.net/virenschutz

___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno