Ola,

A miña humilde contribución, máis abaixo:

2009/7/2 Miguel Branco <mgl.branco en gmail.com>

>
> Olá,
>
> Pois vaia, que me aburrín xa de ver no Firefox et al. 'colar' por 'paste'
> (en)
> así que abro o debate. Fágoo, porqué onte ou así miña irmá usando o firefox
> saltou sorprendida -'colar'!? , isto é 'pegar', non?- . Tranquilos, non é a
> primeira que se pregunta o mesmo.
>
> Parece moda crecente en Gnome usar colar porque aparece 6 veces en
> evolution,
> 9 veces máis no portaretallos... mentras que en KDE está 'apegar/pegar', en
> 'inkscape' idem... é dicir, somos máis clásicos ;)
>
> Segundo o digalego:
> colar v.
> >v t Unir dúas cousas con cola.
>  >SIN:         encolar.
>  >ANT:         descolar, desencolar, despegar.
>
> e esta non é a acepción da que falamos. Nas si que se cola é nas
> carpinterias
> xa que alí péganse as táboas con cola. En todo caso, colar refírese a pegar
> con pegamento ou cola, non a unir dous elemento con tal de que queden
> xuntos.
>
> (cambridge online)
> paste:
> >paste
> >verb
> >1 [T usually + adverb or preposition] to stick something to something,
> > especially with paste: You can make your own distorting mirror by pasting
> a
> > sheet of kitchen foil to a piece of thin cardboard.
> >
> >2 [I or T] to move a piece of text to a particular place in a computer
> > document: Cut that paragraph and then paste it at the end of the page.
>
> véxase:
>
> pegar (var. apegar):
>      >         1        v t
> >       1       Unir unha cousa a outra por medio dunha substancia
> adhesiva.
> >       2       Unir unha substancia dúas cousas de xeito que non se
> separen. Tm
> > abs.
>
> que para o que me importa, amplia o concepto: xuntar, unir varias cousas.
> Esta
> si que me parece unha tradución correcta: Paste > pegar/apegar.
>
> 'Pegar' é un concepto xa introducido na lingua e que todo o mundo emprega.
> Pégase un cartel, unha pegatina... No caso de preteder cambialo por que en
> portugués ou noutras linguas se empregue 'colar' por 'paste'... eu non son
> quen de lle atopar xustificación.


A xustificación consiste en que non é bon crear diferenzas evitábeis entre o
galego e o português, como as propias Normas timidamente indican. E
basicamente, o que en español é *pegar*, en portugués é* colar*, nós veremos
a que queremos que se pareza máis o galego. Non digo que sexa peremptorio
aliñarse co portugués neste caso, só dou motivos a favor (xa que ninguén os
expuña).

É obvio que a segunda acepción do inglés (que cita Miguel máis arriba) foi
unha ampliación semántica a partir da primeira ("apegar algo a algo,
especialmente con cola"). A primeira acepción existe en galego para "colar"
e dar o paso de usalo no uso metafórico do computador en galego non é
diferente do que fixo o inglés. E "apegar" nos dicionarios galegos aínda non
ten o sentido de colar texto ou imaxes nunha GUI, así que eu diría que do
punto de vista neolóxico todas as portas están abertas.

Se por coherencia interna (porque a maioría das traducións usen "(a)pegar"
neste caso) a comunidade decide impor ou priorizar esa solución, iso é xa
outro asunto.

Saúde, Manuel
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090706/438bc762/attachment.htm
 

Responderlle a