Propoño: rasar
*
====*

Cando a cousa non está clara hai que ir máis a fondo.

Verbo si que é

flatten [?flætn] /vt/ (also: *flatten out*) ? allanar 
<http://es.thefreedictionary.com/allanar> (= /smooth out/); alisar 
<http://es.thefreedictionary.com/alisar> [+ /house, city/]; arrasar 
<http://es.thefreedictionary.com/arrasar>


Ten moitos significados, tanto formais como informais así que hai que 
buscar un equivalente específico para o valor que ten aquí.

En concreto trátase dun concepto que se usa en Matemáticas (Xeometría) e 
a partir de aí na programación.

Aquí, trátase dunha orde e por iso vai só "flatten directories", sen o 
"out". Parece claro que neste contexto significa desimbrincar unha 
estrutura "arbórea" de cartafoles (nese sentido sería reducila a plano, 
estendela).

De todas estas opcións: rasar, aplanar, pisar, achatar, desaniñar, 
desarticular (en sentido técnico), desfacer, estender, expandir, estirar

Propoño: rasar
*
(RAG) 2*. Poñer lisa ou a nivel [unha cousa]. /Despois de gradar 
pasámoslle o caínzo para rasa-la terra. Rasar un prado./
En matemáticas úsase "flat angle" > ángulo raso

Como segunda opción escollería "aplanar" pola concordancia coas linguas 
veciñas.

Considero recomendábel que a tradución escollida fose rendíbel alén do 
caso concreto e fose un equivalente no ámbito das matemáticas.

Desdígome da proposta "normalizar" porque este termo xa está asociado a 
"normalice". Achaiar tampouco vale, obviamente por castelanismo.





mvillarino escribiu:
>> E no português tamén, pero para esta caso concreto sería mellor
>> empregar un «desaniñar».
>>     
>
> kdebase/kcmkio.po
>
> Flatten boorkmark tree
>
> Pois resulta que o puxen como "Achaiar"; que pelotas teño. Á noite xa
> será «desaniñar».
> (O que non estou tan certo é de que sexa verbo, senón adxectivo. Teño
> que miralo. Neste caso «Lista de marcadores desaniñada» (porque o
> resultado non ten trazas de árbore, senón de lista).
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>
>   


-- 
Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ES) 
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867 // 881 999 113 <meixome @ mancomun.org>

------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome     : meixome.vcf
Tipo       : text/x-vcard
Tamaño     : 854 bytes
Descrición: non dispoñible
Url        : 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090513/44dbac13/attachment.vcf
 

Responderlle a