[Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] nomes dos sitios

2006-11-07 Conversa Daniel Muñiz Fontoira
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20061107/5705bda0/attachment.htm
 


[Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] nomes dos sitios

2006-11-07 Conversa Leandro Regueiro
Se seguimos por ese camiño vai haber que cambiar moitisimos nomes.

Ata logo,
   Leandro Regueiro

On 11/7/06, Daniel Muñiz Fontoira dmunhiz en gmail.com wrote:


  Grazas polos comentarios

  Xa sabía eu que o de Beijing ía traer miga.
  Esta podería ser unha excepción, cando a grafía non existe (porque os
 caracteres non existen en galego), penso (opinion persoal) que habería que
 facer unha adaptación fonetica o mais similar posible ao nome orixinal. ;-)

  Saudos


[Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] nomes dos sitios

2006-11-07 Conversa Daniel Muñiz Fontoira
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20061107/869ec8bc/attachment.htm
 


[Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] nomes dos sitios

2006-11-06 Conversa Daniel Muñiz Fontoira
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20061106/535eab26/attachment.htm
 


[Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] nomes dos sitios

2006-11-06 Conversa arribi
Ola Daniel:

A verdade é que o debate dá para moito. O que nós temos definido na guía 
de estilo de mancomun.org é o seguinte:

Os nomes propios de lugar, en principio, non se traducen. No entanto, 
algúns topónimos que se empregaban con frecuencia desenvolveron 
tradicionalmente en galego unha forma adaptada que é aconsellable 
manter. i.e: A Habana, Castela, Nova York.

Saúdos.

J. Arribi



Daniel Muñiz Fontoira wrote:
 Ola a todos:
 Quería abrir un debate sobre a conveniencia de inventar nomes.
 Pois resulta que escoitando tanto nome que me fai dano nos ouvidos 
 quería comentar isto.
 Na miña opinión os nomes non se traducen, e traducilos o único que fai 
 é xustificar que se xustifique a traducion nos da nosa comunidade. Por 
 lei en españa Ourense é Ourense en Pontevedra e en Melilla. Por outra 
 banda e deixando a lei para min ten sentido, simplifica, e evita 
 confusións.
 Xa non vou ir ao estranxeiro, pero porse a chamarlle a Castilla La 
 Mancha Castela A Mancha non fai mais que xustificar o La Coruña, El 
 Grove, El Burgo...
 Isto de inventar nomes na miña opinión só trae confusión ademais o 
 galego permite o uso de iota para palabras estranxeiras (por exemplo 
 Jetafe) e tamén permite o uso sonoro do iota ghato. Non ten 
 sentido traducir nomes para un idioma que todos os galegos coñecen. 
 Ademais os nomes propios entendo que non se traducen, pensemos en 
 Xavier, Jordi, Xaime, Xulia...
 Máis argumentos, que eu saiba en ningún medio de comunicación vin 
 escrito Xurxo Arbusto, nin Miguel Campovello... ¿aguen si? en caso 
 afirmativo pensan que é o correcto
 A min o de sempre se dixo (fixo así) non me vale, xa que se sempre 
 fixen algo dun xeito e podo facelo mellor prefiro aprendelo mellor.
 Gostaríame saber que motivos hai para usar a tradución. Só pido 
 coherencia e se se traducen nomes propios haberá que facelo con todos 
 (¿non?).
 Por outra banda pensemos nas vantaxes de usar o nome autentico, ¿non 
 sería mais universal? ¿o galego sería menos galego? a resposta a esta 
 ultima para min é que non, todo o contrario, O Grove sería O Grove, en 
 Ourense e en Cádiz.
 En fin...
 Espero crear polemica (da san, claro)
 Saudos




  
 -- 

 Remitente:
 Daniel Muñiz Fontoira
 /Eu uso software libre http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html/
 

 ___
 Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
 Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego en mancomun.org
 http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego
   




[Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] nomes dos sitios

2006-11-06 Conversa Leandro Regueiro
On 11/6/06, Daniel Muñiz Fontoira dmunhiz en gmail.com wrote:

  Grazas polo comentario Leandro.

De nada home.

  Penso que iso de ter que aprender que un sitio se chama de tantos idiomas
 como hai non me parece nada interesante. Teríame gustado que en lugar de que
 me ensinasen Londres ter aprendido London, Beijing, France, New York...
 Gostaríame que alguén me convencese de que o sistema actual é mellor por
 algo mais de que porque gusta, ou sempre foi así.

Dubido moito que se escriba beijing... Eu non chegaria a estar
disposto a usar ideogramas chineses para escribir os nomes de lugares
de China.

Estas mensaxes non chegaron baleiras.

Ata logo,
Leandro Regueiro