Re: [Tradutores-Ubuntu] Internet Media

2009-10-03 Por tôpico Miguel Bouzada
Queda entón:

Internet Media → Soporte na Internet
Permanent Sources → Recursos locais

-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_min...@conf.jabberes.org
-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Re: [Tradutores-Ubuntu] Internet Media

2009-10-03 Por tôpico damufo
Boas:

Antón Méixome escribiu:
 2009/10/2 Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com:
 Adrián Chaves Fernández escribiu:
 Pois iso, suxiro: podería ser soporte na Internet
 eu poría interné (como carnet-carné)
 Eu poría soporte na rede ou soporte na internet (stop-stop)
 INMO
 Stop-alto, parar..., outra cousa é a simbolxía internacional.
 Eu tendo as formas regulares, será porque teño mala memoria e éme máis
 doado aprender regras xerais que casos concretos. ¿?
 Cousas como: licenza, diferenza, graza... preferencia Rompemme!! =(
 Falando de regras xerais, cústame crer que haxa máis exemplos de «-za» que de
 «-cia». Pero certamente non o sei. Case sempre recurro ao dicionario para
 saber en que caso estou.

 Que va, o normal é -cia, os casos de -za son contados (un feixe pero
 fixos e que están moi documentados na historia da lingua). Quero dicir
 que se tes que crear unha palabra nova faralo con -cia e non con -za,
 este último está digamos conxelado - falo da Normativa oficial,
 claro-. E si, eu tamén vou ao dicionario porque o léxico patrimonial é
 casuístico.
 
 Non ten nada que ver o caso de carné ( fr. carnet, caderno) co da
 Internet (en. Internet inter rede ), nin en orixe, nin na súa
 presencia entre nós. Internet é un nome propio, non un substantivo
 común - por iso debe escribirse con maiúscula-. No futuro seguro que
 se normaliza pero aínda non. O que moita xente non sabe é que
 escribir *carnet en castelán non é correcto. E que en galego tamén se
 di balé ( fr. ballet). Se admitimos interné, porque non
 internés?...
 
Grazas pola aclaración. Así da gusto.

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

[Tradutores-Ubuntu] Internet Media

2009-10-02 Por tôpico Miguel Bouzada
En Moovida teño unha dubida e un disaster mental co termo Internet
Media.

https://translations.launchpad.net/elisa/1.0/+pots/elisa-plugin-poblesec/gl/+translate?start=180batch=10show=untranslatedfield.alternative_language=field.alternative_language-empty-marker=1old_show=all

Contextualizo:
Internet Media Internet Media, refirese ó emprego do fornecido pola rede
como un medio/dispositivo/soporte unha interpretación moi literal sería
Dispositivo (de/en) internet/rede.
sobre
Permanent Sources
Refírese ós dispositivos/medios/recursos fixos da máquina que opera de Media
Center.

Algunha suxestión ??
-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_min...@conf.jabberes.org
-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Re: [Tradutores-Ubuntu] Internet Media

2009-10-02 Por tôpico Antón Méixome
2009/10/2 Miguel Bouzada mbouz...@gmail.com:

Recursos en soporte local

2009-10-02 Por tôpico damufo

Adrián Chaves Fernández escribiu:
 Pois iso, suxiro: podería ser soporte na Internet
 eu poría interné (como carnet-carné)
 
 Eu poría soporte na rede ou soporte na internet (stop-stop)
INMO
Stop-alto, parar..., outra cousa é a simbolxía internacional.
Eu tendo as formas regulares, será porque teño mala memoria e éme máis 
doado aprender regras xerais que casos concretos. ¿?
Cousas como: licenza, diferenza, graza... preferencia Rompemme!! =(

 sobre
 Permanent Sources
 Refírese ós dispositivos/medios/recursos fixos da máquina que opera de
 Media Center.
 Recursos en soporte local
 
 Eu mesmo poría simplemente Recursos locais.