Acabo de atopar, grazas a un colega este artigo que é un exemplo
excepcional de bo traballo lexicográfico. É longo pero está tan ben que non
podo deixar de recomendalo efusivamente. Non hai 2 senón 3 niveis
semánticos que diferenciar:

público//confidencial/privado/íntimo.

Concordo absolutamente.

http://www.ucm.es/info/especulo/numero21/privaci.html


As miñas conclusións

ESP

confidencialidad
         privacidad, vida privada
                        intimidad

GAL (concepto "reserva sobre circunstancias persoais")

confidencialidade
        privanza, vida privada
                       intimidade

Como vedes, non inclúo *privacidade en galego. Entendo que é un préstamos
dun neoloxismo do castelán, que xa é rizar o rizo. O único que salvaría a
súa aceptación sería que estivese incluído nas traducións xurídicas das
leis de protección de datos ou sobre o segredo das telecomunicacións porque
en principio ten máis que ver co ámbito da vida privada que coa reserva de
datos.

En resumo, utilícese en principio "confidencialidade", "datos persoais
confidenciais" ... aínda que se podería admitir "*privacidade" que está no
aire, sen saber que se quere dicir.



O 19 febreiro 2016 20:22, Antón Méixome <cert...@certima.net> escribiu:

> Foi un erro meu, o termo sobre o que pregunto é «privacy» non un
> inexistente *privacity
>
> Grazasn tamén Leandro pola recollida, agora podo aclararme mellor
>
> privacy ten dúas acepcións
>   - intimidade
>   - confidencialidade
>
> Aquí do que se trata é de Privacy Policy ou normas sobre a
> confidencialidade dos datos persoais, non da relación privada entre persoas
> e entendo que non é aplicable nos casos que atopamos traducir por
> "intimidade"
>
> Fixádevos neste par:  para "Pretty Good Privacy", "PGP"  (PanInet):
> 1. "programa para unha confidencialidade óptima"
> 2. "intimidade bastante boa"
>
> É obvio que a 1ª ten sentido e a segunda non.
>
> Por tanto, a cuestión é se admitimos que o equivalente para privacy na
> acepción de tratamento de datos persoais sería  a) confidencialidade b)
> privacidade (un préstamo do español) ... ou c) privanza (recreando o valor
> desta antiga palabra como se fixo modernamente con : seguranza, gobernanza,
> cobranza, varianza, ensinanza, avinza, estimanza, sentenza, etc.)
>
> En galego temos
> privar, privación, privado, privanza, privativo, privatización
> confidencia, confidencial
> intimidade (=privanza)
>
> Tamén ten relación co inglés "reliable, trustworthy", que traducimos por
> *confiable que tampouco está no DRAG. Sei que hai unha diferenza entre
> "fiable" e "confiable" pero agora mesmo non importa.
>
> Resumo: a familia de privar ten moita máis rendibilidade na informática
> (privar, privado, privativo, privanza)
>
> Pensádeo friamente porque necesitamos verbo, substantivo, adxectivo e
> poder facer derivados naturais para adaptalo nas interfaces que ás veces
> ofrecen moi pouco espazo (vantaxe do en. privacy e por iso triunfa
> *privacidade)
>
> Política de protección de datos persoais (datos privados) = política/norma
> de privanza = privanza
>
>
>
>
>
>
>
>
>
>
>
>
>
>
>
> O 19 febreiro 2016 12:43, Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com> escribiu:
>
>> Concordo totalmente con Leando. «privacity» non existe no glosario
>> inglés. Polas buscas que fixen, paréceme que é un erro por tradución
>> incorrecta de castelá > inglés .
>>
>> O 19 febreiro 2016 12:32, Manuel X. Lemos <mxle...@openmailbox.org>
>> escribiu:
>>
>>>
>>> Un pequeno inciso, sobre o termo «adxuntar» non é que falte (adxunto si
>>> está por exemplo), falando da xerga informática, xa temos termos como
>>> «achegar» e os sinónimos «anexar» e incluso «xuntar».
>>>
>>>
>>> O 19/02/16 03:25, Roi González Villa escribiu:
>>>
>>> Deches aberto os PDFs? Eu non.
>>>
>>> Tamén se lle pode enviar un correo electrónico ó Portal das palabras,
>>> que como unha páxina web ou asociación da RAG. Eu envieilles algunha e
>>> responderon nun día ou dous. <suxesti...@portaldaspalabras.org>
>>> suxesti...@portaldaspalabras.org
>>>
>>> Eu agora mesmo estou redactando un motón de palabras que faltan como
>>> «adxuntar», «nominación», «redirección».
>>>
>>> Saúdos
>>>
>>> O 19 febreiro 2016 02:31, Antón Méixome <cert...@certima.net> escribiu:
>>>
>>>> Moi boa busca Roi, pero demostra case o contrario do que dis:
>>>>
>>>> Ou remiten a intimidade ou declaran "privacidade" como incorrecto.
>>>> Fíxate que o preceden de asterisco
>>>>
>>>>
>>>> 1 ...dereito á intimidade u.f. Dereito das persoas a preservaren o seu
>>>> espazo privado, que os protexe fronte á descrición de certos aspectos da
>>>> súa vida.
>>>>
