Pode ser que estea desnaturalizado xa. De feito recóllese en moitos 
dicionarios de Galaxia.

O problema é cando se traduce sistematicamente entre castelán e galego 
sen matizar

Allanamiento de morada > achaiamento de morada ?
Allanarse a la demanda > achaiarse (achanzarse, achantarse) á demanda ?
Allanar dificultades > achaiar dificultades ?

Por non distinguir entre cast. aplanar/allanar, que non sempre son 
sinónimos, e tamén os valores metafóricos de "allanar" en castelán, que 
son moitos. Iso é o que me leva a non recomendar, nin usar "achaiar". É 
dicir, achaiar non é de orixe castelá pero o seu uso actual está 
claramente castelanizado. IMHO, cómpre restrinxilo a usos mecánicos 
(achaiar terreo).

Plano (subs. e adx.), polo contrario non ten ningún problema, pero 
tampouco é sinónimo de chan (subs.)

Antón






mvillarino escribiu:
>> Desdígome da proposta "normalizar" porque este termo xa está asociado a
>> "normalice". Achaiar tampouco vale, obviamente por castelanismo.
>>     
>
> Non o é, ou de selo está lexicalizado, como «medrar». Aparece tanto no
> digalego como no estraviz, quer que con diferenzas no significado, por
> exemplo, neste último aparece un significado complementario de achair,
> tirar fora dun río (cara riba).
> Recurrir tantas veces aos castelanismos para desbotar unha escolla non
> penso que sexa boa política.
>
> Un «flat angle» pode ser dúas cousas:
> - En xeometría, un ángulo de pi radianos, que ven sendo un ángulo
> plano ou raso, segundo se mire na wikipedia en galego ou en portugués,
> - Como elemento construtivo, o flat angle, xunto co external angle e o
> internal angle forman os codos das canles pasacabos por onde se
> instalan os cables eléctricos ou de rede, e nos catálogos veñen vindo
> como ángulo exterior ou externo, ángulo interior ou interno e ángulo
> ou curva plana (prefiro chao/cha).
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>
>   

-- 
Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ES) 
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867 // 881 999 113 <meixome @ mancomun.org>

------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome     : meixome.vcf
Tipo       : text/x-vcard
Tamaño     : 854 bytes
Descrición: non dispoñible
Url        : 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090513/55912f28/attachment.vcf
 

Responderlle a