Re: LTS Ubuntu 16.04

2016-02-22 Conversa Antón Méixome
Sinxelo.

Fas un documento de texto en Writer coas imaxes e todo o que se necesite e
xa mo mandas por aquí.

Eu me encargo de transformalo en artigo para web

O 22 febreiro 2016 22:23, Marcos Lans  escribiu:

> OK, en que formato cho tería que enviar?
>
> On 22/02/16 22:08, Antón Méixome wrote:
> > Vale,
> >
> > Aceptarías facer a redacción dunha nova completa para cando saia a
> versión?
> > Con completa quero dicir, contar as características da nova versión máis
> > relevantes para os usuarios, falar da tradución ao galego, as ligazóns e
> > logos correspondentes.
> >
> > Sería para publicar en Trasno.net, é xa unha tradición que ultimamente
> > non fixemos porque ninguén se encargou.
> >
> > Porfa.
> >
> >
> >
> > O 22 febreiro 2016 20:58, Marcos Lans  > > escribiu:
> >
> >
> >
> > On 22/02/16 01:30, Antón Méixome wrote:
> > > Vexo que a tradución da vindeira LTS de Ubuntu está bastante
> completa.
> > >
> > > Os que levades ao día a tradución en Launchpad podedes comentar se
> fai
> > > falta axuda ou como vai o traballo.
> >
> > Pois agora mesmo coido que o que hai no Launchpad a día de hoxe está
> > basicamente traducido. Xa non funcionan as estadísticas de tradución
> que
> > facía Planella para o Desktop é iso impide levar ben a conta.
> >
> > > Parece que vai ser unha versión importante co tema do novo sistema
> de
> > > ficheiros para xestionar volumes.
> > >
> > > Nota: caeron varios blogs e páxinas que falaban de Ubuntu nos dous
> > > últimos anos e por tanto estamos aí un pouco orfos, non?
> >
> >
> > >
> > >
> > > ___
> > > proxecto mailing list
> > > proxecto@trasno.net 
> > > http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
> > >
> > ___
> > proxecto mailing list
> > proxecto@trasno.net 
> > http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
> >
> >
>
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


Re: LTS Ubuntu 16.04

2016-02-22 Conversa Marcos Lans
OK, en que formato cho tería que enviar?

On 22/02/16 22:08, Antón Méixome wrote:
> Vale,
> 
> Aceptarías facer a redacción dunha nova completa para cando saia a versión?
> Con completa quero dicir, contar as características da nova versión máis
> relevantes para os usuarios, falar da tradución ao galego, as ligazóns e
> logos correspondentes.
> 
> Sería para publicar en Trasno.net, é xa unha tradición que ultimamente
> non fixemos porque ninguén se encargou.
> 
> Porfa.
> 
> 
> 
> O 22 febreiro 2016 20:58, Marcos Lans  > escribiu:
> 
> 
> 
> On 22/02/16 01:30, Antón Méixome wrote:
> > Vexo que a tradución da vindeira LTS de Ubuntu está bastante completa.
> >
> > Os que levades ao día a tradución en Launchpad podedes comentar se fai
> > falta axuda ou como vai o traballo.
> 
> Pois agora mesmo coido que o que hai no Launchpad a día de hoxe está
> basicamente traducido. Xa non funcionan as estadísticas de tradución que
> facía Planella para o Desktop é iso impide levar ben a conta.
> 
> > Parece que vai ser unha versión importante co tema do novo sistema de
> > ficheiros para xestionar volumes.
> >
> > Nota: caeron varios blogs e páxinas que falaban de Ubuntu nos dous
> > últimos anos e por tanto estamos aí un pouco orfos, non?
> 
> 
> >
> >
> > ___
> > proxecto mailing list
> > proxecto@trasno.net 
> > http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
> >
> ___
> proxecto mailing list
> proxecto@trasno.net 
> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
> 
> 
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


Re: [terminoloxia] privacity

2016-02-22 Conversa Leandro Regueiro
O 22 febreiro 2016 21:38, Antón Méixome  escribiu:
>
> Acabo de atopar, grazas a un colega este artigo que é un exemplo excepcional
> de bo traballo lexicográfico. É longo pero está tan ben que non podo deixar
> de recomendalo efusivamente. Non hai 2 senón 3 niveis semánticos que
> diferenciar:
>
> público//confidencial/privado/íntimo.
>
> Concordo absolutamente.
>
> http://www.ucm.es/info/especulo/numero21/privaci.html
>
>
> As miñas conclusións
>
> ESP
>
> confidencialidad
>  privacidad, vida privada
> intimidad
>
> GAL (concepto "reserva sobre circunstancias persoais")
>
> confidencialidade
> privanza, vida privada
>intimidade
>
> Como vedes, non inclúo *privacidade en galego. Entendo que é un préstamos
> dun neoloxismo do castelán, que xa é rizar o rizo. O único que salvaría a
> súa aceptación sería que estivese incluído nas traducións xurídicas das leis
> de protección de datos ou sobre o segredo das telecomunicacións porque en
> principio ten máis que ver co ámbito da vida privada que coa reserva de
> datos.
>
> En resumo, utilícese en principio "confidencialidade", "datos persoais
> confidenciais" ... aínda que se podería admitir "*privacidade" que está no
> aire, sen saber que se quere dicir.

