Ola Daniel:

A verdade é que o debate dá para moito. O que nós temos definido na guía 
de estilo de mancomun.org é o seguinte:

"Os nomes propios de lugar, en principio, non se traducen. No entanto, 
algúns topónimos que se empregaban con frecuencia desenvolveron 
tradicionalmente en galego unha forma adaptada que é aconsellable 
manter. i.e: A Habana, Castela, Nova York."

Saúdos.

J. Arribi



Daniel Muñiz Fontoira wrote:
> Ola a todos:
> Quería abrir un debate sobre a conveniencia de inventar nomes.
> Pois resulta que escoitando tanto nome que me fai dano nos ouvidos 
> quería comentar isto.
> Na miña opinión os nomes non se traducen, e traducilos o único que fai 
> é xustificar que se xustifique a traducion nos da nosa comunidade. Por 
> lei en españa Ourense é Ourense en Pontevedra e en Melilla. Por outra 
> banda e deixando a lei para min ten sentido, simplifica, e evita 
> confusións.
> Xa non vou ir ao estranxeiro, pero porse a chamarlle a Castilla La 
> Mancha "Castela A Mancha" non fai mais que xustificar o La Coruña, El 
> Grove, El Burgo...
> Isto de inventar nomes na miña opinión só trae confusión ademais o 
> galego permite o uso de iota para palabras estranxeiras (por exemplo 
> "Jetafe") e tamén permite o uso sonoro do iota "ghato". Non ten 
> sentido traducir nomes para un idioma que todos os galegos coñecen. 
> Ademais os nomes propios entendo que non se traducen, pensemos en 
> Xavier, Jordi, Xaime, Xulia...
> Máis argumentos, que eu saiba en ningún medio de comunicación vin 
> escrito Xurxo Arbusto, nin Miguel Campovello... ¿aguen si? en caso 
> afirmativo pensan que é o correcto
> A min o de sempre se dixo (fixo así) non me vale, xa que se sempre 
> fixen algo dun xeito e podo facelo mellor prefiro aprendelo mellor.
> Gostaríame saber que motivos hai para usar a tradución. Só pido 
> coherencia e se se traducen nomes propios haberá que facelo con todos 
> (¿non?).
> Por outra banda pensemos nas vantaxes de usar o nome autentico, ¿non 
> sería mais universal? ¿o galego sería menos galego? a resposta a esta 
> ultima para min é que non, todo o contrario, O Grove sería O Grove, en 
> Ourense e en Cádiz.
> En fin...
> Espero crear polemica (da san, claro)
> Saudos
>
>
>
>
>  
> -- 
>
> Remitente:
> Daniel Muñiz Fontoira
> /Eu uso software libre <http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html>/
> ------------------------------------------------------------------------
>
> _______________________________________________
> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego
>   


Responderlle a