> Preguntabas
> "Por certo, que é un barbarismo?"
>
> Trátase dunha mestura inaceptábel -polos falantes- entre unha lingua
> estranxeira (bárbara) e a propia. En lingua distínguense dous tipos de
> situacións respecto á adopción de palabras: préstamos e interferencias. O
> préstamo é a adopción necesaria (ou sentida como tal) que segue, co tempo,
> un camiño de asimilación natural á lingua adoptiva.  Considérase positivo.
>
> A interferencia (léxica, semántica ou sintáctica) é unha mestura de
> características propias e alleas que produce unha nova forma  que resulta
> chocante porque rompe as "regras sistémicas" nalgún aspecto, no sentido de
> que pretende pasar por propio algo que non ten a forma de selo (falar coma
> un bárbaro :-)). Tamén porque se considera innecesario, xa que substitúe a
> forma propia por unha allea, por imitar o estranxeiro. Por iso son
> diferentes dos préstamos. Considérase negativo.
>
> barbarismo .- afecta a forma morfolóxica
>
>   *cliquear, *alocar, *pastear
>
> solecismo .- afecta a forma sintáctica
>
>   *Dicir que... (Quero dicir que.)
>   *E neste panel que se escolle o tipo de letra. (por "onde")
>
> Ambos son defectos tipicamente asociados aos que pretenden pasar por
> "cosmopolitas" sen saber. Tamén é certo que o vicio do solecismo é máis
> amplo e non afecta só aos barbarismos sintácticos.

Moitas grazas. Ainda que penso que no que é a discusión dos termos é
importante dispor desta información (para saber porque unhas
traducións son válidas e outras non, etc.), do lado do programa CAT só
temos que saber cales traducións e cales non, sen importar a razón (se
o tradutor ten dúbidas sempre poderia consultar a discusión no
servidor).


> P.S. Moi interesante o documento. Estamos traballando no case no mesmo. Para
> min que hai que simplificar.

Sobre todo no punto 6, ainda que tamén indiquei que habia varios
puntos que pode que sexan o mesmo. En realidade só fan falta unhas
quince caracteristicas para ter un glosario totalmente funcional.
Ademais haberá que incluir outras cousas que non temos no actual
glosario, coma unha ligazón á páxina da wikipedia, indicar en que
parte dun programa se pode atopar unha tradución dada... Por certo,
agradecerianse comentarios dos outros trasnegos.

Dis que estamos traballando case no mesmo? igual seria mellor que
uniramos os nosos esforzos.

Por se non o dixen xa, xuntámonos un certo grupo de persoas da lista
de Pootle e de fóra para discutir o tema dos glosarios, así que seria
moi recomendable que tiveramos pronto unha lista de cousas que deberia
soportar un futuro sistema servidor de glosarios para que sexa
amplamente aceptado pola comunidade de tradutores (forzando así ós
desenvolvedores dos programas CAT a adaptarse). Unha parte desas
cousas seria unha especificación completa das caracteristicas
necesarias no glosario.

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a