O 22 febreiro 2016 21:38, Antón Méixome <cert...@certima.net> escribiu:
>
> Acabo de atopar, grazas a un colega este artigo que é un exemplo excepcional
> de bo traballo lexicográfico. É longo pero está tan ben que non podo deixar
> de recomendalo efusivamente. Non hai 2 senón 3 niveis semánticos que
> diferenciar:
>
> público//confidencial/privado/íntimo.
>
> Concordo absolutamente.
>
> http://www.ucm.es/info/especulo/numero21/privaci.html
>
>
> As miñas conclusións
>
> ESP
>
> confidencialidad
>          privacidad, vida privada
>                         intimidad
>
> GAL (concepto "reserva sobre circunstancias persoais")
>
> confidencialidade
>         privanza, vida privada
>                        intimidade
>
> Como vedes, non inclúo *privacidade en galego. Entendo que é un préstamos
> dun neoloxismo do castelán, que xa é rizar o rizo. O único que salvaría a
> súa aceptación sería que estivese incluído nas traducións xurídicas das leis
> de protección de datos ou sobre o segredo das telecomunicacións porque en
> principio ten máis que ver co ámbito da vida privada que coa reserva de
> datos.
>
> En resumo, utilícese en principio "confidencialidade", "datos persoais
> confidenciais" ... aínda que se podería admitir "*privacidade" que está no
> aire, sen saber que se quere dicir.

Persoalmente vexo mellor «privacidade» que «privanza»
http://academia.gal/dicionario/#searchNoun.do?current_page=1&nounTitle=privanza


Deica

> O 19 febreiro 2016 20:22, Antón Méixome <cert...@certima.net> escribiu:
>>
>> Foi un erro meu, o termo sobre o que pregunto é «privacy» non un
>> inexistente *privacity
>>
>> Grazasn tamén Leandro pola recollida, agora podo aclararme mellor
>>
>> privacy ten dúas acepcións
>>   - intimidade
>>   - confidencialidade
>>
>> Aquí do que se trata é de Privacy Policy ou normas sobre a
>> confidencialidade dos datos persoais, non da relación privada entre persoas
>> e entendo que non é aplicable nos casos que atopamos traducir por
>> "intimidade"
>>
>> Fixádevos neste par:  para "Pretty Good Privacy", "PGP"  (PanInet):
>> 1. "programa para unha confidencialidade óptima"
>> 2. "intimidade bastante boa"
>>
>> É obvio que a 1ª ten sentido e a segunda non.
>>
>> Por tanto, a cuestión é se admitimos que o equivalente para privacy na
>> acepción de tratamento de datos persoais sería  a) confidencialidade b)
>> privacidade (un préstamo do español) ... ou c) privanza (recreando o valor
>> desta antiga palabra como se fixo modernamente con : seguranza, gobernanza,
>> cobranza, varianza, ensinanza, avinza, estimanza, sentenza, etc.)
>>
>> En galego temos
>> privar, privación, privado, privanza, privativo, privatización
>> confidencia, confidencial
>> intimidade (=privanza)
>>
>> Tamén ten relación co inglés "reliable, trustworthy", que traducimos por
>> *confiable que tampouco está no DRAG. Sei que hai unha diferenza entre
>> "fiable" e "confiable" pero agora mesmo non importa.
>>
>> Resumo: a familia de privar ten moita máis rendibilidade na informática
>> (privar, privado, privativo, privanza)
>>
>> Pensádeo friamente porque necesitamos verbo, substantivo, adxectivo e
>> poder facer derivados naturais para adaptalo nas interfaces que ás veces
>> ofrecen moi pouco espazo (vantaxe do en. privacy e por iso triunfa
>> *privacidade)
>>
>> Política de protección de datos persoais (datos privados) = política/norma
>> de privanza = privanza
>>
>>
>>
>>
>>
>>
>>
>>
>>
>>
>>
>>
>>
>>
>>
>> O 19 febreiro 2016 12:43, Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com> escribiu:
>>>
>>> Concordo totalmente con Leando. «privacity» non existe no glosario
>>> inglés. Polas buscas que fixen, paréceme que é un erro por tradución
>>> incorrecta de castelá > inglés .
