> > Pois para ter o software en galego (todo o que se poida traducir, erros
> > incluídos).
> 
> Cuasi-Mentira, traducimos para que o usuario entenda mellor a interface
> que ten diante sen ter que aprender idiomas. En definitiva facemos a
> vida máis sinxela aos usuarios.
> 
> Se esta tradución está mal feita por o motivo que queiras: grallas
> ortográficas, tradución incorrecta, transliteración ou mesmo (non caso
> que nos ocupa) non empregar o argot respectivo, non estamos a facilitar
> para nada a interacción humano-computador.
> 
> Isto é... Traducir moito SI, mais hai que ir "con tino".

Creo que o que temos que facer é pensar como pensaron os que escribiron as 
cadeas de texto (ou os que idearon os termos). Se o que se quería expresar era 
algo que se pode expresar en galego, creo que debería traducirse.

Entendo que non se traduza Boole (por ser nome propio), pero algo que son dúas 
palabras traducibles, se atopamos unha tradución atinada, deberiamos 
utilizala.

Estou seguro de que o usuario normal non ten nin remota idea do que significa 
"greedy matching", pero terá unha idea aproximada do que significa 
"coincidencia longa". Entendo que hai xente que xa se afixo a usar o termo en 
inglés, pero se é posible traducilo, e esas persoas queren ter o sistema en 
galego, cómpre que se afagan á forma en galego.

Responderlle a