Ola a todos,

A versión 4 sairá publicada segundo a previsión o día 6, é dicir, mañá.

Aínda non está dispoñible a nota de prensa para adaptala e publicar en
todos os idiomas.

Respecto da localización, está feita ao 100% en galego (xunto con outros 28
idiomas entre os que non está o español !!) Supuxo máis ou menos unhas 3600
novas palabras e toda unha sección dedicada á localización de procesos
estatísticos pero hai un pequeno problema que a ver se se resolve:

Aparecen unhas 6 ou 7 cadeas sen localizar na RC3. Xa mandei un correo.
Parece que é un problema que só nos afecta a algúns idiomas. Pedin que se
fixese unha nova RC pero supoño que como máximo sacarán unha nova
compilación xa definitiva.

O malo é que son cadeas que aparecen nos menús da Barra estándar e por
tanto son moi visibles (por exemplo Editar → Saír (que aparece como "Exit
LibreOffice"). Se non se soluciona a tempo, teño a dúbida de se debemos
promocionala para o público galego ou agardamos a que se corrixa, que sería
dentro dun mes.

Acaba de saír aínda o pasado día 3 a versión 3.6.5 á que non lle dou máis
importancia porque a rama 3.6 xa é moi estable desde a versión 3.6.2. En
todo caso faria fincapé na 3.6.6 que será última e por tanto a máis estable
(prevista para mediados de abril).

Calquera cousa xa sabedes... o correo é gratis

Un saúdo,


-- 
Antón Méixome - Galician Native Lang Coordination
Galician community LibO & AOO

-- 
Correo a [email protected] para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar

Responder a