Persoalmente vexo mellor «privacidade» que «privanza»
http://academia.gal/dicionario/#searchNoun.do?current_page=1=privanza


Deica

> O 19 febreiro 2016 20:22, Antón Méixome  escribiu:
>>
>> Foi un erro meu, o termo sobre o que pregunto é «privacy» non un
>> inexistente *privacity
>>
>> Grazasn tamén Leandro pola recollida, agora podo aclararme mellor
>>
>> privacy ten dúas acepcións
>>   - intimidade
>>   - confidencialidade
>>
>> Aquí do que se trata é de Privacy Policy ou normas sobre a
>> confidencialidade dos datos persoais, non da relación privada entre persoas
>> e entendo que non é aplicable nos casos que atopamos traducir por
>> "intimidade"
>>
>> Fixádevos neste par:  para "Pretty Good Privacy", "PGP"  (PanInet):
>> 1. "programa para unha confidencialidade óptima"
>> 2. "intimidade bastante boa"
>>
>> É obvio que a 1ª ten sentido e a segunda non.
>>
>> Por tanto, a cuestión é se admitimos que o equivalente para privacy na
>> acepción de tratamento de datos persoais sería  a) confidencialidade b)
>> privacidade (un préstamo do español) ... ou c) privanza (recreando o valor
>> desta antiga palabra como se fixo modernamente con : seguranza, gobernanza,
>> cobranza, varianza, ensinanza, avinza, estimanza, sentenza, etc.)
>>
>> En galego temos
>> privar, privación, privado, privanza, privativo, privatización
>> confidencia, confidencial
>> intimidade (=privanza)
>>
>> Tamén ten relación co inglés "reliable, trustworthy", que traducimos por
>> *confiable que tampouco está no DRAG. Sei que hai unha diferenza entre
>> "fiable" e "confiable" pero agora mesmo non importa.
>>
>> Resumo: a familia de privar ten moita máis rendibilidade na informática
>> (privar, privado, privativo, privanza)
>>
>> Pensádeo friamente porque necesitamos verbo, substantivo, adxectivo e
>> poder facer derivados naturais para adaptalo nas interfaces que ás veces
>> ofrecen moi pouco espazo (vantaxe do en. privacy e por iso triunfa
>> *privacidade)
>>
>> Política de protección de datos persoais (datos privados) = política/norma
>> de privanza = privanza
>>
>>
>>
>>
>>
>>
>>
>>
>>
>>
>>
>>
>>
>>
>>
>> O 19 febreiro 2016 12:43, Miguel Branco  escribiu:
>>>
>>> Concordo totalmente con Leando. «privacity» non existe no glosario
>>> inglés. Polas buscas que fixen, paréceme que é un erro por tradución
>>> incorrecta de castelá > inglés .
>>>
>>> O 19 febreiro 2016 12:32, Manuel X. Lemos 
>>> escribiu:


 Un pequeno inciso, sobre o termo «adxuntar» non é que falte (adxunto si
 está por exemplo), falando da xerga informática, xa temos termos como
 «achegar» e os sinónimos «anexar» e incluso «xuntar».


 O 19/02/16 03:25, Roi González Villa escribiu:

 Deches aberto os PDFs? Eu non.

 Tamén se lle pode enviar un correo electrónico ó Portal das palabras,
 que como unha páxina web ou asociación da RAG. Eu envieilles algunha e
 responderon nun día ou dous. suxesti...@portaldaspalabras.org

 Eu agora mesmo estou redactando un motón de palabras que faltan como
 «adxuntar», «nominación», «redirección».

