Ola a tod en s,

En primeiro lugar, quero dar os meus máis efusivos parabéns á xente que
organizou o encontro G11n, que polo que vexo foi ben fructífero.

En segundo lugar, gustaríame contribuir dando o meu modesto punto de vista
de tradutor sobre un par de puntos (traducións e terminoloxía) de todos os
que Leandro foi enumerando. Se serven de algo, estupendo. Pido desculpas de
antemán se algo do que digo xa se comentou nas xornadas. Estando na diáspora
até chegaren eses vídeos non poderei coñecer os detalles de todo o que se
falou.

>
>        - Imos montar un servidor TM con traducións validadas, que facemos
> con tódalas outras traducións non validadas?? Non as reutilizamos?
> Conviria montar outro servidor TM de traducións non validadas para
> aproveitalas dalgún xeito?


Supoño que se poden incluír todas xuntas na mesma base de datos, mais que
haxa un campo que mostre se a tradución está validada ou non, ou que as
validadas aparezan nunha cor e as non validadas noutra (verde e amarelo, por
exemplo, e as traducións incorrectas en vermello, porque tampouco está de
máis conservar as traducións que foron corrixidas, como contraexemplo). Está
ben en calquera caso que o usuario poida decidir como quere interrogar a
base de datos ou como quere filtrar as súas consultas: todas, só as
validadas, etc.

>
>        - o que se dixo de montar un sistema de votación de termos tipo
> meneame é factible e sería útil?? deixamos logo de colaborar ca
> comunidade de terminoloxia establecida(lexiterm)?? crease este novo
> servizo coma unha ferramenta que lles podemos ofrecer??


Pareceríame interesante que o voto sexa cualificado, ou sexa: en vez de
haber simplemente un contador de votos/meneos, que a votación funcione tipo
foro, coa posibilidade de enviar candidatos de equivalentes, argumentados e
con comentarios e/ou referencias, e de poder concordar ou discordar coas
propostas doutros usuarios. Un pouco como funciona o Entrans cando se clica
na cadea de orixe mais coa diferenza de que cada contribución estea ligada
ao perfil do usuario, para saber se se trata dun tradutor, dun filólogo, dun
informático, etc. ou mesmo que cadeas traduciu e como. Con isto concordo
indirectamente co que dicía Antón Lado sobre o sistema de valoración de
usuarios.

Podedes ver alguns exemplos do sistema ao que me refiro en www.proz.com:

http://www.proz.com/search/
http://por.proz.com/kudoz/english_to_portuguese/medical:_pharmaceuticals/1185823-term_infants.html
http://por.proz.com/kudoz/english_to_portuguese/slang/887738-gooks.html

Por outro lado, eu creo que sería tamén moi interesante que o glosario de
Mancomun.org non sexa unha lista fechada. Non só que se actualice cada certo
tempo, senón que ademais os usuarios poidan enviar novos termos (en inglés,
cunha proposta de tradución ao galego ou pedindo axuda para traducilo) para
consideración e posterior inclusión no glosario. Tamén neste caso, penso que
non é mala idea que cada termo teña unha marca que indique o seu estado:
recén enviado (aínda sen equivalente en galego), equivalentes propostos
(discusión en curso), equivalente(s) validado(s), etc., ademais de que os
usuarios poidan aderir a un termo galego (validado ou non) ou mostrar a súa
disconformidade con el, como dicía máis arriba.

Iso é todo por hoxe.

Un saúdo, Manuel
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20080513/57ea71a8/attachment-0001.htm
 

Responderlle a