Estou traballando eu niso.

Hai un camiño, descargando ficheiro a ficheiro. Son 112 pero é máis
doado que andar fozando no código fonte.

Pedín ademais aos de Crowdin que deixasen baixar os ficheiros fonte
cunha modificación na interface pero me dá a min que non porque me
parece que son funcións reservadas aos que utilizan a plataforma
pagando.



O 13 xaneiro 2016 22:47, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com> escribiu:
> O 13 xaneiro 2016 22:43, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com> 
> escribiu:
>> O 13 xaneiro 2016 22:43, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com> 
>> escribiu:
>>> O 13 xaneiro 2016 19:10, Isaac Álvarez Veiga <ialvarezv2...@gmail.com> 
>>> escribiu:
>>>> Non credes que deberiamos aproveitar a memoria para usala na tradución de
>>>> CyanogenMod? Supoño que os usuarios desta ROM apreciarán ter a mesma
>>>> terminoloxía nos seus trebellos que nos oficiais de Google, non credes? 
>>>> Pode
>>>> que haxa cadeas que non coincidan e demais, pero supoño que o 90 % do
>>>> contido para traducir en CyanogenMod pódese sacar do tmx que fixo Leandro. 
>>>> É
>>>> unha mágoa porque acabo de entrar no Crowdin e vin que está traducido ao
>>>> completo, que só queda aprobar as traducións, pero bueno, máis vale tarde 
>>>> ca
>>>> nunca...
>>>>
>>>> El mié., 13 ene. 2016 a las 17:28, Antón Méixome (<cert...@certima.net>)
>>>> escribió:
>>>>>
>>>>> O 13 xaneiro 2016 09:25, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>
>>>>> escribiu:
>>>>> > Non entendo cal é o problema coas ramificacións. Se xeramos o TMX para
>>>>> > unha versión específica de Android só teriamos que traballar cunha
>>>>> > ramificación, e ata onde eu vexo só hai traducións ao galego neses
>>>>> > dous directorios.
>>>>>
>>>>>
>>>>> Claro,
>>>>>
>>>>> Co problema da ramificación non me refiro ás distintas "releases"
>>>>> senón a que os ficheiros de idioma están repartidos no repositorio de
>>>>> código fonte por todos os cartafoles do sistema, non están nun
>>>>> cartafol específico como estamos afeitos en Gnu/Linux.
>>>>> Supoño que tiraches de consola para reunilos
>>>
>>> Pois non. Mirei por riba e só vin traducións no directorio da ligazón.
>>>
>>> Respecto do método que empreguei creo que mais ou menos foi o seguinte:
>>>
>>> - Baixei un tar do directorio e descomprimino
>>> - Creei un virtualenv e instalei
>>> https://github.com/miracle2k/android2po nel (executando pip install
>>> android2po)
>>> - Lin o README 
>>> https://github.com/miracle2k/android2po/blob/master/README.rst
>>> - Creei un directorio chamado po
>>> - a2po init --android res --gettext po (sendo res o directorio cos
>>> ficheiros orixinais (tradución e inglés) e po o directorio onde se van
>>> gardar os ficheiros PO)
>>> -  
>>> http://wiki.trasno.net/Converter_.po_e_.ts_a_.tmx#Converter_varios_ficheiros_.po_a_un_s.C3.B3_ficheiro_.tmx
>>>
>>>
>>> Non estou moi seguro de que debamos documentar o método xa que depende
>>> de os ficheiros XML de Android estean nunha estrutura de directorios
>>> dun proxecto Android (é dicir, non poden ser ficheiros soltos).
>>
>> Esquecíame. Se me indicades onde está o repositorio de Cyanogen podo
>> ver a ver se dou sacado un TMX.
>
> Acabo de mirar cantos repositorios ten Android e é brutal:
> https://android.googlesource.com/ Vai dar un traballo bestial
> converter todo iso. Supoño que con scripts se podería automatizar,
> claro.
>
>
> Deica
_______________________________________________
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

Responderlle a