Ola! 2010/3/22 Enrique Estévez Fernández <[email protected]>
> Boas anexo unha serie de erros atopados en Ubuntu. > > Na captura de pantalla: Corrixir_tradución_f-spot.png, a cadea "Acaba > de inserir un soporte con fotos dixitais". Non debería ser soporte, > senón medio, se non recordo mal un fío de discusión no que se falaba > de que soporte tiña unha serie de acepcións e cando se refería > concretamente a soporte dixital, debería ser medio. > Podes dar o asunto dese fío? Exactamente en que acepción de "medio" en galego (e en que dicionario) estás pensando cando dis iso? A acepción de "soporte" que parece que se adecúa perfectamente a esa tradución é: *3****s* *m* *INFORM*** Medio físico que se emprega para gravar información (digalego) Eu nesa captura vexo outras cousas que habería que corrixir: *Elixir que aplicativo hai que executar. > Elixe/Elixa que aplicativo hai que executar. Inconsistencia de formalidade: Acaba de inserir... (2ª persoa formal) vs. Selecciona... (2ª persoa informal) ( acaba & seleccione ) | ( acabas & selecciona ) Na captura de pantalla: ficar_xestor_actualización.png. A cadea "O > sistema está a ficar sen batería". Non sei se é correcto de todo a > tradución ficar, eu poría quedar, pero vos diredes. > É correctísimo, só tes que consultar calquera dicionario ou o VOLGA para comprobalo. Porén, estou de acordo coa suxestión de Leandro (non para evitar o verbo ficar, senón pola construción en si). > > Na captura Posíbel-fallo-Ubuntu-Tweak.png. Creo que a cada que se va > na imaxe, xusto onde está o punteiro do rato, "Asegura que as alarmas > postas en Evolution se apaquen o momento axeitado". Paréceme ler que > pon "apaquen" e debería ser "apaguen", na interpretación que fago eu > da mensaxe. > Eu nesa captura vexo outras cousas que habería que corrixir: Proporciona *notificiacións relacionadas co disco > Proporciona notificacións relacionadas co disco Non se pasou o corrector ortográfico? ;) Presumíbel inconsistencia (3ª persoa vs. Infinitivo vs. 2ª persoa formal): Proporciona... / Asegura... vs. Comprobar... vs. Configure Supoño que neste caso todos deberían ser 3ª persoa, ou 2ª. > Na captura de pantalla software_propertities.png. Esta xanela saíu > cando engadín unha fonte de software, cando pechas o aplicativo se hai > cambios nos repositorios sae esa xanela. En si non hai fallo pero si > unha desviación respecto ao estilo que se está a empregar. Aparece > dispoñible e debería aparecer dispoñíbel. > > Na pantalla Upgrade_lucid.png. En si fallo tampouco hai, pero pódedes > comprobar que no queda ben o que di. > > Eliminaranse ... Instalaranse ... Anovaranse ... > > Ou debería ir en diferentes liñas ou deberían ir en minúsculas e > separadas por comas e a última pola conxunción "e". Non sei se pode, > pero quedaría mellor como mensaxe informativa para o usuario. > > Eu diría que faltan os puntos a final de frase. Tamén vexo: x horas y minutos > x horas *e* y minutos x día y horas > x día *e* y horas e tamén varios espazos duplos antes desas cifras. Non é moi importante pero expreso a miña dúbida (non teño o orixinal) sobre: Para instalar software e actualizacións de fontes engadidas hai pouco ou modificadas terá que recargar a información sobre o software dispoñible. Igual está ben pero pode ser "de fontes engadidas ou modificadas hai pouco" ? Un saúdo, Manuel -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
