Re: discusión sobre que ten o glosario - barbarismo

2009-01-31 Conversa Leandro Regueiro
> Preguntabas
> "Por certo, que é un barbarismo?"
>
> Trátase dunha mestura inaceptábel -polos falantes- entre unha lingua
> estranxeira (bárbara) e a propia. En lingua distínguense dous tipos de
> situacións respecto á adopción de palabras: préstamos e interferencias. O
> préstamo é a adopción necesaria (ou sentida como tal) que segue, co tempo,
> un camiño de asimilación natural á lingua adoptiva.  Considérase positivo.
>
> A interferencia (léxica, semántica ou sintáctica) é unha mestura de
> características propias e alleas que produce unha nova forma  que resulta
> chocante porque rompe as "regras sistémicas" nalgún aspecto, no sentido de
> que pretende pasar por propio algo que non ten a forma de selo (falar coma
> un bárbaro :-)). Tamén porque se considera innecesario, xa que substitúe a
> forma propia por unha allea, por imitar o estranxeiro. Por iso son
> diferentes dos préstamos. Considérase negativo.
>
> barbarismo .- afecta a forma morfolóxica
>
>   *cliquear, *alocar, *pastear
>
> solecismo .- afecta a forma sintáctica
>
>   *Dicir que... (Quero dicir que.)
>   *E neste panel que se escolle o tipo de letra. (por "onde")
>
> Ambos son defectos tipicamente asociados aos que pretenden pasar por
> "cosmopolitas" sen saber. Tamén é certo que o vicio do solecismo é máis
> amplo e non afecta só aos barbarismos sintácticos.

Moitas grazas. Ainda que penso que no que é a discusión dos termos é
importante dispor desta información (para saber porque unhas
traducións son válidas e outras non, etc.), do lado do programa CAT só
temos que saber cales traducións e cales non, sen importar a razón (se
o tradutor ten dúbidas sempre poderia consultar a discusión no
servidor).


> P.S. Moi interesante o documento. Estamos traballando no case no mesmo. Para
> min que hai que simplificar.

Sobre todo no punto 6, ainda que tamén indiquei que habia varios
puntos que pode que sexan o mesmo. En realidade só fan falta unhas
quince caracteristicas para ter un glosario totalmente funcional.
Ademais haberá que incluir outras cousas que non temos no actual
glosario, coma unha ligazón á páxina da wikipedia, indicar en que
parte dun programa se pode atopar unha tradución dada... Por certo,
agradecerianse comentarios dos outros trasnegos.

Dis que estamos traballando case no mesmo? igual seria mellor que
uniramos os nosos esforzos.

Por se non o dixen xa, xuntámonos un certo grupo de persoas da lista
de Pootle e de fóra para discutir o tema dos glosarios, así que seria
moi recomendable que tiveramos pronto unha lista de cousas que deberia
soportar un futuro sistema servidor de glosarios para que sexa
amplamente aceptado pola comunidade de tradutores (forzando así ós
desenvolvedores dos programas CAT a adaptarse). Unha parte desas
cousas seria unha especificación completa das caracteristicas
necesarias no glosario.

Ata logo,
Leandro Regueiro


Re: discusión sobre que ten o glosario - barbarismo

2009-01-31 Conversa Antón Méixome

Leandro Regueiro escribiu:

Ola, envio un ficheiro no que intentei facer unha lista completa das
caracteristicas do noso glosario. Hai certas cousas que haberia que
discutir.

Decatádevos de que se imos rematar usando un sistema para xestionar a
terminoloxía (que non sexa a man) temos que definir que ten que ter o
glosario e como imos representar iso. Agora mesmo estase falando moito
de sistemas para manter a terminoloxía e seria interesante ter unha
lista dos nosos requirimentos para poder mostrarlles ós outros.

Ata logo,
Leandro Regueiro

Preguntabas
"Por certo, que é un barbarismo?"

Trátase dunha mestura inaceptábel -polos falantes- entre unha lingua 
estranxeira (bárbara) e a propia. En lingua distínguense dous tipos de 
situacións respecto á adopción de palabras: préstamos e interferencias. 
O préstamo é a adopción necesaria (ou sentida como tal) que segue, co 
tempo, un camiño de asimilación natural á lingua adoptiva.  Considérase 
positivo.


A interferencia (léxica, semántica ou sintáctica) é unha mestura de 
características propias e alleas que produce unha nova forma  que 
resulta chocante porque rompe as "regras sistémicas" nalgún aspecto, no 
sentido de que pretende pasar por propio algo que non ten a forma de 
selo (falar coma un bárbaro :-)). Tamén porque se considera innecesario, 
xa que substitúe a forma propia por unha allea, por imitar o 
estranxeiro. Por iso son diferentes dos préstamos. Considérase negativo.


barbarismo .- afecta a forma morfolóxica

   *cliquear, *alocar, *pastear

solecismo .- afecta a forma sintáctica

   *Dicir que... (Quero dicir que.)
   *E neste panel que se escolle o tipo de letra. (por "onde")

Ambos son defectos tipicamente asociados aos que pretenden pasar por 
"cosmopolitas" sen saber. Tamén é certo que o vicio do solecismo é máis 
amplo e non afecta só aos barbarismos sintácticos.


Saúdos,

Antón

P.S. Moi interesante o documento. Estamos traballando no case no mesmo. 
Para min que hai que simplificar.




discusión sobre que ten o glosario

2009-01-30 Conversa Leandro Regueiro
Ola, envio un ficheiro no que intentei facer unha lista completa das
caracteristicas do noso glosario. Hai certas cousas que haberia que
discutir.

Decatádevos de que se imos rematar usando un sistema para xestionar a
terminoloxía (que non sexa a man) temos que definir que ten que ter o
glosario e como imos representar iso. Agora mesmo estase falando moito
de sistemas para manter a terminoloxía e seria interesante ter unha
lista dos nosos requirimentos para poder mostrarlles ós outros.

Ata logo,
Leandro Regueiro


cousas_que_ten_o_glosario.pdf
Description: Adobe PDF document