>>>> O domicilio, certos datos persoais ou os partes médicos, por exemplo,
>>>> son polo xeral inviolables e forman parte do dereito á intimidade.
>>>>
>>>>
>>>> 2. Ing. right to privacy Fr. droit à la vie privée Cast. derecho a la
>>>> intimidad Pt. direito à reserva da intimidade
>>>>
>>>> 3. right to privacy  dereito á intimidade
>>>>
>>>> 4. privacidade s.f. Adaptación do termo inglés privacity. >
>>>> intimidade.    SO NESTE CASO, (e non é unha decisión da Academia senón duns
>>>> autores particulares, que introducen nota de anglicismo e avalados polo
>>>> Termigal. Fiabilidade baixa)
>>>>
>>>> 5. *Privatheit  *privacidade / Öffentlichkeit     AQUI DECLARADO
>>>> INCORRECTO e o propio autor indica que é unha creación feita por el calcada
>>>> do alemán.
>>>>
>>>> 6. ...reivindicación dun papel máis xusto da muller na vida social e
>>>> mesmo na privacidade, denuncia da submisión na que se atopaba,..
>>>> (claramente falloulle o vocabulario ao senlleiro Basilio Losada: debía
>>>> dicir "intimidade", seguramente por contaminación do castelán)
>>>>
>>>>
>>>>
>>>>
>>>>
>>>>
>>>>
>>>> O 19 febreiro 2016 02:11, Roi González Villa <
>>>> <roigonzalezvill...@gmail.com>roigonzalezvill...@gmail.com> escribiu:
>>>>
>>>>> Pois eu creo que «privacidade» está ben. Ademais os dicionario da RAG
>>>>> é un pouco escaso. Faltan moitísimas palabras.
>>>>> Ademais ata RAG emprega a palabra «privacidade». Na RAG son de usar
>>>>> palabras que non recollen no seu dicionario.
>>>>>
>>>>>
>>>>> https://www.google.es/search?q=privacidade+academia.gal&ie=utf-8&oe=utf-8&gws_rd=cr&ei=7mrGVsyzJoiQaNi0qOAJ#q=privacidade+site:academia.gal
>>>>>
>>>>> Saúdos.
>>>>>
>>>>> O 19 febreiro 2016 01:54, Serxio Cachaldora <
>>>>> <fuertescachald...@gmail.com>fuertescachald...@gmail.com> escribiu:
>>>>>
>>>>>> Pois non estaría mal a acepción 2 do termo Privanza. Se ben a define
>>>>>> canto a un estilo de relación cunha persoa, ben pode entenderse coma a
>>>>>> condición de espazo íntimo e persoal (compartido con outro ou cun mesmo),
>>>>>> parello ao que en castelán chman privacidade.
>>>>>>
>>>>>> Que vos parece?
>>>>>>
>>>>>> Saúde.
>>>>>>
>>>>>> 2016-02-19 1:35 GMT+01:00 Antón Méixome < <cert...@certima.net>
>>>>>> cert...@certima.net>:
>>>>>>
>>>>>>> Debo andar algo despistado. Non caera na conta de desconfiar ata
>>>>>>> hoxe.
>>>>>>>
>>>>>>> Como traducimos isto?  Privacidade ?
>>>>>>>
>>>>>>> Pois resulta que esta palabra *non-existe nin no DRAG, nin no
>>>>>>> Digalego. En portugués si, pero como puro calco do inglés, coma sempre.
>>>>>>>
>>>>>>> Ándame rondando a forma "privanza", que non queda mal para
>>>>>>>
>>>>>>> Privacy Policy → Normas de privanza
>>>>>>>
>>>>>>> e fai parella con Security → Seguranza
>>>>>>>
>>>>>>> ... xa me dou conta de que é un pouco escandaloso e sería un resgate
>>>>>>> case medieval. A alternativa é o anglicismo. O que nós temos é un
>>>>>>> castelanismo que parece provir de América latina (onde nace 
>>>>>>> «privacidad»).
>>>>>>>
>>>>>>> O calco directo español de privacy é privacía.
>>>>>>>
>>>>>>>
>>>>>>> Relacionado: non hai problema ningún curiosamente con «privativo»
>>>>>>> porque vén do léxico xurídico.
>>>>>>>
>>>>>>> Opinións?
>>>>>>>
>>>>>>> _______________________________________________
>>>>>>> proxecto mailing list
>>>>>>> proxecto@trasno.net
>>>>>>> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>>>>>>>
>>>>>>>
>>>>>>
>>>>>>
>>>>>> --
>>>>>> Discrimínanche por ser galego; actúa!!!, envía unha queixa ás
>>>>>> seguintes institucións:
>>>>>> - Valedor do Pobo: <http://www.valedordopobo.com/index.php?s=64>
>>>>>> http://www.valedordopobo.com/index.php?s=64
>>>>>> - Secretario Xeral de Política Lingüística (mándalle un correo, ten a
>>>>>> obriga de nos defender):
>>>>>> sxpl.secreta...@xunta.es
>>>>>> Moitas Grazas.
>>>>>>
>>>>>> _______________________________________________
>>>>>> proxecto mailing list
>>>>>> proxecto@trasno.net
>>>>>> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>>>>>>
>>>>>>
>>>>>
>>>>
>>>
>>>
>>> _______________________________________________
>>> proxecto mailing 
>>> listproxecto@trasno.nethttp://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>>>
>>>
>>>
>>> _______________________________________________
>>> proxecto mailing list
>>> proxecto@trasno.net
>>> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>>>
>>>
>>
>> _______________________________________________
>> proxecto mailing list
>> proxecto@trasno.net
>> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>>
>>
>
_______________________________________________
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

Responderlle a