> E hai que reunirse ou algo así, cada x tempo? Por declaración que
> queres dicir? O vogal para que demo serve? Haberiase que reunir tres
> ou catro para falar disto en persoa que sempre é máis rápido e mellor.

Mínimo unha vez ao ano, para facer unha asembleia xeral.
Declaración: da renda.
Vogal: Un dos membros da xunta directiva, sen outra función específica asinada.


>>> Se mandades ós novos a KDE ou Gnome que será dos
>>> demais proxectos?

Mandar a.... eu penso que cada un traduce onde máis lle peta, non onde
lle mandan, a non ser que estexa baixo contrato, claro.

> estou de acordo contigo, pero se chegamos a ter o 100% mantelo
> vai custar un ollo e parte do outro.
Non, estas equivocado: consulta no dot.kde.org unha entrevista a Nuno
(da equipa portuguesa de kde (120 000 msg + 50/60  000 msg)

> KDE estades a elo e penso que o ides conseguir, pero como xa dixen, se
> quitamos tradutores de aí a cousa igual baixa. Gnome está moi arriba
> pero na parte extra a cousa pinta moi mal, se lembro ben.

Como? Temos kdebase ao 99,moito % , por non dicir ao 100%, e se lle
metemos os extras, todos eles, no 93%, Gnome núcleo está no 98% e se
lle metes os extras non sei se chegan ao 75%.

> A min gustariame poñerme a isto e a aquelo, pero con tantas cousas que
> teño xa nas mans, case me estou volvendo tolo atendendo isto e mailo
> outro.

Agora o [OT]: ou de centras, ou traballo perdido todo, e non só na
tradución, en caseque todos os eidos da vida, aínda que supoño que
será cousa da idade, Miguel tamén anda saltando entre edu e office,
por exemplo, mentres que Xosé está moito máis adicado só a kdepim. A
min pasábame algo semellante antes de adicarme en exclusiva a kde e
kmymoney, aínda teño ficheiros a medio rematar de varios programa no
disco do Mac.

Responderlle a