 Saúdos

 O 19 febreiro 2016 02:31, Antón Méixome  escribiu:
>
> Moi boa busca Roi, pero demostra case o contrario do que dis:
>
> Ou remiten a intimidade ou declaran "privacidade" como incorrecto.
> Fíxate que o preceden de asterisco
>
>
> 1 ...dereito á intimidade u.f. Dereito das persoas a preservaren o seu
> espazo privado, que os protexe fronte á descrición de certos aspectos da 
> súa
> vida.
>
> O domicilio, certos datos persoais ou os 

Re: Waveform

2016-02-22 Conversa Antón Méixome
O 22 febreiro 2016 21:07, Marcos Lans  escribiu:

>
> Podería acurtarse como: Novo reprodutor con visualización de ondas.
>


Ou Novo reprodutor con gráficas de ondas


>
> Saúdos
>
> On 22/02/16 18:15, Manuel X. Lemos wrote:
> > Atopei este termo nunha cadea que estou a traducir do aplicativo
> > Telegram. Aparece na seguinte frase: «New Voice Messages. Waveform
> > visualizations, brand new player». Máis información do contexto:
> > https://telegram.org/blog/voice-2-secret-3
> >
> > Non sei moi ben como traducir este termo, "visualizacións con (en) forma
> > de onda" non me acaba de convencer, algunha suxestión?
> > ___
> > proxecto mailing list
> > proxecto@trasno.net
> > http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
> >
> ___
> proxecto mailing list
> proxecto@trasno.net
> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


Re: [terminoloxia] privacity

2016-02-22 Conversa Antón Méixome
Acabo de atopar, grazas a un colega este artigo que é un exemplo
excepcional de bo traballo lexicográfico. É longo pero está tan ben que non
podo deixar de recomendalo efusivamente. Non hai 2 senón 3 niveis
semánticos que diferenciar:

público//confidencial/privado/íntimo.

Concordo absolutamente.

http://www.ucm.es/info/especulo/numero21/privaci.html


As miñas conclusións

ESP

confidencialidad
 privacidad, vida privada
intimidad

GAL (concepto "reserva sobre circunstancias persoais")

confidencialidade
privanza, vida privada
   intimidade

Como vedes, non inclúo *privacidade en galego. Entendo que é un préstamos
dun neoloxismo do castelán, que xa é rizar o rizo. O único que salvaría a
súa aceptación sería que estivese incluído nas traducións xurídicas das
leis de protección de datos ou sobre o segredo das telecomunicacións porque
en principio ten máis que ver co ámbito da vida privada que coa reserva de
datos.

En resumo, utilícese en principio "confidencialidade", "datos persoais
confidenciais" ... aínda que se podería admitir "*privacidade" que está no
aire, sen saber que se quere dicir.



O 19 febreiro 2016 20:22, Antón Méixome  escribiu:

> Foi un erro meu, o termo sobre o que pregunto é «privacy» non un
> inexistente *privacity
>
> Grazasn tamén Leandro pola recollida, agora podo aclararme mellor
>
> privacy ten dúas acepcións
>   - intimidade
>   - confidencialidade
>
> Aquí do que se trata é de Privacy Policy ou normas sobre a
> confidencialidade dos datos persoais, non da relación privada entre persoas
> e entendo que non é aplicable nos casos que atopamos traducir por
> "intimidade"
>
> Fixádevos neste par:  para "Pretty Good Privacy", "PGP"  (PanInet):
> 1. "programa para unha confidencialidade óptima"
> 2. "intimidade bastante boa"
>
> É obvio que a 1ª ten sentido e a segunda non.
>
> Por tanto, a cuestión é se admitimos que o equivalente para privacy na
> acepción de tratamento de datos persoais sería  a) confidencialidade b)
> privacidade (un préstamo do español) ... ou c) privanza (recreando o valor
> desta antiga palabra como se fixo modernamente con : seguranza, gobernanza,
> cobranza, varianza, ensinanza, avinza, estimanza, sentenza, etc.)
>
> En galego temos
> privar, privación, privado, privanza, privativo, privatización
> confidencia, confidencial
> intimidade (=privanza)
>
> Tamén ten relación co inglés "reliable, trustworthy", que traducimos por
> *confiable que tampouco está no DRAG. Sei que hai unha diferenza entre
> "fiable" e "confiable" pero agora mesmo non importa.
>
> Resumo: a familia de privar ten moita máis rendibilidade na informática
> (privar, privado, privativo, privanza)
>
> Pensádeo friamente porque necesitamos verbo, substantivo, adxectivo e
> poder facer derivados naturais para adaptalo nas interfaces que ás veces
> ofrecen moi pouco espazo (vantaxe do en. privacy e por iso triunfa
> *privacidade)
>
> Política de protección de datos persoais (datos privados) = política/norma
> de privanza = privanza
>
>
>
>
>
>
>
>
>
>
>
>
>
>
>
> O 19 febreiro 2016 12:43, Miguel Branco  escribiu:
>
>> Concordo totalmente con Leando. «privacity» non existe no glosario
>> inglés. Polas buscas que fixen, paréceme que é un erro por tradución
>> incorrecta de castelá > inglés .
>>
>> O 19 febreiro 2016 12:32, Manuel X. Lemos 
>> escribiu:
>>
>>>
>>> Un pequeno inciso, sobre o termo «adxuntar» non é que falte (adxunto si
>>> está por exemplo), falando da xerga informática, xa temos termos como
>>> «achegar» e os sinónimos «anexar» e incluso «xuntar».
>>>
>>>
>>> O 19/02/16 03:25, Roi González Villa escribiu:
>>>
>>> Deches aberto os PDFs? Eu non.
>>>
>>> Tamén se lle pode enviar un correo electrónico ó Portal das palabras,
>>> que como unha páxina web ou asociación da RAG. Eu envieilles algunha e
>>> responderon nun día ou dous. 
>>> suxesti...@portaldaspalabras.org
>>>
>>> Eu agora mesmo estou redactando un motón de palabras que faltan como
>>> «adxuntar», «nominación», «redirección».
>>>
>>> Saúdos
>>>
>>> O 19 febreiro 2016 02:31, Antón Méixome  escribiu:
>>>
 Moi boa busca Roi, pero demostra case o contrario do que dis:

