[Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] Calling for translators para compiz-fusion

2007-09-17 Conversa Paco Diéguez
Grazas por respostar Leandro,

bueno decirche que sí que me parecen poucas xa que traducín o Drupal 5
eu soíño e son perto de 8000 cadeas, e case un mes de traballo nos ratos
libres, pero bueno como precisaba ese pacote de soft en Galego veu moi ben.

Irei traducindo logo eu pouco a pouco e dando parte dos progresos que
vou levando.

Aburiño

Leandro Regueiro escribiu:
 Arredemo, dicir que mais de 2000 cadeas son poucas pareceme un pouco
 excesivo :) Acabo de atopar a páxina de estatísticas, vou actualizar a
 web de Trasno para crear unha páxina ca nova información, o enderezo é
 http://trasno.net/outros:compiz_fusion

 Sei que dixen que non che ía axudar moito, pero estou aquí para
 resolver as dúbidas que poida, igual que moita outra xente, así que
 poderías ir empezando ti a tradución. Non te marques o obxectivo de
 traducir todo rapido, estas cousas pod en levar tempo.

 Ata logo,
   Leandro Regueiro

 On 9/16/07, Paco Diéguez fran.dieguez en glug.es wrote:
   
 Fai pouco que os de compiz-fusion teñen páxina oficial
 www.compiz-fusion.org e estou na procura de xente para traducir, son
 poucas cadeas polo que se remataría ben rápido. Se estades interesados
 pasadevos por http://wiki.compiz-fusion.org/Contribute/Translate e xa
 nos veremos no gobby.
 
 ___
 Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
 Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego en mancomun.org
 http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego
   
-- 
Paco Dieguez
Usuario Linux #409880
Chave GPG: ED35AC19 en keyserver.pgp.com
www.mabishu.com

[Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] Calling for translators para compiz-fusion

2007-09-17 Conversa Leandro Regueiro
Ben, se o miras asi... :)

Se tes dúbidas pregunta. ¿Póñote coma tradutor de Compiz Fusion na
páxina de Trasno?

Ata logo,
  Leandro Regueiro

On 9/17/07, Paco Diéguez fran.dieguez en glug.es wrote:
 Grazas por respostar Leandro,

 bueno decirche que sí que me parecen poucas xa que traducín o Drupal 5
 eu soíño e son perto de 8000 cadeas, e case un mes de traballo nos ratos
 libres, pero bueno como precisaba ese pacote de soft en Galego veu moi ben.

 Irei traducindo logo eu pouco a pouco e dando parte dos progresos que
 vou levando.

 Aburiño

[Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] Calling for translators para compiz-fusion

2007-09-17 Conversa Mar Castro
Boas Paco.

En mancomun temos dispoñible o servizo Corpus 
(http://corpus.mancomun.org/xestermos.php) no que se poden facer buscas 
de calquera termo nas traducións levadas a cabo dende mancomnu. Esas 
traducións contan coa a aprobación do TERMIGAL.

Ademais temos publicado no wiki o glosario de termos  inglés-galego 
(http://wiki.mancomun.org/index.php/Glosario) cunha escolma de termos 
técnicos e a súa tradución, tamén aprobado polo TERMIGAL.

Consultando scroll vemos que a proposta é desprazar ou desprazamento 
segundo sexa verbo ou nome.

Un saúdo

[Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] Calling for translators para compiz-fusion

2007-09-17 Conversa Leandro Regueiro
 Voute poñer coma tradutor oficial de Compiz Fusion, co enderezo de
 correo-e cuppido en gmail.com

Acabo de ver que xa estás :)

Ata logo,
  Leandro Regueiro

[Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] Calling for translators para compiz-fusion

2007-09-17 Conversa Félix Horro Pita
¿Que quere dicir máis galego ca escritorio?

Escritorio é unha palabra galega, tan galega coma miúdo ou orballo,
ainda que a súa tradución ao castelán sexa exactamente a mesma.

Non se trata de facer unha tradución o máis alonxada do castelán
posíbel, trátase de facer unha tradución ao galego.

Respecto a scrolling, non che sei máis, eu véxome obrigado a usar o
anglicismo.

E respecto ás guías, na páxina do Proxecto Trasno hai varios recursos
que podes empregar como axuda nas traducións.

Grazas polo teu traballo. Un saúdo.

Paco Diéguez wrote:
 Boas Leandro,
 
 teño varias dúbida que xordeume onte,
 
 traduzón de escritorio, xa que estouven procurando por algo máis galego
 pero non me saíu nada
 traduzón de scrolling, facer scroll co rato, tiro dun anglicismo ou hai
 traducción oficial.
 existe algunha guia de vocablos técnicos que axude á traduzón de
 programas de escritorio.
 
 Por outra banda, afirmache que sí que me poñas como traductor do compiz
 fusion
 Xa teño unhas 300 cadeas feitas, e non espero tardar moito
 
 Saúdos e aburiño
 
 Leandro Regueiro escribiu:
 Ben, se o miras asi... :)

 Se tes dúbidas pregunta. ¿Póñote coma tradutor de Compiz Fusion na
 páxina de Trasno?

 Ata logo,
   Leandro Regueiro

 On 9/17/07, Paco Diéguez fran.dieguez en glug.es wrote:
   
 Grazas por respostar Leandro,

 bueno decirche que sí que me parecen poucas xa que traducín o Drupal 5
 eu soíño e son perto de 8000 cadeas, e case un mes de traballo nos ratos
 libres, pero bueno como precisaba ese pacote de soft en Galego veu moi ben.

 Irei traducindo logo eu pouco a pouco e dando parte dos progresos que
 vou levando.

 Aburiño
 
 ___
 Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
 Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego en mancomun.org
 http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego
   
[Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] Calling for translators para compiz-fusion

2007-09-16 Conversa Leandro Regueiro
Boas. Seria interesante, pero como a xente de ATI ainda non liberou un
driver que permita usar este tipo de programas, non che poderia
axudar. Se tes algunha dúbida pregunta nesta lista, ou na de Trasno.
Por certo, este programa esta na lista de traducibles de Trasno, se
non lembro mal, así que poderiase facer a traducion coma un
subproxecto en Trasno.

E a que te refires co do gobby?