Leandro Regueiro escribiu:
Ola, envio un ficheiro no que intentei facer unha lista completa das
caracteristicas do noso glosario. Hai certas cousas que haberia que
discutir.

Decatádevos de que se imos rematar usando un sistema para xestionar a
terminoloxía (que non sexa a man) temos que definir que ten que ter o
glosario e como imos representar iso. Agora mesmo estase falando moito
de sistemas para manter a terminoloxía e seria interesante ter unha
lista dos nosos requirimentos para poder mostrarlles ós outros.

Ata logo,
                    Leandro Regueiro
Preguntabas
"Por certo, que é un barbarismo?"

Trátase dunha mestura inaceptábel -polos falantes- entre unha lingua estranxeira (bárbara) e a propia. En lingua distínguense dous tipos de situacións respecto á adopción de palabras: préstamos e interferencias. O préstamo é a adopción necesaria (ou sentida como tal) que segue, co tempo, un camiño de asimilación natural á lingua adoptiva. Considérase positivo.

A interferencia (léxica, semántica ou sintáctica) é unha mestura de características propias e alleas que produce unha nova forma que resulta chocante porque rompe as "regras sistémicas" nalgún aspecto, no sentido de que pretende pasar por propio algo que non ten a forma de selo (falar coma un bárbaro :-)). Tamén porque se considera innecesario, xa que substitúe a forma propia por unha allea, por imitar o estranxeiro. Por iso son diferentes dos préstamos. Considérase negativo.

barbarismo .- afecta a forma morfolóxica

   *cliquear, *alocar, *pastear

solecismo .- afecta a forma sintáctica

   *Dicir que... (Quero dicir que.)
   *E neste panel que se escolle o tipo de letra. (por "onde")

Ambos son defectos tipicamente asociados aos que pretenden pasar por "cosmopolitas" sen saber. Tamén é certo que o vicio do solecismo é máis amplo e non afecta só aos barbarismos sintácticos.

Saúdos,

Antón

P.S. Moi interesante o documento. Estamos traballando no case no mesmo. Para min que hai que simplificar.

Responderlle a