Ola Carlos,

Non sei se a miña experiencia na tradución de "Software Libre" é o
suficientemente sólida para impartir algún curso (especialmente agora
que outras tarefas me están deixando sen o pouco tempo que tiña). Non
obstante, gustaríame que me puxeses en contacto con este profesor.

Sempre supuxen que na Facultade de Filoloxía e Tradución tiña que haber
xente interesada na tradución de "Software Libre", pero non tiven a
oportunidade de coñecelos: esta parece unha boa ocasión. Ademais estou
seguro de que vai ser de proveito para ámbolos dous, xa que tamén son
profesor na E.T.S.E. de Telecomunicación de Vigo (no mesmo campus que a
F.F.T.) e coordinador na tradución ao galego de Ubuntu.

Agardo a túa resposta.

Un saúdo.

    Felipe.


Carlos Rodriguez wrote:
> Hola xente, contactou coa nosa asociación GALPon un profesor da Facultade de 
> Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo polo seu interese en ofrecerlle 
> Software Libre ao seu alumnado e crear así un grupo de Tradución - 
> Localización.
>
> Non son experto nas ferramentas de tradución ou localización que hai no 
> Software Libre pero comenteille a existencia do proxecto Trasno e do Entrans 
> de Mancomun.org, así mesmo, unha das nosas socias emprega Kbabel e podería 
> darlles unhas explicacións aos rapaces.
>
> Se alguén estivera interesado/a en ofrecer unha pequena conferencia - taller 
> das ferramentas ou técnicas que hai para que o alumnado as coñeza sería 
> interesante para todos :-)
>
> Por favor, comentade o que precisedes ou indicádeme algún sitio de referencia 
> ademáis do proxecto Trasno ou Mancomun.
>
> Graciñas.
>
> Un cordial saúdo,
>   

Responderlle a