[G11n] resumo g11n 20081031 (samaín)

2008-11-02 Conversa Leandro Regueiro
2008/11/1 Ignacio Casal Quinteiro nacho.resa en gmail.com:
 Polo que vexo, seguídesvos queixando de que as ferramentas non empregan o
 formato
 TMX, e é certo, no caso do gtranslator só lle metín soporte para coller un
 cartafol
 cheo de ficheiros .po e engadilos á memoria de tradución.
 Se tanto vos interesa o de ter unha aplicación que soporte TMX se queredes
 doulle soporte ao gtranslator.

Non estaria mal que polo menos tivera soporte para importar e exportar
memorias de tradución ó formato TMX, para que puideramos aproveitar os
ficheiros TMX que nos deixan en mancomun.

 Máis cousas:

  Integración con pootle? Non creo que sería difícil no caso do gtranslator.

Tamén seria interesante, de ter algo de utilidade. Eu ainda sigo ca
dubida de que o pootle poida servir memorias de traducion.

Ata logo,
Leandro Regueiro


[G11n] resumo g11n 20081031 (samaín)

2008-11-02 Conversa suso.bale...@xunta.es
Ahí o vai o pdf coa 0.5 que presentamos no evento.

Saúdos,

suso.baleato en xunta.es escrebeu:
 Boa noite,
 
 Ahí vai o resumo do encontro, en bruto, tal e como foron xurdindo as
 cuestións. Por suposto, se falta ou sobra algo só tendes que indicalo.
 
 A beta do manual envíovola durante esta finde, que lle pedín a Pedro (o
 noso deseñador) que poña ben o número de versión pra que quede claro iso,
 que se trata dunha beta :-)
 
 A miña percepción da reunión é que foi moi produtiva, que o ambiente foi
 moi positivo, con vontade propositiva e mesmo certa autocrítica. Compre
 destacar a participación da xente da OSL da USC, que non só hospedaron o
 evento senón que mesmo fixeron propostas que con seguridade tomarán forma
 nos próximos meses.
 
 Realmente unha excelente forma de entrar no ano novo céltico. Feliz Samaín!
 
 Saúdos!
 
 -- 
 Xesús Manuel Benítez Baleato  Coordenador
 Centro de Referéncia e Servizos de Software Libre http://www.mancomun.org
 Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707Santiago de Compostela (Galiza/ ES)
 Tel/ Fax: (0034) 981 957 867/ 881 999 113   suso.baleato @ mancomun.org

 
 1. Identificación de avanzos, obstáculos e propostas
 
 
 mancomún
   avances
   contratación do linguista
   compilacion do manual
   preinstalacións de pootle
   inicio censo g11n
   obstáculos
   déficit na comunidade
   proposta
   certificación para a revisión das traducións (ver programa 
 de certificación de GNOME de brasil)
   variabilidade da natureza dos proxectos
   documentar discusións e contextos das escollas terminolóxicas 
 e estilos
 
 voluntariado
 
 
 xosé
   avances
   entrou en trasno
   comezouse a traducir documentación (incremento 50% kde)
   obstáculos
   estaticidade da web de trasno
   ausencia de mecanismo de revisión estructurado
   licenza de tradución de ubuntu: provocou debilitamento da 
 comunidade 
   tradúcese por escritorios (kde, gnome) sen unha visión
   propostas
   incorporar corrector gramatical á ferramenta de localización
 
 
 leandro
   avances
   
   obstáculos
   falta de formación 
   falta de soporte nos clientes para tmx
   propostas
   
 
 
 miguel
   avances
   kde 99%
   as reunións axudan a consolidar comunidade
   obstáculos
   falta de unificación terminolóxica
   propostas
   incorporar ferramentas como facebook ou groupware de
localización para mellorar a coordenación
   o
   fixar obxectivos globais de tradución
 
 
 dani
   avances
   
   obstáculos
   dificultades derivadas dos proxectos non internacionalizados
   (gettex) ao empregar as ferramentas de localización estandar
   [joomla (ini- po); keepasx (ts - po)]
   falta xente
   propostas
   incorporar nas ferramentas de localizacións opcións para 
 comparar distintas traducións (gtranslator)
   
 fran
   avances 
   as reunións axudan a consolidar xente
   obstáculos
   falta de tempo
   propostas (ETSE)
   interfaz web de tradución integrada en CVS
   centralizado de servidor de compendios 
   facer propostas de proxectos de fin de carreira
 
 EMPRESAS
 
 TAGEN ATA
   consideracións
   traballo voluntario/ remunerado
   necesidades de planificación
   avances
   interésanse personas do mundo da tradución e a interpretación
   obstáculos
   falta de profesionalización/ formación
   falta de adecuación das ferramentas
   ausencia dun lugar centralizado que lle outorgue visibilidade
   complexidades en ámbitos terminolóxicos específicos (gimp)
   proposta
   tradución de software libre como vía de introdución á 
 profesionalización no mundo da tradución como vía de adhesión de personal 
 motivado á comunidade
   integrar un discurso máis social
   abrir os ámbitos de difusión (universidades, tradución e 
 interpretación)
   integración dun sistema de correción ortográfica (hunspell) 
 nas aplicacións de localización en local
   integración dos estándares de localización das aplicacións 
 de tradución 
   crear foros onde difundir as oportunidades (negócio, 
 visibilazión)
   coordenación común planificación común
 
 IMAXIN - Iago
   avances
   perfílase unha proxección do referido ao software libre
   obstáculos
  

[G11n] resumo g11n 20081031 (samaín)

2008-11-01 Conversa Ignacio Casal Quinteiro
Polo que vexo, seguídesvos queixando de que as ferramentas non empregan o
formato
TMX, e é certo, no caso do gtranslator só lle metín soporte para coller un
cartafol
cheo de ficheiros .po e engadilos á memoria de tradución.
Se tanto vos interesa o de ter unha aplicación que soporte TMX se queredes
doulle soporte ao gtranslator.
Máis cousas:

 Integración con pootle? Non creo que sería difícil no caso do gtranslator.


