> Suso Baleato escribiu:
>> Boas,
>>
>> Hoxe entérome de que traducín Ubuntu; igual mañá esperto descubrindo
>> que traducín tamén o Windows Vista... en fin.
>>
>> Para que non haxa dúbida nengunha: confirmar que o tema Ubuntu eu nin o
>> mencionei na entrevista que me fixeron, alén de que eu sempre recoñezo
>> explícitamente as contribucións a quen as fai, e para mostra un botón da
>> última:
>>
>> http://www.openoffice.org/issues/show_bug.cgi?id=106392
>>
>> Desde logo queda claro que o aspecto da comunicación é algo que temos que
>> mellorar nos proxectos de software libre; se estas cousas pasan con Ubuntu,
>> que é coñecido, non quero imaxinar o que pode pasar coas ducias de pequenos
>> proxectos que hai por ahí... tamén queda claro que hai determinadas personas
>> dispostas a intoxicar difundindo mentiras e bulos e como este: ese tipo de
>> actitudes destructivas só sirven para crear confusión e dividir á comunidade.
>>
>> Alá cada quen coa súa conciencia e co seu karma; pero que ninguén pretenda
>> facerme responsabel do que escreba un xornalista sobre min ou sobre os
>> proxectos nos que eu colaboro, como é o caso de g11n.net.
>>
>> Saúdos,
>
> Quero engadir ao dito, e poñendo o contexto a esta manipulación:
>
> "A autoxestión e a independencia coa que nace G11n.net é un xeito de
> asegurar a supervivencia da súa actividade, "con independencia do que
> fagan os gobernos", explica Suso Baleato. "Aínda que prohibisen o
> galego, o noso traballo seguiría existindo, é unha iniciativa privada".
> A infraestrutura xa está montada e o traballo previo preservado. Agora
> só queda que a comunidade de tradución faga uso desa plataforma que, á
> súa vez, recabe o apoio de máis persoas voluntarias."
>
> Infraestructura, señores, infraestructura. E autoxestión, e "será o que
> a xente quera". En base a unhas preguntas e respostas, A REDACCIÓN FANA
> OS PERIODISTAS, NON OS ENTREVISTADOS.
>
> Tamén din: "Sorprendendeunos a falta de mobilización dos grupos de
> tradución", asegura Prieto.
>
> Aseguro (creredes ou non), de que mencionei como parte da reacción a
> carta postal á secretaria xeral e a creación da asociación de Trasno.
> Mais, novamente, a redacción fana os periodistas.
>
> Mais:
>
> "Baleato considera que o papel de Mancomún no referente á tradución de
> software "xa é un peso morto", e que xa está cumprido".
>
> Eu levo tempo dicindo o mesmo, pero con outras palabras: o PP non aposta
> polo SwL, e moito menos polo galego; así que van deixar morrer mancomún
> por inanición. E tamén dixen sempre que o mancomún de dentro de dous
> anos, nada terá que ver co actual: non pasará de ser un web de novas.
> Ese é o convencemento que nos levou a algunha xente a poñer en marcha
> unha alternativa autoxestionada posta a disposición dos individuos e
> colectivos que queran facer uso dela.

Quero indicar dúas cousas:

1) así é a forma máis rápida de conseguir que un tradutor se queime, e
xa que non somos moitos mellor non queimar a ninguén, que por
intervencións de certas persoas xa se nos foron antes tradutores
valiosos.

2) todos sabemos que os periodistas redactan, terxiversan e todo iso,
pero non creo que inventaran todo e tamén creo que o sacaron de
algures.

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a