Cambio ningún, hoxe en día Unity está traducido ao galego e é Software Libre.
Que cambien a Unity non supón máis que cambiar un aplicativo de GNOME (GNOME Shell), o resto de aplicativos forman parte de GNOME. A min este cambio de paradigma nas interfaces de usuario non me convence nada, ademais de ser moi moi arriscado. Conste que non me sinto cómodo tanto co cambio de paradigma de Unity como co de GNOME Shell. Cicais o que poida supoñer a killer feature sexa a integración total con Zeitgeist tanto de Unity como de GNOME Shell. Veremos como avanzan os acontecementos e como nos adaptamos a este cambio tan grande no noso escritorio. Quero entender que en 2 anos estaremos preguntándonos como puidemos traballar na interface que temos hoxe en día... Saúdos -- Fran Dieguez Coordinator of Galician translators team of GNOME and Ubuntu Trasno Association (www.trasno.net) O Mér, 27-10-2010 ás 09:13 +0200, Anton Meixome escribiu: > http://www.omgubuntu.co.uk/2010/10/ubuntu-11-04-unity-default-desktop/ > > Creo que debemos pensar que facer dada esta situación. Non sei cal > será a afectación para a localización > > Saúdos, > > Antón > > -- > Leader of openOffice.org GL > http://gl.openoffice.org > -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