Como desenvolvedor estou aberto a propostas. Se alguén pode coller
baixar o gtranslator, probalo e dicirme qué cousas quere que teña, non creo
que sexa moi complicado implementalo.

Saúdos.

2008/11/1 suso.baleato en xunta.es

 Boa noite,

 Ahí vai o resumo do encontro, en bruto, tal e como foron xurdindo as
 cuestións. Por suposto, se falta ou sobra algo só tendes que indicalo.

 A beta do manual envíovola durante esta finde, que lle pedín a Pedro (o
 noso deseñador) que poña ben o número de versión pra que quede claro iso,
 que se trata dunha beta :-)

 A miña percepción da reunión é que foi moi produtiva, que o ambiente foi
 moi positivo, con vontade propositiva e mesmo certa autocrítica. Compre
 destacar a participación da xente da OSL da USC, que non só hospedaron o
 evento senón que mesmo fixeron propostas que con seguridade tomarán forma
 nos próximos meses.

 Realmente unha excelente forma de entrar no ano novo céltico. Feliz Samaín!

 Saúdos!

 --
 Xesús Manuel Benítez Baleato  Coordenador
 Centro de Referéncia e Servizos de Software Libre http://www.mancomun.org
 Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707Santiago de Compostela (Galiza/ ES)
 Tel/ Fax: (0034) 981 957 867/ 881 999 113   suso.baleato @ mancomun.org

 ___
 G11n mailing list
 G11n en mancomun.org
 http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n


 próxima parte 
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20081101/ce1bfbd7/attachment.htm
 


[G11n] resumo g11n 20081031 (samaín)

2008-11-01 Conversa mvillarino
Non puiden ir, máis iso non quita que siga a ser o tocapelotas
entremetido que son, e como son algo bocas, aló vai a miña aportación
ex-post (que sempre é máis sinxelo):
Nota: non vai contra ninguén. Se alguén se quer dar por ofendido, que
sexa Baleato ;-)

O voluntariado (ultimamente non me sae a palabra comunidade)
tradutor de software libre ao galego acha unha serie de dificuldades
que, quitándolles os nomes dos proponentes podemos expresar como:
chegamos até onde nos permiten as ferramentas, e existe unha sombra en
formación da opinión de que aquelo que podan aportar as ferramentas de
tradución para non precisar de coordinadores será positivo (onde
coordinador é o voluntario que ademais de traducir anda ás ostias coas
infraestruturas para desenvolventes, nomeadamente os VCS).
Adicionalmente, as ferramentas fallan en certos pontos que se fixeron
notar, se ben precisamente estas anotacións mostran tamén unha falla
na formación do voluntariado.
Os pontos nos que as ferramentas nos abandonan (que non abandoan, que
é algo que se lles fai ás misses cando reciben o premio), son na
corrección de textos (proofreading) en sentido amplo: corrección
ortográfica, gramatical, glosarial, e semántica, e homoxeneidade na
expresión.
Neste senso hai que mellorar (e non pouco) na formación referente á
utilización das CAT, dado que algunha das deficiencias sinaladas pode
porse en entredito, por exemplo a integración do SCV na CAT (nota:
adicionar wordforge á listaxe de cat, xunto con olt e lokalise), a
consulta ao vivo de traducións en outros idiomas (está en kbabel
através do po-auxiliar, aínda que só para un idioma auxiliar á vez).
No da correción gramatical xa é máis complicado, aínda que
_teoricamente_ poderíamos telo en kde (vale, en calquera, pero o
pology está nos repostorios de kde). Resulta que hai un filtro do
pology que permite pasarlle un corrector gramatical aos ficheiros,
agora ven, resulta que a infraestrutura que emprega non ten
disponíbeis os ficheiros que descreben a gramática do galego. E aquí
chegamos á chave das noces: que sistemas de comprobación gramatical
teñen descrito o galego?
[OT]O pology é unha cousa moi boa que se pode achar en l10n-support.
Ai! cando eu tiña portatil dáballevos moito uso!
Ah! si, fai falla un lugar con bitácoras/blog/blogues para os membros
de trasno (con posibilitade de deixar en petit-comité ou pasar a
portada)

Cona! acabo de baixar un pouco no ficheiro anexo de Baleato, para ler
as cousas das empresas estas e xúrdenme dúbidas:
-Que diferenza hai entre un foro para difundir as oportunidades de
negocio e sinalar que contratos, a que empresas, e por cais importes?
-A integración dos estándares está en camiño, polo menos da banda de
Shafforo e de pootle, e o Hunspell xa é desde hai uns meses a
infra-infra-estrutura ortográfica das últimas versións dos dous
escritorios libres principais.

nota: para quen desexe entreterse un pouco con pootle:
http://www.pcbsd.org:8080/ (é lento de carallo, aviso)

Mágoa non ter máis tempo. A vindeira en fin de semana. Vémonos na akademy-es