>>>
>>> O 19 febreiro 2016 12:32, Manuel X. Lemos <mxle...@openmailbox.org>
>>> escribiu:
>>>>
>>>>
>>>> Un pequeno inciso, sobre o termo «adxuntar» non é que falte (adxunto si
>>>> está por exemplo), falando da xerga informática, xa temos termos como
>>>> «achegar» e os sinónimos «anexar» e incluso «xuntar».
>>>>
>>>>
>>>> O 19/02/16 03:25, Roi González Villa escribiu:
>>>>
>>>> Deches aberto os PDFs? Eu non.
>>>>
>>>> Tamén se lle pode enviar un correo electrónico ó Portal das palabras,
>>>> que como unha páxina web ou asociación da RAG. Eu envieilles algunha e
>>>> responderon nun día ou dous. suxesti...@portaldaspalabras.org
>>>>
>>>> Eu agora mesmo estou redactando un motón de palabras que faltan como
>>>> «adxuntar», «nominación», «redirección».
>>>>
>>>> Saúdos
>>>>
>>>> O 19 febreiro 2016 02:31, Antón Méixome <cert...@certima.net> escribiu:
>>>>>
>>>>> Moi boa busca Roi, pero demostra case o contrario do que dis:
>>>>>
>>>>> Ou remiten a intimidade ou declaran "privacidade" como incorrecto.
>>>>> Fíxate que o preceden de asterisco
>>>>>
>>>>>
>>>>> 1 ...dereito á intimidade u.f. Dereito das persoas a preservaren o seu
>>>>> espazo privado, que os protexe fronte á descrición de certos aspectos da 
>>>>> súa
>>>>> vida.
>>>>>
>>>>> O domicilio, certos datos persoais ou os partes médicos, por exemplo,
>>>>> son polo xeral inviolables e forman parte do dereito á intimidade.
>>>>>
>>>>>
>>>>> 2. Ing. right to privacy Fr. droit à la vie privée Cast. derecho a la
>>>>> intimidad Pt. direito à reserva da intimidade
>>>>>
>>>>> 3. right to privacy  dereito á intimidade
>>>>>
>>>>> 4. privacidade s.f. Adaptación do termo inglés privacity. > intimidade.
>>>>> SO NESTE CASO, (e non é unha decisión da Academia senón duns autores
>>>>> particulares, que introducen nota de anglicismo e avalados polo Termigal.
>>>>> Fiabilidade baixa)
>>>>>
>>>>> 5. *Privatheit  *privacidade / Öffentlichkeit     AQUI DECLARADO
>>>>> INCORRECTO e o propio autor indica que é unha creación feita por el 
>>>>> calcada
>>>>> do alemán.
>>>>>
>>>>> 6. ...reivindicación dun papel máis xusto da muller na vida social e
>>>>> mesmo na privacidade, denuncia da submisión na que se atopaba,.. 
>>>>> (claramente
>>>>> falloulle o vocabulario ao senlleiro Basilio Losada: debía dicir
>>>>> "intimidade", seguramente por contaminación do castelán)
>>>>>
>>>>>
>>>>>
>>>>>
>>>>>
>>>>>
>>>>>
>>>>> O 19 febreiro 2016 02:11, Roi González Villa
>>>>> <roigonzalezvill...@gmail.com> escribiu:
>>>>>>
>>>>>> Pois eu creo que «privacidade» está ben. Ademais os dicionario da RAG
>>>>>> é un pouco escaso. Faltan moitísimas palabras.
>>>>>> Ademais ata RAG emprega a palabra «privacidade». Na RAG son de usar
>>>>>> palabras que non recollen no seu dicionario.
