Re: propostas

2002-08-18 Conversa Xabi García
O Sat, 17 Aug 2002 21:10:28 +0200
Jacobo Tarrio  escribiu:

> O Sábado, 17 de Agosto de 2002 ás 20:18:54 +0200, MAXIMODUTTY escribía:
> 
> > Que tal se en vez de utilizar os arquivos *.pot utilizamos as 
> > traduccións o español
> 
>  Isto xa se falou hai tempo en varias ocasións. Non quero que se faga,
> por varios motivos:
> 
>  1- As traduccións ao español teñen erros. Moitos erros.

E moitos, os erros de traducción que fagan eles tamén os temos que incorporar 
nas nosas traduccións.

>  2- As traduccións ao galego dende o español tenden a incorporar
> castelanismos e formas gramaticais foráneas.

E logo pasa o que pasa, a cousa faise máis complicada que a traducción 
dende o inglés

>  3- Contra o que parece, dificúltase a traducción, ao non poder saber dunha
> ollada que traduccións están feitas, que traduccións están sen
> actualizar, etc.
> 
>  Hai tempo revisei algunhas traduccións que estaban feitas a partires dunha
> traducción española, e notábase; tanto polas palabras e formas estrañas que
> aparecían, como porque ás veces aparecían frases completas en castelán.
> 
>  Eu só aconsello emprega-las traduccións a outro idioma coma axuda, no caso
> no que non se saiba ben como traducir unha frase (e sempre procurando mirar
> varios idiomas antes de tomar unha decisión).
> 
> -- 
> 
>Tarrío
> (Compostela)
> --
> Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
> poñendo "unsubscribe" na mensaxe
> 

É dicir, para ollar por axuda é mellor ir ó portugués, penso eu. Non é o noso 
traballo traducir
dende o castelán, senon dende o idioma orixinal do programa. A xente que 
traduce libros
ó galego non o fai co español de intermediario, é unha auténtica chapuza.

No segundo punto, sobre o traballo, non creo que sexa preciso repartilo por 
grupos. O que hai
que evitar é coller catrocentos paquetes ó bruto e estar medio ano 
traducíndoos, porque
iso bloquea ós demais. A asignación deberiase facer de tres en tres paquetes, 
como moito.
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe


Re: propostas

2002-08-17 Conversa Jacobo Tarrio
O Sábado, 17 de Agosto de 2002 ás 20:18:54 +0200, MAXIMODUTTY escribía:

> Que tal se en vez de utilizar os arquivos *.pot utilizamos as 
> traduccións o español

 Isto xa se falou hai tempo en varias ocasións. Non quero que se faga,
por varios motivos:

 1- As traduccións ao español teñen erros. Moitos erros.
 2- As traduccións ao galego dende o español tenden a incorporar
castelanismos e formas gramaticais foráneas.
 3- Contra o que parece, dificúltase a traducción, ao non poder saber dunha
ollada que traduccións están feitas, que traduccións están sen
actualizar, etc.

 Hai tempo revisei algunhas traduccións que estaban feitas a partires dunha
traducción española, e notábase; tanto polas palabras e formas estrañas que
aparecían, como porque ás veces aparecían frases completas en castelán.

 Eu só aconsello emprega-las traduccións a outro idioma coma axuda, no caso
no que non se saiba ben como traducir unha frase (e sempre procurando mirar
varios idiomas antes de tomar unha decisión).

-- 

   Tarrío
(Compostela)
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe


Re: Propostas de logo

2000-08-17 Conversa Manuel A. Fernandez Montecelo
Francisco Xosé Vázquez Grandal wrote:
> 
> Jacobo Tarrio wrote:
> >
> >  Hai unha nova proposta de logo de Francisco Xosé Vázquez Grandal.
> >
> >  Como as demais, podédela ver en http://trasno.gpul.org/logos/
> >
> 
> Agora que supoño que xa veríades a imaxe queriavos pedir opinión. A miña
> idea orixinal era a ese logotipo poñerlle un trasno agarrandoo, pero so
> se lle verian mans e cabeza.
> 
>  /\
> /..\
>   >
>  --
>==
> OE| T R A S N O  |3O
>==
> 
> ¿Credes que seria recargalo de mais? Ben, esa era a idea, outra cousa e
> que sexa quen de facela. :-)
> 
> Por certo, se alguen quere modificar ou reutilizar parte do logo que me
> pida o .xcf que teño todo por capas, coas curvas, etc.

é que así en frío ...

hmmm, proba a facelo e despois opinamos X))

> Saudos.
> -
>  Francisco Xosé Vázquez Grandal, O Fran "Do Moucho".


aburinho!!


Manuel A. Fernández Montecelo 



--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe


Re: Propostas de logo

2000-08-16 Conversa Francisco Xosé Vázquez Grandal
Jacobo Tarrio wrote:
> 
>  Hai unha nova proposta de logo de Francisco Xosé Vázquez Grandal.
> 
>  Como as demais, podédela ver en http://trasno.gpul.org/logos/
> 

Agora que supoño que xa veríades a imaxe queriavos pedir opinión. A miña
idea orixinal era a ese logotipo poñerlle un trasno agarrandoo, pero so
se lle verian mans e cabeza.

 /\
/..\
  >
 -- 
   ==   
OE| T R A S N O  |3O
   ==

¿Credes que seria recargalo de mais? Ben, esa era a idea, outra cousa e
que sexa quen de facela. :-)

Por certo, se alguen quere modificar ou reutilizar parte do logo que me
pida o .xcf que teño todo por capas, coas curvas, etc. 

-- 
Saudos.
-
 Francisco Xosé Vázquez Grandal, O Fran "Do Moucho".

  ...oooOOO mailto:gran...@mundivia.es OOOooo...

  "Xente toda das Mariñas, chapapote no cerebro,
  non che estrañe se son bravos"
 

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe


Re: Propostas de logo

2000-08-04 Conversa juan ignacio nogueira alonso
 Eu sempre penso que un logo, canto máis simple gráficamente, mellor.
É máis facil de ver e recordar.

 Se non se pode contar toda a historia do trasno é unha pena pero o máis
importante é que sexa claramente distinguible e recordable.

 Non é por ser pelota pero o de Jacobo Tarrio "trasno.png" gostame.
Quizais con algún restyling...

Nacho.
-- 
   _ |\___/|
  / \|/| |\|
 (  )_\\_-\_T_/-
  º=" /   \

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe