Olá, 

Pois vaia, que me aburrín xa de ver no Firefox et al. 'colar' por 'paste' (en) 
así que abro o debate. Fágoo, porqué onte ou así miña irmá usando o firefox 
saltou sorprendida -'colar'!? , isto é 'pegar', non?- . Tranquilos, non é a 
primeira que se pregunta o mesmo. 

Parece moda crecente en Gnome usar colar porque aparece 6 veces en evolution, 
9 veces máis no portaretallos... mentras que en KDE está 'apegar/pegar', en 
'inkscape' idem... é dicir, somos máis clásicos ;)

Segundo o digalego: 
colar v. 
>v t Unir dúas cousas con cola.
  >SIN:         encolar.
  >ANT:         descolar, desencolar, despegar.

e esta non é a acepción da que falamos. Nas si que se cola é nas carpinterias 
xa que alí péganse as táboas con cola. En todo caso, colar refírese a pegar 
con pegamento ou cola, non a unir dous elemento con tal de que queden xuntos. 

(cambridge online)
paste:
>paste   
>verb
>1 [T usually + adverb or preposition] to stick something to something,
> especially with paste: You can make your own distorting mirror by pasting a
> sheet of kitchen foil to a piece of thin cardboard.
>
>2 [I or T] to move a piece of text to a particular place in a computer
> document: Cut that paragraph and then paste it at the end of the page.

véxase: 

pegar (var. apegar):
      >         1        v t
>       1       Unir unha cousa a outra por medio dunha substancia adhesiva.
>       2       Unir unha substancia dúas cousas de xeito que non se separen. Tm
> abs.

que para o que me importa, amplia o concepto: xuntar, unir varias cousas. Esta 
si que me parece unha tradución correcta: Paste > pegar/apegar. 

'Pegar' é un concepto xa introducido na lingua e que todo o mundo emprega. 
Pégase un cartel, unha pegatina... No caso de preteder cambialo por que en 
portugués ou noutras linguas se empregue 'colar' por 'paste'... eu non son 
quen de lle atopar xustificación. Colar e pegar son patrimoniais, pegar ten un 
sentido máis amplo así como un uso máis extendido para 'unir, ligar varios 
elementos'. Colar en portugués ten matices algo diferentes, conceptualmente é 
mais amplo etc . Así que, que motivo hai para escoller 'colar'?


Responderlle a