Outra na mesma liña.

http://www.omgubuntu.co.uk/2010/10/banshee-becomes-ubuntu-11-04-default-music-player/

Banshee é un aplicativo de Novel. Recóllese como extra en Gnome. Agora
pasa a ser predeterminado en Ubuntu. Non é un reprodutor de música
como Rtythmbox senón multimedia e promociona a Last.fm que é de pago.
Bótanlle a culpa aos desenvolvedores...os desenvolvedores son os
malos? ... ou é Canonical a responsable?

Votos da xente:

Banshee 48.63% (1,899 votes)
Rhythmbox 51.37% (2,006 votes)



2010/10/27 damufo <dam...@gmail.com>:
> Boas
>
> En 2010/10/27 12:11, Anton Meixome escribiu:
>> 2010/10/27 damufo<dam...@gmail.com>:
>>>
>>>
>>> En 2010/10/27 10:16, Fran Dieguez escribiu:
>>>> Cambio ningún, hoxe en día Unity está traducido ao galego e é Software
>>>> Libre.
>>>>
>>>> Que cambien a Unity non supón máis que cambiar un aplicativo de GNOME
>>>> (GNOME Shell), o resto de aplicativos forman parte de GNOME.
>>>>
>>>> A min este cambio de paradigma nas interfaces de usuario non me convence
>>>> nada, ademais de ser moi moi arriscado. Conste que non me sinto cómodo
>>>> tanto co cambio de paradigma de Unity como co de GNOME Shell.
>>>>
>>>> Cicais o que poida supoñer a killer feature sexa a integración total con
>>>> Zeitgeist tanto de Unity como de GNOME Shell.
>>>>
>>>> Veremos como avanzan os acontecementos e como nos adaptamos a este
>>>> cambio tan grande no noso escritorio. Quero entender que en 2 anos
>>>> estaremos preguntándonos como puidemos traballar na interface que temos
>>>> hoxe en día...
>>>>
>>>> Saúdos
>>>
>>> E isto cando está a piques de saír o Gnome 3.0!!
>>> Non entendo esta decisión.
>>> En fin...
>>>
>>
>> Máis que o feito en si, a min o que me preocupa é que esteamos
>> expostos a decisións estratéxicas nas que non temos peso ningún. Non
>> falo de usuarios, falo da comunidade de tradutores de Ubuntu (xa sei
>> que permanece a opción de elixir escritorio para o usuario). Por
>> exemplo iso chafa iniciativas como o desenvolvemento de manuais de
>> instalación, ou a solidez dun proceso de migración institucional ou de
>> difusión social, por exemplo. Compensa?
>>
>> Poño outro exemplo: Ubuntu cambia OOo.org por Libreoffice sen
>> preguntar nada, a ninguén, e iso, aínda que nese caso sexa unha
>> decisión de caixón, ten que ser asumido así, como feito consumado
>> unilateral. Hai moitas razóns para apoiar ese cambio en Ubuntu... por
>> que non se informa delas? Por que se actúa polas bravas sen intentar
>> sequera un convencemento, unha dirección racional? Non me molesta que
>> Canonical teña a iniciativa pero si me molesta a desconsideración
>> sobre o traballo voluntario... como se fósemos empregados ou súbditos.
>>
>> Sinto que así resulta difícil crer que podemos controlar o esforzo
>> estratéxico da comunidade galega de priorización dun escritorio, o de
>> Ubuntu, por ser o máis accesible. O único positivo é que se anuncia
>> (daquela maneira) con bastante tempo de anticipación. Ao mellor hai
>> que repensar dirección de traballo.
>>
>> Gustaríame ver as vosas ideas neste sentido.
>>
>> Antón
>>
> Boas:
>
> En xeral concordo.
>
> Penso que hai que darlle unha oportunidade a Libreoffice pero vexo
> prematuro que ubuntu xa o leve na seguinte versión, certo que non é unha
> LTS aínda así penso que tería que ter esperado máis e falado o tema co
> voluntariado.
>
> Non sei se algunha vez se debateu ou falou o de centrarse ou non nunha
> distribución. Nin sei se é/sería bo facelo agora.
>
> Por outra banda eu separaría mundo empresarial/educación de particulares.
>
> Un quere máis estabilidade que outro e polo tanto poida que
> distribucións distintas, ou non, xa que para iso están as LTS.
>
> Sinto non ter ideas.
>
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responder a