Todo o que pasa pola miña man vai con pegar. Colar non resulta axeitado para o significado que se lle pretende dar na informática.
Miguel Branco escribiu: > Olá, > > Pois vaia, que me aburrín xa de ver no Firefox et al. 'colar' por 'paste' > (en) > así que abro o debate. Fágoo, porqué onte ou así miña irmá usando o firefox > saltou sorprendida -'colar'!? , isto é 'pegar', non?- . Tranquilos, non é a > primeira que se pregunta o mesmo. > > Parece moda crecente en Gnome usar colar porque aparece 6 veces en evolution, > 9 veces máis no portaretallos... mentras que en KDE está 'apegar/pegar', en > 'inkscape' idem... é dicir, somos máis clásicos ;) > > Segundo o digalego: > colar v. >> v t Unir dúas cousas con cola. > >SIN: encolar. > >ANT: descolar, desencolar, despegar. > > e esta non é a acepción da que falamos. Nas si que se cola é nas carpinterias > xa que alí péganse as táboas con cola. En todo caso, colar refírese a pegar > con pegamento ou cola, non a unir dous elemento con tal de que queden xuntos. > > (cambridge online) > paste: >> paste >> verb >> 1 [T usually + adverb or preposition] to stick something to something, >> especially with paste: You can make your own distorting mirror by pasting a >> sheet of kitchen foil to a piece of thin cardboard. >> >> 2 [I or T] to move a piece of text to a particular place in a computer >> document: Cut that paragraph and then paste it at the end of the page. > > véxase: > > pegar (var. apegar): > > 1 v t >> 1 Unir unha cousa a outra por medio dunha substancia >> adhesiva. >> 2 Unir unha substancia dúas cousas de xeito que non se >> separen. Tm >> abs. > > que para o que me importa, amplia o concepto: xuntar, unir varias cousas. > Esta > si que me parece unha tradución correcta: Paste > pegar/apegar. > > 'Pegar' é un concepto xa introducido na lingua e que todo o mundo emprega. > Pégase un cartel, unha pegatina... No caso de preteder cambialo por que en > portugués ou noutras linguas se empregue 'colar' por 'paste'... eu non son > quen de lle atopar xustificación. Colar e pegar son patrimoniais, pegar ten > un > sentido máis amplo así como un uso máis extendido para 'unir, ligar varios > elementos'. Colar en portugués ten matices algo diferentes, conceptualmente é > mais amplo etc . Así que, que motivo hai para escoller 'colar'? > > > _______________________________________________ > G11n mailing list > G11n en mancomun.org > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n