A verdade é que traballei pouco co OmegaT.
Usei máis o Open Langage Tools e vai bastante ben.
Creo que xa o comentei por aquí; para traballar na localización do
software vai ben (indicovos abaixo os erros que lle atopei no uso), e
dende logo para a documentación eu creo que case se fai imprescindibel
(esta ferramenta ou outra similar).
Ao poder traballar con distintos tipos de formatos, se tes creada a
memoria de tradución a partir da localización, podes utilizala para
traducir a documentación o que che aforra bastante traballo.
E loxicamente cantas máis memorias de tradución teñas, mellor.
A memoria de tradución que hai colgada no proxecto gnome en Trasno
http://www.trasno.net/trasno:memorias
inclue os po de Gnome e Openoffice.org, aínda que tamén teño as memorias
de Wordpress e Sugar (crm) por se alguén as quere (en canto teña tempo a
ver se creamos un sitio para que se poidan descargar xa feitas).
Polo que estiven vendo, o Keme é unha aplicación de contabilidade, polo
que compartirá bastante vocabulario co Sugar. 

Tampouco tiven aínda tempo de construir a memoria de tradución da
documentación do OpenOffice.org, a ver se un día destos lle fago un oco
a este choio.

Por poñer un exemplo, estiven a facer probas de tradución do Xfce4
utilizando as memorias de Gnome, e os ressultados son máis que
satisfactorios, chegando a 80% de tradución automática en algúns
arquivos.  



De todas formas non todo son vantaxes (respeito á miña experiencia de
uso); a aplicación inclúe a posibilidade de uso do corrector con aspell
máis a min non me funciona nos pc's con debian e a máquina virtual de
Sun versión 1.5 (as últimas versión do openlangusgetolls non funcionan
con versión anteriores de java).
Pero si me funciona coa máquina virtual de IBM nun ppc G4 con debian.

Misterios do universo.
 
   

Saúdos e desculpas polo troncho que me saiu.


Felices festas a todos e todas.


O Xov, 27-12-2007 ás 09:10 +0100, mvillarino escribiu:
> O Mércores, 26 de Decembro de 2007, xabier  escribiu:
> On Thursday, 27 de December de 2007, you wrote:
> > Ola, creo que un dos camiños a seguir é o uso de Open Language Tools
> > (https://open-language-tools.dev.java.net/ ) Ou OmegaT
> > (http://www.omegat.org/ )  + pootle .
> > Sobre todo porque supoño que non so lles interesa a tradución de
> > software, senón de calquer tipo de texto.
> 
> Falando disto: estou a ter un problema, resulta que lle comprometin ao 
> mantenedor de Keme-contabilidade a realización dunha tradución da 
> documentación do programa, e está en docbook.
> Polas experiencias que teño, o de facelo picando nun editor qunta/kate é 
> insufríbel, e o de usar poxml é algo coñazo tamén.
> Que tal vai OmegaT para isto?
> 
> 
> _______________________________________________
> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego


Responderlle a