2008/8/8 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
>> E hai que reunirse ou algo así, cada x tempo? Por declaración que
>> queres dicir? O vogal para que demo serve? Haberiase que reunir tres
>> ou catro para falar disto en persoa que sempre é máis rápido e mellor.
>
> Mínimo unha vez ao ano, para facer unha asembleia xeral.
> Declaración: da renda.
> Vogal: Un dos membros da xunta directiva, sen outra función específica 
> asinada.

Mmm, vale.

>>>> Se mandades ós novos a KDE ou Gnome que será dos
>>>> demais proxectos?
>
> Mandar a.... eu penso que cada un traduce onde máis lle peta, non onde
> lle mandan, a non ser que estexa baixo contrato, claro.

Máis ou menos é así como o vexo no seu caso. Cando fas prácticas nunha
empresa fas o que che din, ainda que sexa unha parvada (así lles
escarallei eu un servidor, e mira que llo dixen ó tio unha chea de
veces, e despois pasou o que pasou).

>> estou de acordo contigo, pero se chegamos a ter o 100% mantelo
>> vai custar un ollo e parte do outro.
> Non, estas equivocado: consulta no dot.kde.org unha entrevista a Nuno
> (da equipa portuguesa de kde (120 000 msg + 50/60  000 msg)

Para min que lle pagan por facelo, ou non ten vida social. Eu non teño
vida social e tampouco penso que daria, así que lle están pagando :)

>> KDE estades a elo e penso que o ides conseguir, pero como xa dixen, se
>> quitamos tradutores de aí a cousa igual baixa. Gnome está moi arriba
>> pero na parte extra a cousa pinta moi mal, se lembro ben.
>
> Como? Temos kdebase ao 99,moito % , por non dicir ao 100%, e se lle
> metemos os extras, todos eles, no 93%, Gnome núcleo está no 98% e se
> lle metes os extras non sei se chegan ao 75%.

Si, non entendo moi ben por que diferencian tanto en Gnome.
Probablemente sexa menos, pero pensa que en Gnome está só está Nacho.

>> A min gustariame poñerme a isto e a aquelo, pero con tantas cousas que
>> teño xa nas mans, case me estou volvendo tolo atendendo isto e mailo
>> outro.
>
> Agora o [OT]: ou de centras, ou traballo perdido todo, e non só na
> tradución, en caseque todos os eidos da vida, aínda que supoño que
> será cousa da idade, Miguel tamén anda saltando entre edu e office,
> por exemplo, mentres que Xosé está moito máis adicado só a kdepim. A
> min pasábame algo semellante antes de adicarme en exclusiva a kde e
> kmymoney, aínda teño ficheiros a medio rematar de varios programa no
> disco do Mac.

Eu tamén estou igual, teño algo máis de media ducia de traducións de
programas por aí.

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a