2013/2/5 Adrián Chaves Fernández <[email protected]>:
> Home, sempre se podería anunciar como 100% traducida e incluír na nova unha 
> aclaración sobre o problema, e explicar que está pendente de que os 
> desenvolvedores o solucionen. Cando o fagan, pódese publicar unha nota, máis 
> curta, indicando que xa se solucionou e animando a descargar a nova versión 
> co arranxo.

Estou de acordo con Adrián. Así de paso xa temos para dúas novas en
vez de para unha.

Deica

> O Martes, 5 de Febreiro de 2013 02:17:48 Anton Meixome escribiu:
>> Ola a todos,
>>
>> A versión 4 sairá publicada segundo a previsión o día 6, é dicir, mañá.
>>
>> Aínda non está dispoñible a nota de prensa para adaptala e publicar en
>> todos os idiomas.
>>
>> Respecto da localización, está feita ao 100% en galego (xunto con outros 28
>> idiomas entre os que non está o español !!) Supuxo máis ou menos unhas 3600
>> novas palabras e toda unha sección dedicada á localización de procesos
>> estatísticos pero hai un pequeno problema que a ver se se resolve:
>>
>> Aparecen unhas 6 ou 7 cadeas sen localizar na RC3. Xa mandei un correo.
>> Parece que é un problema que só nos afecta a algúns idiomas. Pedin que se
>> fixese unha nova RC pero supoño que como máximo sacarán unha nova
>> compilación xa definitiva.
>>
>> O malo é que son cadeas que aparecen nos menús da Barra estándar e por
>> tanto son moi visibles (por exemplo Editar → Saír (que aparece como "Exit
>> LibreOffice"). Se non se soluciona a tempo, teño a dúbida de se debemos
>> promocionala para o público galego ou agardamos a que se corrixa, que sería
>> dentro dun mes.
>>
>> Acaba de saír aínda o pasado día 3 a versión 3.6.5 á que non lle dou máis
>> importancia porque a rama 3.6 xa é moi estable desde a versión 3.6.2. En
>> todo caso faria fincapé na 3.6.6 que será última e por tanto a máis estable
>> (prevista para mediados de abril).
>>
>> Calquera cousa xa sabedes... o correo é gratis
>>
>> Un saúdo,
>>
>>
>>
>
> --
> Correo a [email protected] para saber como desubscribirse
> O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
> As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar

-- 
Correo a [email protected] para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar

Responder a