2011/2/4 Adrián Chaves Fernández<[email protected]>:
-Dádevos de alta no Pootle e no web para que vos poida asignar
traducións, ficheiros, tarefas, etc
O Pootle atopeino[1] (non foi difícil) e estoume dando de alta. Respecto
do
web, vin o da fundación[2] e o do LibO[3], pero non vexo nada relativo a
rexistrarse nas portadas, e non sei onde dis de rexistrarse.
-Cómpre xente que faga cousas (web, wiki, artigos, traducións) ... se
é posible ide dicindo algo e en función diso falamos de prioridades.
Oficialmente non fago nada, pero procurarei pasado febreiro ir avanzando
a
tradución do wiki (lentamente) e procurando que as páxinas xa traducidas
se
manteñan ao día (grazas ás notificacións por correo electrónico).
O wiki ten que pasar a ser prioridade, máis que o web. Explico en breve:
Para construír o web, hai que poñerse de acordo na estrutura e
contidos dentro do equipo, porque cada Proxecto NL vai ter a súa
propia e dependerá moito das circunstancias de cada un deles. O
obxectivo no web debe ser a claridade para os usuarios. Concíbese cun
obxectivo de ferramenta de márquetin da suite (de aí a importancia do
deseño, imaxe de marca, gráficos, chucherías, etc.). Por outra parte,
se cambia de sistema de CMS, pois seguramente cambiarán os requisitos,
a estrutura, etc. Así que non é moi prudente descansar aspectos
críticos sobre o que hai.
Polo contrario, o wiki si que vai ser o que hai, así que o lóxico será
centrarse en verter contidos nel. Ademais é unha ferramenta máis que
coñecida (haberá que seguir directrices de estrutura por razóns de
cohesión e navegación). En resumo, que deberemos estar un pouco todos
colaborando nel, coa túa mestría no tema como guía, non? :-)
P.S LibO non vai cambiar de CMS (de SilverStripe a Drupal, ou o que
sexa) ata dentro de 6 meses como mínimo segundo un anuncio de Charles
Shulz do Comité Executivo (SC).
Ben, iso quererá dicir probablemente que o desenvolverán xa coa versión 7
de
Drupal. Promete :)
Promete ser un desastre para o galego se non hai quen poña ao rego o
grupo de localización do Drupal
:-)