El 05/02/13 2:18, Anton Meixome [via Document Foundation Mail Archive] escribió: > Ola a todos, > > A versión 4 sairá publicada segundo a previsión o día 6, é dicir, mañá. > > Aínda non está dispoñible a nota de prensa para adaptala e publicar en > todos os idiomas. > > Respecto da localización, está feita ao 100% en galego (xunto con outros 28 > idiomas entre os que non está o español !!) Supuxo máis ou menos unhas 3600 > novas palabras e toda unha sección dedicada á localización de procesos > estatísticos pero hai un pequeno problema que a ver se se resolve: > > Aparecen unhas 6 ou 7 cadeas sen localizar na RC3. Xa mandei un correo. > Parece que é un problema que só nos afecta a algúns idiomas. Pedin que se > fixese unha nova RC pero supoño que como máximo sacarán unha nova > compilación xa definitiva. > > O malo é que son cadeas que aparecen nos menús da Barra estándar e por > tanto son moi visibles (por exemplo Editar → Saír (que aparece como "Exit > LibreOffice"). Se non se soluciona a tempo, teño a dúbida de se debemos > promocionala para o público galego ou agardamos a que se corrixa, que sería > dentro dun mes. > > Acaba de saír aínda o pasado día 3 a versión 3.6.5 á que non lle dou máis > importancia porque a rama 3.6 xa é moi estable desde a versión 3.6.2. En > todo caso faria fincapé na 3.6.6 que será última e por tanto a máis estable > (prevista para mediados de abril). > > Calquera cousa xa sabedes... o correo é gratis > > Un saúdo, > > > -- > Antón Méixome - Galician Native Lang Coordination > Galician community LibO & AOO > > -- > ... >
Ola Antón, de calquera maneira, a lo menos as dúas primeiras revisións dunha rama sempre son as mais problemáticas na súa estabilidade, e aínda que a nova versión parece bastante estable, e difícil de saber en tanto non haxa un uso masivo da mesma. Non sei, e con sinceridade non o teño claro, o mellor como refires sinalar de algún xeito a posible diferencia na estabilidade entre ámbalas dúas versións. Pois aínda que e importante a nova versión, paréceme tamén moi importante a estabilidade no uso do programa que pode ter a 3.6. Saúdos. Miguel Ángel. -- View this message in context: http://nabble.documentfoundation.org/Re-gl-discuss-Version-4-tp4034459.html Sent from the Discuss mailing list archive at Nabble.com. -- Correo a [email protected] para saber como desubscribirse O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/ As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar
