Home, sempre se podería anunciar como 100% traducida e incluír na nova unha aclaración sobre o problema, e explicar que está pendente de que os desenvolvedores o solucionen. Cando o fagan, pódese publicar unha nota, máis curta, indicando que xa se solucionou e animando a descargar a nova versión co arranxo.
O Martes, 5 de Febreiro de 2013 02:17:48 Anton Meixome escribiu: > Ola a todos, > > A versión 4 sairá publicada segundo a previsión o día 6, é dicir, mañá. > > Aínda non está dispoñible a nota de prensa para adaptala e publicar en > todos os idiomas. > > Respecto da localización, está feita ao 100% en galego (xunto con outros 28 > idiomas entre os que non está o español !!) Supuxo máis ou menos unhas 3600 > novas palabras e toda unha sección dedicada á localización de procesos > estatísticos pero hai un pequeno problema que a ver se se resolve: > > Aparecen unhas 6 ou 7 cadeas sen localizar na RC3. Xa mandei un correo. > Parece que é un problema que só nos afecta a algúns idiomas. Pedin que se > fixese unha nova RC pero supoño que como máximo sacarán unha nova > compilación xa definitiva. > > O malo é que son cadeas que aparecen nos menús da Barra estándar e por > tanto son moi visibles (por exemplo Editar → Saír (que aparece como "Exit > LibreOffice"). Se non se soluciona a tempo, teño a dúbida de se debemos > promocionala para o público galego ou agardamos a que se corrixa, que sería > dentro dun mes. > > Acaba de saír aínda o pasado día 3 a versión 3.6.5 á que non lle dou máis > importancia porque a rama 3.6 xa é moi estable desde a versión 3.6.2. En > todo caso faria fincapé na 3.6.6 que será última e por tanto a máis estable > (prevista para mediados de abril). > > Calquera cousa xa sabedes... o correo é gratis > > Un saúdo, > > > -- Correo a [email protected] para saber como desubscribirse O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/ As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar
