Re: Tarxeta/Placa

2000-07-19 Conversa Manuel A. Fernandez Montecelo
Jesus Bravo Alvarez wrote:
> 
> Ola,
> 
> Creo que vou cambia-las miñas traduccións de "tarxeta" por "placa",
> basicamente porque nunca me decatara do triste que resulta dicir "tarxeta".
> X-)
> 
> Se alguén quere dar algunha opinión que me convenza de unha ou
> outra... (e non valen "si, porque placa o usan en portugués" e "non, porque
> card en inglés é tarxeta") :-þ

depende do que digas ... video card -> placa de video sóame un pouco
"asín" ... para min queda mellor motherboard -> placa base,
sound/video/... card -> tarxeta de son/video/...

non pretendo convercerte ... simplemente estou "pensando en voz alta"
:))

e xa que estamos, motherboard como debería ser? placa base non? porque
placa nai tampouco me soa moi ben ... ://

>  _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
>_|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras


aburinho!!


Manuel A. Fernández Montecelo 



--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe


Re: Tarxeta/Placa

2000-07-18 Conversa Santiago Garcia Mantinan
>   Creo que vou cambia-las miñas traduccións de "tarxeta" por "placa",
> basicamente porque nunca me decatara do triste que resulta dicir "tarxeta".

Triste? :- non entendo, futbol cecais?

En fin, non sei a que tipo de tarxetas/placas te estas a referir, se son dun
ordenata para min a cousa está clara, placa so hai unha, mentres que
tarxetas hai varias, no inglés motherboard ou cards.

En fin, se son das de felicitacións ou das de presentación pois para min
tamén está claro, tarxetas.

A verdade, non sei en que senso poden ser intercambiables, agora mesmo
ademais da placa madre non se me ocorren ningunhas placas excepto as de xeo
e as dos polis e similares e tampouco nesos casos creo que haia dubida
algunha.

Saudos!
-- 
Manty/BestiaTester -> http://manty.net

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe


Tarxeta/Placa

2000-07-18 Conversa Jesus Bravo Alvarez
Ola,

Creo que vou cambia-las miñas traduccións de "tarxeta" por "placa",
basicamente porque nunca me decatara do triste que resulta dicir "tarxeta".
X-)

Se alguén quere dar algunha opinión que me convenza de unha ou
outra... (e non valen "si, porque placa o usan en portugués" e "non, porque
card en inglés é tarxeta") :-þ

-- 
 _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe