2010/3/22 Enrique Estévez Fernández <[email protected]>: > Boas anexo unha serie de erros atopados en Ubuntu. > > Na captura de pantalla: Corrixir_tradución_f-spot.png, a cadea "Acaba > de inserir un soporte con fotos dixitais". Non debería ser soporte, > senón medio, se non recordo mal un fío de discusión no que se falaba > de que soporte tiña unha serie de acepcións e cando se refería > concretamente a soporte dixital, debería ser medio.
Non lembro tal. Eu sempre pensei que era ao revés. > Na captura de pantalla: ficar_xestor_actualización.png. A cadea "O > sistema está a ficar sen batería". Non sei se é correcto de todo a > tradución ficar, eu poría quedar, pero vos diredes. Eu poría "A batería estase esgotando." > Na captura Posíbel-fallo-Ubuntu-Tweak.png. Creo que a cada que se va > na imaxe, xusto onde está o punteiro do rato, "Asegura que as alarmas > postas en Evolution se apaquen o momento axeitado". Paréceme ler que > pon "apaquen" e debería ser "apaguen", na interpretación que fago eu > da mensaxe. As alarmas desactívanse, non? > Na captura de pantalla software_propertities.png. Esta xanela saíu > cando engadín unha fonte de software, cando pechas o aplicativo se hai > cambios nos repositorios sae esa xanela. En si non hai fallo pero si > unha desviación respecto ao estilo que se está a empregar. Aparece > dispoñible e debería aparecer dispoñíbel. > > Na pantalla Upgrade_lucid.png. En si fallo tampouco hai, pero pódedes > comprobar que no queda ben o que di. > > Eliminaranse ... Instalaranse ... Anovaranse ... > > Ou debería ir en diferentes liñas ou deberían ir en minúsculas e > separadas por comas e a última pola conxunción "e". Non sei se pode, > pero quedaría mellor como mensaxe informativa para o usuario. Tes razón. Por outra parte isto de "Eliminaranse" sempre tendo a poñelo como "Vanse eliminar" e sempre tiven a dúbida de se era correcto, e incluso de era aceptable. -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