>>>>>>
>>>>>>
>>>>>> https://www.google.es/search?q=privacidade+academia.gal&ie=utf-8&oe=utf-8&gws_rd=cr&ei=7mrGVsyzJoiQaNi0qOAJ#q=privacidade+site:academia.gal
>>>>>>
>>>>>> Saúdos.
>>>>>>
>>>>>> O 19 febreiro 2016 01:54, Serxio Cachaldora
>>>>>> <fuertescachald...@gmail.com> escribiu:
>>>>>>>
>>>>>>> Pois non estaría mal a acepción 2 do termo Privanza. Se ben a define
>>>>>>> canto a un estilo de relación cunha persoa, ben pode entenderse coma a
>>>>>>> condición de espazo íntimo e persoal (compartido con outro ou cun 
>>>>>>> mesmo),
>>>>>>> parello ao que en castelán chman privacidade.
>>>>>>>
>>>>>>> Que vos parece?
>>>>>>>
>>>>>>> Saúde.
>>>>>>>
>>>>>>> 2016-02-19 1:35 GMT+01:00 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
>>>>>>>>
>>>>>>>> Debo andar algo despistado. Non caera na conta de desconfiar ata
>>>>>>>> hoxe.
>>>>>>>>
>>>>>>>> Como traducimos isto?  Privacidade ?
>>>>>>>>
>>>>>>>> Pois resulta que esta palabra *non-existe nin no DRAG, nin no
>>>>>>>> Digalego. En portugués si, pero como puro calco do inglés, coma sempre.
>>>>>>>>
>>>>>>>> Ándame rondando a forma "privanza", que non queda mal para
>>>>>>>>
>>>>>>>> Privacy Policy → Normas de privanza
>>>>>>>>
>>>>>>>> e fai parella con Security → Seguranza
>>>>>>>>
>>>>>>>> ... xa me dou conta de que é un pouco escandaloso e sería un resgate
>>>>>>>> case medieval. A alternativa é o anglicismo. O que nós temos é un
>>>>>>>> castelanismo que parece provir de América latina (onde nace 
>>>>>>>> «privacidad»).
>>>>>>>>
>>>>>>>> O calco directo español de privacy é privacía.
>>>>>>>>
>>>>>>>>
>>>>>>>> Relacionado: non hai problema ningún curiosamente con «privativo»
>>>>>>>> porque vén do léxico xurídico.
>>>>>>>>
>>>>>>>> Opinións?
>>>>>>>>
>>>>>>>> _______________________________________________
>>>>>>>> proxecto mailing list
>>>>>>>> proxecto@trasno.net
>>>>>>>> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>>>>>>>>
>>>>>>>
>>>>>>>
>>>>>>>
>>>>>>> --
>>>>>>> Discrimínanche por ser galego; actúa!!!, envía unha queixa ás
>>>>>>> seguintes institucións:
>>>>>>> - Valedor do Pobo: http://www.valedordopobo.com/index.php?s=64
>>>>>>> - Secretario Xeral de Política Lingüística (mándalle un correo, ten a
>>>>>>> obriga de nos defender):
>>>>>>> sxpl.secreta...@xunta.es
>>>>>>> Moitas Grazas.
>>>>>>>
>>>>>>> _______________________________________________
>>>>>>> proxecto mailing list
>>>>>>> proxecto@trasno.net
>>>>>>> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>>>>>>>
>>>>>>
>>>>>
>>>>
>>>>
>>>>
>>>> _______________________________________________
>>>> proxecto mailing list
>>>> proxecto@trasno.net
>>>> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>>>>
>>>>
>>>>
>>>> _______________________________________________
>>>> proxecto mailing list
>>>> proxecto@trasno.net
>>>> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>>>>
>>>
>>>
>>> _______________________________________________
>>> proxecto mailing list
>>> proxecto@trasno.net
>>> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>>>
>>
>
>
> _______________________________________________
> proxecto mailing list
> proxecto@trasno.net
> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

Responderlle a