Estou totalmente de acordo contigo porén deberías escribir isto nun dos bugs de launchpad.
Pode que sexa moi aclaratorio. Ou incluso eu enviaríallo a Jono Bacon. Existen bastantes precedentes en Ubuntu en que certas decisións «polas bravas» se tumbaron por opinións da comunidade. Saúdos -- Fran Dieguez Coordinator of Galician translators team of GNOME and Ubuntu Trasno Association (www.trasno.net) O Mér, 27-10-2010 ás 12:11 +0200, Anton Meixome escribiu: > 2010/10/27 damufo <[email protected]>: > > > > > > En 2010/10/27 10:16, Fran Dieguez escribiu: > >> Cambio ningún, hoxe en día Unity está traducido ao galego e é Software > >> Libre. > >> > >> Que cambien a Unity non supón máis que cambiar un aplicativo de GNOME > >> (GNOME Shell), o resto de aplicativos forman parte de GNOME. > >> > >> A min este cambio de paradigma nas interfaces de usuario non me convence > >> nada, ademais de ser moi moi arriscado. Conste que non me sinto cómodo > >> tanto co cambio de paradigma de Unity como co de GNOME Shell. > >> > >> Cicais o que poida supoñer a killer feature sexa a integración total con > >> Zeitgeist tanto de Unity como de GNOME Shell. > >> > >> Veremos como avanzan os acontecementos e como nos adaptamos a este > >> cambio tan grande no noso escritorio. Quero entender que en 2 anos > >> estaremos preguntándonos como puidemos traballar na interface que temos > >> hoxe en día... > >> > >> Saúdos > > > > E isto cando está a piques de saír o Gnome 3.0!! > > Non entendo esta decisión. > > En fin... > > > > Máis que o feito en si, a min o que me preocupa é que esteamos > expostos a decisións estratéxicas nas que non temos peso ningún. Non > falo de usuarios, falo da comunidade de tradutores de Ubuntu (xa sei > que permanece a opción de elixir escritorio para o usuario). Por > exemplo iso chafa iniciativas como o desenvolvemento de manuais de > instalación, ou a solidez dun proceso de migración institucional ou de > difusión social, por exemplo. Compensa? > > Poño outro exemplo: Ubuntu cambia OOo.org por Libreoffice sen > preguntar nada, a ninguén, e iso, aínda que nese caso sexa unha > decisión de caixón, ten que ser asumido así, como feito consumado > unilateral. Hai moitas razóns para apoiar ese cambio en Ubuntu... por > que non se informa delas? Por que se actúa polas bravas sen intentar > sequera un convencemento, unha dirección racional? Non me molesta que > Canonical teña a iniciativa pero si me molesta a desconsideración > sobre o traballo voluntario... como se fósemos empregados ou súbditos. > > Sinto que así resulta difícil crer que podemos controlar o esforzo > estratéxico da comunidade galega de priorización dun escritorio, o de > Ubuntu, por ser o máis accesible. O único positivo é que se anuncia > (daquela maneira) con bastante tempo de anticipación. Ao mellor hai > que repensar dirección de traballo. > > Gustaríame ver as vosas ideas neste sentido. > > Antón > > > > -- > > Ubuntu-l10n-gl mailing list > > [email protected] > > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl > > > > > > -- > Leader of openOffice.org GL > http://gl.openoffice.org > -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
