>  suso.baleato en xunta.es escribiu:
> > Leandro, case mellor revisa este que vai completo, antes non metín as
>  > propostas das que saquei os roles que enviei antes xa que estaban moi
>  > en bruto e compría adecentalas un pouquiño. Tratei de lembrar quen as
>  > fixera recollendo un pouco tamén á xente que as fixo. Seguro que se me
>  > olvidou alguén, pido desculpas por anticipado. Xa ides emendando vós.
>  >
>  > Pra min foi unha gozada de encontro pola xente que coñecín, ou que
>  > comecei a coñecer para ser máis rigorosos. Quedoume un sabor de boca ben
>  > gorentoso. Cando queirades montamos outra.

Para min tamén ainda que tiven que arrincar antes de tempo e me perdin
a parte do final. A revisión do texto cas cousas explicadas polo miúdo
axuda a ver as cousas que non entendiches ou ás que non estabas
atendendo (síntoo pero a veces desconecto sen me dar conta).

Onte estiven lendo e apuntando ideas e cousas que me pareceron
interesantes e que non sairon ou cousas que queria dicir e por falta
de tempo e/ou que esquecin non se mencionaron. Está totalmente
desorganizado, pero agora mesmo non teño tempo (os exames bótanseme
enriba) e saiu como saiu, nin sequera puxen que ou quen deberia facer
estas cousas. Primeiro as cousas que penso que faltan ou que habería
que aclarar (pode que xa estean enriba, pero como hai algunha cousa
que non entendo por non ter unha explicación ó seu carón...):
        
        - Poñer estas ideas por escrito nun ODF cun índice ó estilo da
lista da primeira revisión remitida por Suso, e ben desenvolvidas e
explicadas no corpo do documento.

        - Atraer novos tradutores usando:
            - Pootle
            - Obradoiros de tradución
            - Facer cursos polos que se obteñan créditos de libre (a idea de
dar algo a cambio de traducións funciona, ainda que só van continuar
aquelas persoas realmente interesadas, pero algo é algo)
            - Charlas:
                - Xornadas noveis do GPUL na FIC
                - En escolas e institutos
                - Noutra facultades especialmente tradución e interpretación en 
Vigo
                - Dando información a usuarios de SL acerca de como traducir
a través dos GULs, para que espallen todo isto dentro da súa area de
influencia)
        
        - Isto é unha proposta para mancomun: agora mesmo tedes o entrans ó
que se accede mediante unha ligazón nun dos paneis laterais de
mancomun.org pero a inclusión dunha lista de recursos, e todo isto que
vos pedimos non viria mal situalo todo nunha sitio independente, ou
polo menos unhas páxinas cun estilo diferente, para diferenciar a
parte de localización do resto de mancomun (xa sei que son bastante
esixente, pero evos a miña natureza, que se lle vai facer).
        
        - Xuntanza para explicar como é a nova normativa (2003) xa que eu
quedei na anterior...
        
        - Falar seriamente cos tradutores de rosetta e outros tradutores
inexpertos (ou vándalos) e explicarlle as cousas (obradoiro de
traducion). Isto vai ser dificil xa que haberá quen se desmoralice por
pensar que non da a talla, vale, deixámolo logo, non hai maltratar á
canteira :), ou sexa, dito todo isto doutro xeito, formar ós
tradutores... se lles interesa, claro...
        
        - Facer xuntanza para explicar a integración dos novos métodos e
servizos cas plataformas a usar para traducir (Pootle, Poedit,
Kbabel/Lokalize, Gtranslator), ou sexa un obradoiro interno, que eu
disto a verdade é que moita idea non teño.
        
        - Xuntanza para explicarnos empresas e voluntarios que programas e
que metodos se usan, se é que hai interese por parte dalgunha das
partes.
        
        - concretar o que se falara da copia de seguridade comunitaria destes
novos recursos compartidos (mellor varias copias, e non só cando sexa
cambio de goberno, senón cando a entidades ou persoas interesadas lles
pete) e explicar toda a loxistica de montar estes servidores tmx e tbx
á comunidade (se temos que ser nós o plan de salvación da
infrastructura teremos que saber como facelo)
        
        - buscar tradutores activos illados (xa sexan tradutores de SL ou de
freeware ou do que sexa, mentres sexan tradutores ó galego) para
invitalos á nosa comunidade (xa sexa á tradución de SL ou só para
colaboración na elaboracion e uso dos recursos comuns (TM, glosarios,
ideas, etc.)). Se non se unen, manter contacto con eles de cando en
vez por se contactan con eles outros tradutores ós que se poida
atraer. Isto despois da organización é un punto clave.
        
        - a xente da galipedia igual ten interés en colaborar de algún xeito
nalgo de todo isto que estivemos artellando e eles tamén estarían
interesados no asunto dos termos
        
        - buscar mais servizos de diccionarios terminoloxia e outros recursos
utiles e incorporalos á listaxe de recursos, pero non só recursos en
galego, senón calquera cousa útil
        
        - cambiar entrans polo pootle en mancomun (creo que isto non tedes
nin que pensalo, o único mirar como facer o cambio e adaptarse á nova
plataforma). Copia de seguridade comunitaria disto tamén pode ser
interesante. Os deuses queiran que mancomun non desapareza, pero non
hei ser eu quen poña a súa man no lume...
        
        - dar visibilidade periodicamente (traduciuse tal, tal xuntanza tivo
lugar... en medios de comunicacion, chuza, etc)
        
        - buscatermos: realmente interesa montar outro servidor de
terminoloxia aparte deste xa existente(si, unicamente cando o
buscatermos non sexa de acceso libre: por que non é de acceso
libre(aclarar isto. se é por falta de infrastructura que mancomun
solicite algo mellor por parte da universidade, ou que poña recursos,
e intentar liberar e facer realmente comunitario este recurso, tanto
para todalas universidades coma para quen o queira consultar, que
seguro que hai moita xente que anda buscando coma tola un recurso
deste tipo))). É buscatermos un servizo con soporte xml-rpc?? Pódese
exportar a TBX(copia de seguridade comunitaria, ainda que non sexa de
mancomun :) )??
        
        - O mundo da terminoloxia esta tamen tan fragmentado coma o da
tradución de software?? Se é así intentar axudarlles a unirse que iso
tamén nos beneficia, canta mais xente haxa mais ideas haberá e mais ha
avanzar o tema.
        
        - Pootle integrase con servidor TBX?? Intentar integrar con
buscatermos ou o noso servidor TBX no caso de que o montemos. Integrar
con programas de escritorio.
        
        - incorporacion da xente das empresas ás listas de correo da
comunidade (doutro xeito a integración e colaboración total vai ser un
pouco chunga), ou dito doutro xeito, un foro común de discusión e
comunicación. Ademais disto, incorporación de todos nas listas de
servizos coma o de terminoloxia.
        
        - reunións periodicas para avaliar o estado da cousa, propoñer novas
ideas, para coñecernos (os que non nos coñecemos ainda, o que tamén
vale para introducir a nova xente (que a xente se vexa as caras fai
que estean máis dispostos a colaborar e involucrarse)), comer :)
        
        - Servidor TM con interface web ó estilo de open-tran.eu NOTA: o ou
os que montaron o openTran terán algo de idea sobre o tema, así que
igual se lles podería consultar...
        
        - Que os voluntarios saiban cal software libre se está implantando
máis por aí, sobre todo na administración, escolas, etc, faría que nos
centraramos máis na parte visible e faría que o noso traballo fora
máis visible (sacarlle o maior rendemento ó investimento de esforzo e
tempo)
        
        - como esta o tema dos correctores ortograficos(hunspell e todo
iso)??  quen traballa niso??? quen poderia traballar aí?? como fora o
de imaxin (fora imaxin, non?) co corrector do OO.org (fora o OO.org,
non?)??
        
        
        
E agora algunhas dúbidas persoais:
        
        - nomes paises, de moedas, e de linguas (é isto terminoloxia??), como
facemos para atopar tradución para todo isto?? o home de Reverso
mencionara que habia xente traducindo estas cousas, contactar con
eles...
        
        - temos o diccionario de ir indo, pero hai outros por ai que igual
son útiles. Quen fixo estes diccionarios? Poden colaborar en mellorar
un unico diccionario e que sexa mais util?? Gustame o estilo do
diccionario de Ir indo, é chulo e tal, pero vai seguir sendo de libre
consulta?, vano ir mellorando?, a RAG fai algo realmente ca súa merda
de diccionario, non deberian facer isto eles (creo que pola parte da
RAG dician que non se chegaba a ningures)??
        
        - o asunto do karma?? (non sei a que demo viñera isto e non sei en
que quedou a cousa...)
        
        - Imos montar un servidor TM con traducións validadas, que facemos
con tódalas outras traducións non validadas?? Non as reutilizamos?
Conviria montar outro servidor TM de traducións non validadas para
aproveitalas dalgún xeito?
        
        - Desenvolvemento do Gtranslator para integrar tódolos recursos web
que se poidan integrar (xa que está Nacho a elo, e axudando así á
comunidade NOTA: mirar o estado do Pootle, e do Pootling sobre todo,
para analizar as súas posibilidades respecto a isto)??
        
        - o que se dixo de montar un sistema de votación de termos tipo
meneame é factible e sería útil?? deixamos logo de colaborar ca
comunidade de terminoloxia establecida(lexiterm)?? crease este novo
servizo coma unha ferramenta que lles podemos ofrecer??
        
        - que alguén me explique polo miúdo pero de xeito breve que é iso de
asegurarse de que a tradución compila...
        
        - Hai mais empresas de tradución coma imaxin, por que non viñeron??
estaban invitadas??
        
        
Voltando ás mensaxes anteriores, considero útil repetir a xuntanza
nunha data mellor, con máis xente (galipedia, outros tradutores) e
mirar se se avanza, se faltou algo (mais ben isto estamolo facendo
agora...) e facer outras cousas, coma comer ben e vernos cara a cara,
xa que isto axuda a que a xente se sinta máis involucrada, creo eu.
Por certo, isto vai polo que deseñou o cuestionario: hai unha queixa
que non puiden poñer, ben, varias en realidade, e esta é que o espazo
para as queixas era pequeno e só me colleron dúas. Sei que me quedaron
cousas por dicir, pero é o mesmo de sempre, lémbrome despois, pero
nunca cando me fai falta :(

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a