>> Lástima que non teñamos un equipo de publicistas tan eficaz como o de >> tradución. > > Quero dicir... alguén se anima a facer unhas gráficas xeitosas con eses datos?
Quizais sexa debido a isto que obteñamos mellores resultados na tradución, porque toda a nosa xente se dedica a traballar. Seguro que en outros grupos teñen xente que se dedica a crear novas, manter webs, e todo iso que nós non facemos tan ben. Quédame dicir que isto de que sexamos poucos e se obteñan mellores resultados que por exemplo os cataláns non é algo novo xa que ven sendo así dende hai unha chea de anos, incluso dende antes de poñerme eu a traducir. O da gráfica sería interesante. E ademais sería outro dato para documentar a nosa "historia" :) En todo caso os meus parabéns a todos os "culpables" :) -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