 Ou remiten a intimidade ou declaran "privacidade" como incorrecto.
 Fíxate que o preceden de asterisco


 1 ...dereito á intimidade u.f. Dereito das persoas a preservaren o seu
 espazo privado, que os protexe fronte á descrición de certos aspectos da
 súa vida.

 O domicilio, certos datos persoais ou os partes médicos, por exemplo,
 son polo xeral inviolables e forman parte do dereito á intimidade.


 2. Ing. right to privacy Fr. droit à la vie privée Cast. derecho a la
 intimidad Pt. direito à reserva da intimidade

 3. right to privacy  dereito á intimidade

 4. privacidade s.f. Adaptación do termo 

Re: Waveform

2016-02-22 Conversa Marcos Lans

Podería acurtarse como: Novo reprodutor con visualización de ondas.

Saúdos

On 22/02/16 18:15, Manuel X. Lemos wrote:
> Atopei este termo nunha cadea que estou a traducir do aplicativo
> Telegram. Aparece na seguinte frase: «New Voice Messages. Waveform
> visualizations, brand new player». Máis información do contexto:
> https://telegram.org/blog/voice-2-secret-3
> 
> Non sei moi ben como traducir este termo, "visualizacións con (en) forma
> de onda" non me acaba de convencer, algunha suxestión?
> ___
> proxecto mailing list
> proxecto@trasno.net
> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
> 
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


Re: LTS Ubuntu 16.04

2016-02-22 Conversa Marcos Lans


On 22/02/16 01:30, Antón Méixome wrote:
> Vexo que a tradución da vindeira LTS de Ubuntu está bastante completa.
> 
> Os que levades ao día a tradución en Launchpad podedes comentar se fai
> falta axuda ou como vai o traballo.

Pois agora mesmo coido que o que hai no Launchpad a día de hoxe está
basicamente traducido. Xa non funcionan as estadísticas de tradución que
facía Planella para o Desktop é iso impide levar ben a conta.

> Parece que vai ser unha versión importante co tema do novo sistema de
> ficheiros para xestionar volumes.
> 
> Nota: caeron varios blogs e páxinas que falaban de Ubuntu nos dous
> últimos anos e por tanto estamos aí un pouco orfos, non?


> 
> 
> ___
> proxecto mailing list
> proxecto@trasno.net
> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
> 
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


Re: Waveform

2016-02-22 Conversa Leandro Regueiro
O 22 febreiro 2016 18:15, Manuel X. Lemos  escribiu:
> Atopei este termo nunha cadea que estou a traducir do aplicativo
> Telegram. Aparece na seguinte frase: «New Voice Messages. Waveform
> visualizations, brand new player». Máis información do contexto:
> https://telegram.org/blog/voice-2-secret-3
>
> Non sei moi ben como traducir este termo, "visualizacións con (en) forma
> de onda" non me acaba de convencer, algunha suxestión?

Ola,
"visualizacións con forma de onda" paréceme unha boa tradución.


Deica
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


Waveform

2016-02-22 Conversa Manuel X. Lemos
Atopei este termo nunha cadea que estou a traducir do aplicativo
Telegram. Aparece na seguinte frase: «New Voice Messages. Waveform
visualizations, brand new player». Máis información do contexto:
https://telegram.org/blog/voice-2-secret-3

Non sei moi ben como traducir este termo, "visualizacións con (en) forma
de onda" non me acaba de convencer, algunha suxestión?
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto