Que o usuário não o guarde num ficheiro (se não quer, que jeitos sempre há) não quer dizer que não exista a "descarga", que os dados não chegam por cousa de meigas. Não gosto do "sen descarga", não me parece real, especialmente se o que queremos é ser precisos.
"Videofluxo" parece-me querer reinventar a roda por aforrar uma preposição de duas letras, e com todo o respeito não vejo a necessidade. Pero vamos, se queremos converter o galego numa língua parassintética é um bom começo :P Saúde. ----- Mensaje original ----- De: "Xusto Rodriguez Rio" <xusto.rodriguez en usc.es> Para: "Comunidade de tradución de software libre ao galego" <g11n en mancomun.org> Enviados: Lunes, 2 de Noviembre 2009 10:52:11 GMT +01:00 Amsterdam / Berlín / Berna / Roma / Estocolmo / Viena Asunto: Re: [G11n] [terminoloxía] video streaming Ola, Desde a miña ignorancia informática, véxolle dous problemas ao uso de VIDEOFLUXO (e AUDIOFLUXO, cando correspondese): 1) Paréceme unha denominación pouco transparente para quen non saiba previamente que é un equivalente de "streaming". 2) Crearíanos problemas á hora de intentar aplicar esa solución en contextos en que "streaming" se vén empregando de forma xenérica, sen concretalo con "audio" ou "video". Un exemplo: Nunha frase como 'O Streaming é unha ferramenta sumamente atractiva para calquera proxecto web' de que forma suplantariamos o anglicismo? O coherente sería 'O fluxo é unha ferramenta...', pero non parece moi aproveitable, salvo que o completásemos con algún elemento, como por exemplo 'A transmisión en fluxo é unha ferramenta...' Hai outras alternativas que calcan de forma máis ou menos directa o inglés "stream" que poden evitar este segundo problema: - FLUXO DE VÍDEO/AUDIO (xa comentado), que poderiamos xeneralizar como TRANSMISIÓN EN FLUXO. - TRANSMISIÓN EN SECUENCIA (recomendada no Glosario de Windows), que se podería concretar como VIDEOTRANSMISIÓN EN SECUENCIA ou AUDIOTRANSMISIÓN EN SECUENCIA. Pero en boa medida, a cuestión da falta de transparencia segue estando aí; e por riba vemos que son formas bastante máis longas ca o "streaming" orixinal. Por iso, déixovos para o debate unha outra alternativa: se o elemento central do concepto "streaming" é que os ficheiros poden comezar a reproducirse sen necesidade de completar previamente a súa descarga, sería posible construír o nome galego sobre esa realidade? Sería posible falar de VÍDEO/AUDIO SEN DESCARGA ou de VÍDEO/AUDIOTRANSMISIÓN SEN DESCARGA? E para o concepto xenérico, poderiamos optar por TRANSMISIÓN SEN DESCARGA. Esa mesma idea é a que se recomenda para catalán (http://www.termcat.cat/termgia/termnorm/fitxes/2/207881_36.html) e portugués (http://www.ciberduvidas.com/pergunta.php?id=18593), aínda que aquí se tome como referencia a denominación "en tempo real" (que sería outra posibilidade para valorar, claro). Xusto A. Rodríguez SNL da USC -----Mensaje original----- De: g11n-bounces en mancomun.org [mailto:g11n-bounces en mancomun.org] En nombre de damufo Enviado el: sábado, 31 de outubro de 2009 18:46 Para: Comunidade de tradución de software libre ao galego Asunto: Re: [G11n] [terminoloxía] video streaming Boas: Pois a min pareceme unha gran idea empregar "videofluxo", a ver se comezamos a ter unha lingua máis viva e deixarnos de andar usar definicións no canto de termos. Sabedes cal é a tradición do termo pantalán ao galegosegundo a rag? Pois: "embarcadoiro que se mete algo no mar", por favor!... se non temos termo para iso importemos/creemos un pero isto non é tradución senón un discurso... Imaxinade, "Ei! meu!, ves esa canoa que está no embarcadoiro que se mete algno no mar?" huas huas, dame a risa so pensalo. Leandro Regueiro escribiu: >>> Serei curioso... que problema apresenta "fluxo de vídeo" ? >> Eu emprego "fluxo de vídeo" > > Eu tamén ía dicir "fluxo de vídeo"... > _______________________________________________ > G11n mailing list > G11n en mancomun.org > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n > _______________________________________________ G11n mailing list G11n en mancomun.org http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n _______________________________________________ G11n mailing list G11n en mancomun.org http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n