Ola, Moitas grazas pola revisión e suxestións! Corrixín con suxestións no Launchpad as indicacións de Miguel (as marcadas con OK), agás algunhas que non teño claras e comento a seguir:
> > Suxestions: > 1001 Manage and view all kinds of fonts. → Xestionar e visualizar todos os > tipo de letras. Ao final escollín "Xestionar e visualizar todo tipo de fontes." para o orixinal "Manage and view all kinds of fonts." porque me pareceu que recollía mellor a función do Fonty Python (nome simpático ;-)). Xa que se trata dun xestor de fontes que anuncia como vantaxe a posibilidade de manexar moitos formatos distintos de fontes (TrueType, OTF, Font1, etc) pareceume conveniente esta tradución, que recolle precisamente ese sentido. > 1010 Fingerprint scanning demonstration → Demostración de exploración de > pegadas dixitais > Neste punto hai discusión, eu creo que é "pegada dactilar" xa que considero > a pegada dixital como froito dun proceso "duxital" O dicionario de Ir Indo dá acepcións para dixital e dactilar que os fan sinónimos (relativo aos dedos). Busquei "Pegada dixital" e "Pegada dactilar" en Google e é moi maioritaria a primeira opción, por iso a elixín. A verdade é que á parte do criterio de difusión (que pode non querer dicir nada), non teño outro criterio, como vexades. > 1036 a free environment for rapid engineering and scientific prototyping and > data processing. → un contorno libre para facer enxeñaría rápida, construír > prototipos científicos e procesar datos. Escollín ambiente en vez de contorno por ser a opción recomendada no glosario de Trasno. Se preferides "contorno", sen ningún problema. De feito é o que uso habitualmente no traballo. > 1043 A free frontend to online translator engines → Interface libre para > motores de tradución en liña OK > 1050 → Atención ó espazo inicial (o final parece que está) OK > 1054 Realtime audio processor based on frequency spectral manipulation → > Procesador de son en tempo real baseado na manipulación espectral da > frecuencia OK > 1058 Pop out the bubbles ! → Estoupe as burbullas! (unha soa admiración) OK > 1060 File System Lint → Lint para sistemas de ficheiros (?) # FSlint is a > toolkit to clean filesystem lint. A verdade é que "Lint" é un pouco difícil de traducir! Pensei que se trataba dunha "versión" de lint para o sistema de ficheiros (en plan símil, quero dicir), pero pode que teña máis que ver coa acepción real de "lint" (in: fíos,fibras, no fondo ven de liño). Ou aínda mellor, co aparato para sacar os fíos que se che quedan pegados á roupa, xa sabedes, esa especie de cepillo ao que se quedan pegados os fíos. Por exemplo: http://forum.wordreference.com/showthread.php?t=945798 Se non é por aí, non lle encontro outra relación. Resumindo, nin idea de que pinta "lint" nesa descrición. > 1066 Un xogo «arcade» de disparos, con desprazamento lateral, nun barco de > vapor # ó non traducirse, entrecomñando con latinas creo que queda máis > nídio (só é unha opinión) OK > 1098 Find Synonyms and Homonyms → (Buscar ou Atopar) sinónimos e homónimos OK > 1101 Gajim Instant Messenger → Mensaxeiro instantáneo (Mensaxería -non sei > se é correcto- instantánea) Gajim OK > 1108 Alternatives Configurator → eu traduciríao OK > > Xa non vexo máis... en xeral pareceme ben, como ves, son máis "maneiras" > persoais que outra cousa > > Eu non modifiquei nada, por si alguén máis quere ver o teu traballo tal e > como tu o fixeches > > MB > > >> >> >> 2009/5/12 Miguel Bouzada <[email protected]>: >> > 2009/5/12 damufo <[email protected]> >> > >> >> Boas: >> >> >> >> Miguel Bouzada escribiu: >> >> > 2009/5/11 Xosé Antonio Rubal López <[email protected]> >> >> > >> >> >> Ola, >> >> >> >> >> >> De acordo, apúntome a esta tradución. Propón ti un rango de liñas xa >> >> >> que comezaches e sabes por onde vas e xa me poño. >> >> > >> >> > >> >> > Propoño que comeces na liña 1000, así imos cada un de mil en mil. >> >> > >> >> > Suxiroche que antes votes unha ollada a tradución ó castelán, máis que >> >> nada >> >> > para que teñas máis claro cal é o "criterio Ubuntu" especialmente no >> que >> >> > atinxe a NON tradución do nome dos programas. >> >> > Outra cousa importante, ou iso creo eu, é que en moitos casos as >> >> > descripcións hai que "redactalas de novo" xa que a tradución (mais ou >> >> menos) >> >> > literal as veces deven en algo inintelixible (as veces axuda ver a web >> do >> >> > proxecto particular da aplicación de referencia). Tamén ter en conta >> >> cousas >> >> > como "plugin → complemento", >> >> >> >> segundo o glosario de trasno >> >> http://www.trasno.net/trasno:glosario >> >> >> >> plug-in >> >> >> >> 1. n.m. engadido (recomendada) >> >> 2. n.f. extensión >> >> 3. n.m. módulo >> > >> > >> > Corrixido plugin/plug-in → Engadido >> > >> > >> >> >> >> ollo as extensions e ós complementos que as >> >> > veces liámonos :-) e tamén "widget → trebello" (ver o glosario de >> trasno) >> >> as >> >> > veces widget traducese tamén por "mini aplicación". >> >> > >> >> > Botalle un ollo as liñas que levo traducidas (pouco máis de 100) a fin >> de >> >> > procurar a máxima homoxeneidade. E tomao con calma, xa que esta é unha >> >> > aplicación bastante complexa e sempre fun da idea de que mellor pouco >> e >> >> ben >> >> > que moito e daquela maneira... >> >> > >> >> > >> >> >> Unha cuestión engadida. No curso pasáronos as memorias de tradución >> de >> >> >> Gnome, Open Office, Firefox, etc pero non as gardei. Pódense baixar >> de >> >> >> algún sitio? >> >> >> >> >> >> Grazas. >> >> >> >> >> >> 2009/5/11 Miguel Bouzada <[email protected]>: >> >> >>> 2009/5/11 Xosé Antonio Rubal López <[email protected]> >> >> >>> >> >> >>>> Ola, >> >> >>>> >> >> >>>> Preséntome á lista: son Xosé Antonio Rubal, subscribinme no curso >> de >> >> >>>> localización que se impartiu estes días na USC así que son un dos >> 24 >> >> >>>> candidatos baixo suspeita ;-) >> >> >>>> >> >> >>>> Estiven traducindo algún arquivo (o welcome do paquete >> >> >>>> ubuntu-installation) e quería seguir facendo algunha contribuión. >> Non >> >> >>>> sei se no grupo tedes algunha prioridade á hora de escoller os >> >> >>>> paquetes nos que centrar esforzos ou se queredes que axude con >> algunha >> >> >>>> tradución en particular. >> >> >>>> >> >> >>>> Se alguén quere que lle bote unha man nalgún paquete en concreto >> estou >> >> >>>> disposto a axudar, senón escollerei algún do meu gusto. >> >> >>> >> >> >>> Non sei que animos terás, eu comececei a traducion de : >> >> >>> >> >> >> >> >> >> https://translations.launchpad.net/ubuntu/jaunty/+source/app-install-data-ubuntu/+pots/app-install-data/gl/+translate?start=50 >> >> >>> Que é o "Engadir/Quitar" do menú. son "só" :-) 4000 liñas... >> >> >>> >> >> >>> A verdade é que vou lento, xa que son liñas compelxas, pois a >> maioría >> >> son >> >> >>> definicións de aplicacións e iso, as veces, non é doado, ademáis >> >> >> empreganse >> >> >>> moitas palabras "en discordia". >> >> >>> >> >> >>> Engadido a iso circunstancias personais... pero creo que é algo que >> >> >> "urxe" >> >> >>> (ou así mo parece) traducir >> >> >>> >> >> >>> Se te animas, marca unha posición (liña) para comezar e falamos por >> >> aquí >> >> >>> calquera dúbida ou consulta a glosarios. Digo de marcar unha >> posición >> >> >> para >> >> >>> non estar a traballar un a cabalo de outro. >> >> >>> >> >> >>> MB >> >> >>> >> >> >>>> >> >> >>>> -- >> >> >>>> Saúdos, >> >> >>>> >> >> >>>> Xosé Antonio Rubal. >> >> >>>> >> >> >>>> -- >> >> >>>> Ubuntu-l10n-gl mailing list >> >> >>>> [email protected] >> >> >>>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl >> >> >>>> >> >> >>> >> >> >>> >> >> >>> -- >> >> >>> "Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, >> .xls, >> >> >> .xlsx, >> >> >>> .ppt, .pptx >> >> >>> >> >> >>> Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala >> >> >>> [email protected] >> >> >>> -- >> >> >>> Ubuntu-l10n-gl mailing list >> >> >>> [email protected] >> >> >>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl >> >> >>> >> >> >> >> >> >> >> >> >> -- >> >> >> Saúdos, >> >> >> >> >> >> Xosé Antonio Rubal. >> >> >> >> >> >> -- >> >> >> Ubuntu-l10n-gl mailing list >> >> >> [email protected] >> >> >> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl >> >> >> >> >> > >> >> > >> >> > >> >> >> >> -- >> >> Ubuntu-l10n-gl mailing list >> >> [email protected] >> >> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl >> >> >> > >> > >> > >> > -- >> > "Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, >> .xlsx, >> > .ppt, .pptx >> > >> > Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala >> > [email protected] >> > -- >> > Ubuntu-l10n-gl mailing list >> > [email protected] >> > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl >> > >> >> >> >> -- >> Saúdos, >> >> Xosé Antonio Rubal. >> >> -- >> Ubuntu-l10n-gl mailing list >> [email protected] >> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl >> > > > > -- > "Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx, > .ppt, .pptx > > Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala > [email protected] > -- > Ubuntu-l10n-gl mailing list > [email protected] > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl > -- Saúdos, Xosé Antonio Rubal. -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
