Ben, semella que imos avanzando nesta posta en común. Dende logo, cousas
coma ista sobran:

Xabi G. Feal escrebeu:
> Serías logo un policía fóra de servicio dirixindo o tráfico?
> 

Por que tenden a entenderse como ataques personais, por moito que se
plantexen de forma retórica. Estou seguro que a leitura destes dous
documentos resolverá as túas dúbidas; e no caso de que non sexa así, o mais
eficaz será que me escrebas en privado mantendo á lista a marxe dunha
cuestión que en última instancia é personal:

http://help.riseup.net/policy/social-contract/
https://docs.indymedia.org/view/Global/WhoTookAhimsa

> Non dixen nada acerca de si gusto ou non do proceso de creación da lista, 
> moito menos de que non guste da propia creación. Ao contrario, paréceme ben.

Dacordo entón.

> Só simpaticei con Jacobo polo feito que houbo de non contar con el ao 
> principio.
> 

É posibel que no mundo privativo, ou noutras comunidades de software sexa
preciso "pedirlle permiso" a alguén para tomar a iniciativa de crear unha
lista de correo. En Debian ese alguén é a comunidade:

http://www.debian.org/MailingLists/HOWTO_start_list.pt.html

e hai que seguir as pautas que a comunidade emprega para funcionar. Hai
miles de paquetes e un número indeterminado de tradutores: por eso non ten
sentido pedirlle permiso a ninguén en concreto. O que se fai é plantexar
a iniciativa á comunidade e iso é o que eu fixen. Ademais, contactei con
Jacobo cando así o suxeriu a comunidade que, despois de escoitar o que
él tiña que dizer, asentiu en crear a lista.

Por tanto, se simpatizas con Jacobo Tarrío paréceme moi ben, pero non
empregues iso para criticar cómo se fixeron as cousas, por que eu fixen 
exactamente o que indica a documentación e seguín os pasos que me
suxeriu a comunidade.

> Isto non é un "flame". Isto é como dixen no primeiro parágrafe unha 
> necesidade 
> de obter máis información da que se dá normalmente cando as iniciativas veñen 
> de enriba. Sinto que notes outra cousa. 
> 
> Non dixen que esa xente fora de mancomún, senón que estaba vencellada dalgún 
> xeito ao proxecto. Non teño gañas de facer unha tese que o demostre por 
> preguiza e desencanto. Que esa xente teña capacidade de influencia nas 
> decisións de goberno nestes aspectos non é para min unha boa nova, nin 
> sequera un sinal de que o Proxecto Mancomún cuaxa entre a comunidade, senón 
> de que se están creando ligazóns pechadas, restrictivas, entre usuarios, 
> emprendedores e políticas de goberno que evitan que o proxecto se abra cara a 
> toda a comunidade e responda, pola contra, a intencións moi determinadas.
> 
> Non hai ningunha pelexa. Sempre houbo críticas e estou farto de que se fale 
> da 
> crítica como dunha acción destructiva no canto de construtiva. As críticas 
> (quen non lembra un libriño de nome Crítica da razón pura) son necesarias. 
> 
> Paréceme temerario que aínda por riba se fale de accións de boicote ou 
> críticas destructivas dende a comunidade (neste caso só eu) cando se están a 

> repetir os erros de sempre.
  ^^^^^^^^^^^^^^^^^^^^^^^^^^^

Esto é interesante: tes identificado erros que ao parecer sempre se
repiten. Creo que sería moi positivo que os descrebas e que identifiques
quen exactamente está a cometelos; así entre todos correxiremos esos
bugs.

>  Os que teñen máis que perder somos nós, os que 
> traducimos por libre dende vai moito máis tempo, os que traballamos por 
> desinterese e vemos como as iniciativas de goberno non nos teñen en conta. 
> ¿Será só unha impresión miña? ¿Cres que isto nos anima a traballar?
>

Vale. Entón se o entendín ben, plantexas que o goberno galego -ou alomenos
as áreas do goberno galego que están amosando un maior compromiso co software
libre- están a facelo mal. Moi ben. Xa emitiches a crítica: agora, por favor,
falta que fagas a proposta. E por tanto:

Cal é exactamente a túa proposta para que o goberno galego faga ben as cousas
en relación á tradución do software libre?

-- 
Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información
Consellaría de Innovación e Industria             Xunta de Galicia 
Praza de Europa, nº 10 - A, 6ºB       15707 Santiago de Compostela
(0034) 638035310 (343820)/ Fax: 981957863  <suso.baleato en xunta.es>

Responderlle a