Re: [Semi-OT]Re: Presentación

2008-08-12 Conversa Leandro Regueiro
2008/8/8 mvillarino mvillar...@gmail.com:
 E hai que reunirse ou algo así, cada x tempo? Por declaración que
 queres dicir? O vogal para que demo serve? Haberiase que reunir tres
 ou catro para falar disto en persoa que sempre é máis rápido e mellor.

 Mínimo unha vez ao ano, para facer unha asembleia xeral.
 Declaración: da renda.
 Vogal: Un dos membros da xunta directiva, sen outra función específica 
 asinada.

Mmm, vale.

 Se mandades ós novos a KDE ou Gnome que será dos
 demais proxectos?

 Mandar a eu penso que cada un traduce onde máis lle peta, non onde
 lle mandan, a non ser que estexa baixo contrato, claro.

Máis ou menos é así como o vexo no seu caso. Cando fas prácticas nunha
empresa fas o que che din, ainda que sexa unha parvada (así lles
escarallei eu un servidor, e mira que llo dixen ó tio unha chea de
veces, e despois pasou o que pasou).

 estou de acordo contigo, pero se chegamos a ter o 100% mantelo
 vai custar un ollo e parte do outro.
 Non, estas equivocado: consulta no dot.kde.org unha entrevista a Nuno
 (da equipa portuguesa de kde (120 000 msg + 50/60  000 msg)

Para min que lle pagan por facelo, ou non ten vida social. Eu non teño
vida social e tampouco penso que daria, así que lle están pagando :)

 KDE estades a elo e penso que o ides conseguir, pero como xa dixen, se
 quitamos tradutores de aí a cousa igual baixa. Gnome está moi arriba
 pero na parte extra a cousa pinta moi mal, se lembro ben.

 Como? Temos kdebase ao 99,moito % , por non dicir ao 100%, e se lle
 metemos os extras, todos eles, no 93%, Gnome núcleo está no 98% e se
 lle metes os extras non sei se chegan ao 75%.

Si, non entendo moi ben por que diferencian tanto en Gnome.
Probablemente sexa menos, pero pensa que en Gnome está só está Nacho.

 A min gustariame poñerme a isto e a aquelo, pero con tantas cousas que
 teño xa nas mans, case me estou volvendo tolo atendendo isto e mailo
 outro.

 Agora o [OT]: ou de centras, ou traballo perdido todo, e non só na
 tradución, en caseque todos os eidos da vida, aínda que supoño que
 será cousa da idade, Miguel tamén anda saltando entre edu e office,
 por exemplo, mentres que Xosé está moito máis adicado só a kdepim. A
 min pasábame algo semellante antes de adicarme en exclusiva a kde e
 kmymoney, aínda teño ficheiros a medio rematar de varios programa no
 disco do Mac.

Eu tamén estou igual, teño algo máis de media ducia de traducións de
programas por aí.

Ata logo,
 Leandro Regueiro

[Semi-OT]Re: Presentación

2008-08-08 Conversa mvillarino
 E hai que reunirse ou algo así, cada x tempo? Por declaración que
 queres dicir? O vogal para que demo serve? Haberiase que reunir tres
 ou catro para falar disto en persoa que sempre é máis rápido e mellor.

Mínimo unha vez ao ano, para facer unha asembleia xeral.
Declaración: da renda.
Vogal: Un dos membros da xunta directiva, sen outra función específica asinada.